CANDO PERDICHES A CONTA DOS DÍAS


NÚMEROS

A veces perdemos a conta dos días pero non te olvides de contar verás que cada vez quedan menos días.

CONTAR

Cunha oveira e pelotas,bolas de papel ou algodón, noces...aprendemos a contar. E de paso traballamos as habilidades motrices coa pinza.

CONTAMOS E FACEMOS SERIES

Cunha percha ademáis de contar, se escribimos os números nas pinzas podemos facer a serie numérica, dicir cal vai antes e despois...

CANTIDADES

Con pasta, fabas, garbanzos, botóns... podemos traballar as cantidades.

TICKET

Collemos un ticket da compra e revisamos a suma, os prezos das cousas que compramos. Canto diñeiro levabamos para pagar? Canto nos sobrou? Das cousas que compramos cal é a máis cara? E a máis barata? ...

MOEDAS

Collemos outro ticket da compra e o revisamos. Canto diñeiro levabamos para pagar? Canto nos sobrou? Cantos billetes e moedas nos fan falta para pagar?

DADOS

Se tedes dados na casa, podedes practicar operacións cos números que vos saen. O exemplo da imaxe sería 4+2 , 4-2, 4x2 e 4:2

DOMINÓ

Con fichas de dominó tamén se poden practicar opreacións como na imaxe ou simplemente xogar ao dominó para asociar cantidades iguais.