Tempada 99/00
FUNDACIÓN DO CLUBE TEMPADA 1999/2000
O nacemento do club.
Verbas de Anxo Cornes:
"En qué estaría pensando para meterme en tal berenjenal? Non era consciente do que poderíamos conseguir. Pero era féliz cos chavales. Sen sitio para adestrar, sen balóns, roupa nen adestradores. A pelo, sen axuda de ningún tipo. E sobre todo sin ter nin idea de como adestrar e que facer.
20 balóns Number 1 Tamaño 7 recién comprados.
O Ximnasio do Colexio Rosalía de Castro, no que meu primo Juan Campos era presidente da APA naquel momento e que fixo a foto.
O primeiro chaval que apareceu pola porta foi Roberto Leiro e uns minutos despois Xoel Ventoso. No seguinte adestramento xa ven toda a clase e en nada desbordabamos. O verdadeiro viveiro do Meco! Cantos novos xogadores probaron ahí a medicina do baloncesto.
1ª tempada do Meco. O que ía ser unha tempada de relax con 1 ou 2 equipos foisenos das mans. Estes eran os equipos da primeira tempada.
Queredes creer que Dani e Marcos fixeron campións de liga aos alevíns no noso primeiro ano? Os demáis equipos pasáronno xenial. "
O escudo
Quén fixo o diseño?
Qué tipo de letra se usou?
O escudo representa ao pobo do Grove convertido nun campo de basket. Foi diseñado por Nene Besada (membro ademáis da directiva fundacional do club).
A letra usada foi Brush 455 e o cuño/tampon fíxose en Gráficas Anduriña en Poio.