Por Patricia Cinza con Ana Piñón.                               Dpto Orientación

Trátase dun proxecto interdisciplinar dirixido a promover a capacidade investigadora do alumnado mediante retos de temática diversa que deben ir resolvendo. O obxectivo é desenvolver habilidades de pensamento de alto nivel que favorezan a resolución de problemas e habilidades de pensamento diverxente para realizar produtos creativos. Todo o alumnado do centro pode participar nesta actividade a través da aula virtual.  Houbo 12 Zala Retos de moito interese, a continuación enunciados e imaxes dalgúns deles.

Saúdos! 

Se chegaches ata aquí é porque de seguro che gustan os desafíos ou simplemente  porque te matou a curiosidade ao descubrires este novo curso na túa Aula Virtual. Sexa como for, ao longo deste ano brindámosche a oportunidade de participar no “ZalaReto”. Acouga... non son deberes. Queres saber de que vai todo isto?


O Zalareto son un conxunto de desafíos de temática variada que terás que ir superando ao longo do curso, pero... non te confíes! Aínda que gardan algunha conexión coas materias da aula, para resolvelos terás que botar man de todo o teu enxeño e espremeres os miolos ao máximo.


Se te decides a participar atoparás un novo Zalareto os luns na túa Aula Virtual. Só tes que seguir as indicacións de cada tarefa... e se cres que o mundo entre dous é mellor, podes convencer a un amigo e realizar os Zalaretos en parella (se é así teredes que indicar os vosos nomes).


Animádevos a participar… ao final haberá unha recompensa!

(Presentación dos ZalaRetos na Aula Virtual de IES Menéndez Pidal Zalaeta)

Exemplo de Reto proposta de Luis Cruz (Dto de Física e Química) e solución do alumno premiado.

ZalaReto3.pdf

ZalaReto Numérico

E aquí foto das promotoras dos ZalaRetos e o alumnado merecedor dos premiios finais.

Parabéns pola iniciativa e polo premio!!