DETECCIÓN DE AMIDÓN

O sábado 6 de maio as alumnas de 3º ESO D do IES Ramón Menéndez Pidal Adriana e Lorena participaron no Día da Ciencia na Rúa cunha actividade do Club de Ciencia e Tecnoloxía consistente en identificar amidón en diferentes tipos de alimentos utilizando para elo povidona iodada. 

Esta presentación é froito de moitas prácticas previas 

O amidón é o xeito en que moitos vexetais acumulan enerxía, e a pataca e o pan contéñeno. Se se engade unhas gotas de povidona iodada, antiséptico que contén iodo, ao pan ou á pataca tínguense inmediatamnte de cor azul escuro pola presenza de amidón. Con ese método caseiro podemos averiguar tamén se o fiambre que mercamos na charcutaría é 100% carne ou se contén fécula de pataca. 

Na actividade presentada por Lorena e Adriana utilizouse fiambre de pavo 100% sen amidón e xamón con amidón, este último adquiría cor azul cando se lle botaban unha gotas de povidona iodada mentres que no fiambre 100% de pavo non se aprecia cambio de cor na povidona iodada engadida.

Unha experiencia moi interesante.

Actividade organizada e coordinada por Luis Cruz Mahía do Dpto de Física e Química.