COMA O DÍA E A NOITE



COMPARAMOS

ÁS ESCURAS

Apagamos luces e utilizamos unha lanterna. Observamos a nosa sombra e se colocamos un papel na parede ou no chan podemos debuxar a nosa silueta. Tamén podemos xogar a que un xogador toque a outro e os demás teñen que adiviñar a quen tocaron. Outra proposta é poñer distintas expresións faciais coa lanterna en distintas posición preto da cara.

SILUETAS

Tumbámonos no chan e debuxamos a silueta do noso corpo. Podemos pesarnos, medirnos e apuntalo na nosa silueta para comparar as nosas medidas. Quen é mais alto? Quen pesa máis ou menos?

Logo podemos debuxar a nosa cara e/ou situar os nosos órganos vitais, os ósos, os músculos...