Mapa do Ceo

Iniciado na asignatura de Tecnoloxía de 3º de ESO e como actividade do Club de Ciencia e Tecnoloxía, un grupo de alumnos-as recibiron  formación na sede de a Fundación ONCE e participaron no Obradoiro de Planisferios da Agrupación astronómica ÍO no noso centro. Con esta formación decidiron crear obxectos de astronomía adaptados para persoas con discapacidade visual.

Empezaron investigando deseños publicados en bancos libres e imprimimos algúns para probalos (como as Fases da Lúa e as bolas de Constelacións ).

MAPA DO CEO E CONSTELACIÓNS TÁCTILES-ZalaTecno-22-23

Os primeiras probas con deseños propios foron as Medallas de constelacións, o seguinte paso o Mapa do Ceo táctil.


Os colaboradores de Agrupación astronómica ÍO simplificaron o Mapa do Ceo (para facelo mais accesible) e seleccionaron un listado de constelacións para preparar esta colección.

Có mapa simplificado e repartido en 16 partes deseñamos as 16 pezas imprimibles para montar un planisferio táctil simplificado correspondente á nosa zona do planeta.

O resultado é un traballo colaborativo que compartimos en eventos de divulgación, en bancos de recursos e que entregamos oficialmente na sede de ONCE a especialistas que o empregarán con usuari@s de ONCE da nosa cidade (despois de ter viaxado a outros destinos) e áos responsables do Planetario dos Museos científicos coruñeses (que o integrará na súa exposición permanente).

Pretendemos que os deseños axuden a acceder á Astronomía e a incluir na cultura científica a personas diversas.

A tecnoloxía como ferramenta.

As propostas foron presentadas en diferentes eventos: no Día da Ciencia na Rúa (organizada polos Museos científicos coruñeses, na Maker Faire Galicia, na final de Ciencia en Acción Viladecáns 22, na Galiciencia 2023 (recoñecidas cun premio), Cullerciencia 23.


Especialistas e persoas usuarias de ONCE déronnos parabéns en varios dos eventos e recibimos mensaxes de agradecemento de persoas que descargan os arquivos imprimibles desde diferentes lugares.

... e ademais tivemos a oportunidade de presentar este traballo á astronauta Sara García na sede do CITIC en maio 23. 

Proxecto coordinado por Paz Freire,  docente de Tecnoloxía.

A metodoloxía empregada neste proxecto tivo continuidade na resolución do Reto de Talentos inclusivos "Letras adaptadas" deseñadas e impresas para persoas con parálise cerebral de ASPACE Coruña polo grupo de Tecnoloxía de 4º de ESO.