Promoción de estilos de vida saudable
Desde o departamento de educación física do IES Ramón Menéndez Pidal se fomenta no alumnad@ a súa propia saúde. Con este fin se levaron a cabo algunha actividade complementaria coas medidas oportunas, que contribuíron a práctica de actividade física, coñecer as oportunidades próximas do seu entorno e disciplinas deportivas novidosas coas que manter un estilo de vida activo.
Actividades que pretenden acercar ao alumnado de 1º de ESO ás actividades físicas que favorezcan o concepto de Saúde.
O termo SAÚDE non é ausencia de enfermidade, é un estado de benestar físico, mental e social. Creemos na prioridade de desenvolver hábitos de vida saudable para a boa socialización na adolescencia, e por ser relevante na educación para o ocio.
Procuramos aprendizaxes significativas e motivantes, saíndo das aulas, conectándonos coa natureza. Permitíndolle aos nenos-as asumir a súa responsabilidade en relación á saúde, aos coidados dun mesmo e dos demáis, facendo que se coñezan máis e se acepten mellor.
Actividades de hábitos saudáveis na contorna e fora dela
Promovidos por Manuel Pulido, Francisco Soto e Flavio Castosa do Dpto de Educación Física, como:
Escalada no rocódromo de Riazor e saída ao Monte Xalo.
Descenso de Rafting polo Rio Ulla con 3º ESO.
Dominio e manexo básico das bicicletas, monopatíns, patinetes...Saída cicloturista polo carril-bici do paseo da Coruña (tanto hacia o Milenium com a ao dique de abrigo).
Saída en bicicleta para todo 1º e 2º ESO en colaboración co Concello de Coruña, Protección Civil, Policía Local, CoruñaBici realizando un percorrido por toda a cidade.
Bautismo de Surf na praia de Riazor para 2º ESO.
Semana Branca en Jaca para todos os cursos do Instituto.
Semana Verde en Arriondas (Asturias) para 1º bacharelato realizando diversas actividades no medio natural (descenso en kaiak, senderismo, mountain bike, ruta a cabalo, espeleoloxía).