Praza das Matemáticas

Exposicións na Praza 

Creada no curso 21-22  a Praza das matemáticas é un lugar no que constantemente hai exhibicións de materiais moi imteresantes e na que se convocan outras como resolución de enigmas ou Concursos. Unha mostra nestas imaxes.

 Mulleres Matemáticas

Preténdese deixar constancia do esforzo e das achegas de mulleres matemáticas, ao longo da historia, para que o alumnado as coñeza e identifique. 

Primeira actividade 11F en IES Menéndez Pidal.

Neste medio século no IES Menéndez Pidal Zalaeta:

Como se ensinaron as matemáticas?🤔🤔🤔

Descúbreo na nosa exposición na Praza das Matemáticas. 

Número Pi

Para que vos informedes da importancia deste marabilloso número irracional, tedes esta exposición.

Biodiversidade

Aproveitando que o 22 de maio se celebra o Día Internacional da Diversidade Biolóxica, organizouse esta exposición na Praza das Matemáticas coa axuda do Origami. 

Concurso de fabricación de Tangrams 

convocado e exposto na Praza.

Foto do alumnado premiado e dos seus traballos.