DÍA DA CIENCIA NA RÚA 23

Pasamos un día estupendo!! Con ganas de repetir xa.

Moi boa experiencia un ano mais no Día da Ciencia na Rúa 23 para tod@s @s participantes de Zalaeta. Expuxemos os nosos proxectos e aprendimos uns dos outros unha vez mais 👌.

Gracias aos Museos científicos, Asociación de Amigos da Cada das Ciencias, Concello de A Coruña e Emalcsa por organizar e/ou apoiar esta iniciativa.

Participamos  compartindo espazo  Zalatecno e CEE MªMariño, como na edición anterior (de feito invadimos parte da carpa dos nosos veciños porque levábamos moitos proxectos e non collíamos) 

O grupo de CEE MªMariño presentou os seus traballos, titoriais, plantas e sistemas de rego.

Actividades de instrumentos adaptados, astronomía, visión 3d e realidade aumentada, obxectos de axuda (mandos, pulsadores, licornios e letras), videoxogos inclusivos, taller de son con experiencias de física e química e bioloxía, explicacións de anatomía, etc.

Presentación na radio CUAC Fm das actividades e proxectos de ZalaTecno. 

Explicación ao publico de actividades dos proxectos Talentos inclusivos e Make it Open  entre outros.  Participou alumnado de ESO (2º, 3º e 4º) e de 1º de Bacharelato. 

Programa especial de  Radio de Día da Ciencia na Rúa 23, Co alumnado de 3º, 4º e 1º de Bac, Paz Freire e José Mendoza.

ZalaTecno_DCR23-c.mp4
Plano DCR 2023_Situacion.pdf