Arquivo de novas 3
Info sacada da web:
Archivo de novas 3
XULLO 2009
31/07/09 Non será ate o luns cando saberemos os equipos participantes na LFG Sénior. Mentras tanto, os nosos xogadores non queren perder a forma e practicamente todos están participando nas pachangas.
Por outra banda, o Obradoiro presentou a Alberto Blanco como director deportivo. Oxalá os 2 teñan sorte. Alberto, entre outras moitas cousas estivo tamén no Meco como Director Deportivo fai poucas tempadas. Esperemos que nos poida facilitar ao longo da tempada a asistencia a algún partido da ACB aos rapaces do Meco.
29/07/09 A falta de 2 días para cerrarse o plazo de inscripción en liga autonómica e confirmarse deste xeito a nosa participación nesta competición, queremos anunciar 2 novidades no club.
Por un lado, os sénior contarán con un novo adestrador axudante que se complementará con Alejandro Padín e Brais Rego. Trátase de Raúl Salgado. Raúl que compartíu equipo, fai anos xa, xogando con Jandro e Manu, formou parte tamén esta tempada da plantilla de adestradores da base, estando a cargo dos mais novos. Raúl, enfrontase así a un novo reto e seguro que nos sorprenderá a todos ao longo da tempada. Brais poderá deste xeito dedicarse un pouco mais ao papel de xogador, sin deixar de colaborar no aspecto técnico.
Por outra banda, o club non pode estar mais que satisfeito despois de que o noso patrocinador, Residencia Santo Angel, nos comunicase a súa intención de seguir apoiandonos neste maravilloso proxecto que temos nas mans traballando cos rapaces. Vaia desde aquí, o noso agradecemento a o xerente da empresa, D. Antonio Fernández pola súa colaboración altruista volcándose cos nenos.
Os medios de comunicación Todogrove,e Faro de Vigo publicaron hoxe unha nova sobre a Escola.
28/07/09 Coa incorporación á Escola de Verán dun rapaz croata e outro alemán pechase a admisión de xogadores debido a cantidade total que ronda os 50 nenos e nenas.
Hoxe tocoulle o turno de iniciarse no papel de adestradores a Rodri e Alberto que lidiaron cos mais cativos.
24/07/09 Continúa a Escola de Verán en inglés con unha asistencia que supera as mellores expectativas do club. Rapaces do Grove, Vigo, Santiago e Inglaterra conviven e aprenden a xogar o basket. Destaca tamén o inicio no papel de adestradores dos xogadores infantís Karem, Clara e Dani.
13/07/09 Outro equipo que conta xa con adestrador é o cadete fem. que volverá a ser dirixido por Brais Rego. Tamén as infantís e alevín fem. serán adestradas por Anxo Cornes. Os equipos das Escolas terán a Alejandro Padín, Raúl Salgado, Anxo Rodríguez, Naty, Andrea, e Maca seguindo a liña do ano pasado.
11/07/09 O Club Baloncesto O Meco quere anunciar que este luns presentará a documentación requerida, na Federación Galega, para optar a unha das prazas que permitan competir a vindeira tempada na Liga FGB Senior Masculina (Autonómica).
Este novo e ilusionante proxecto que estará dirixido por Alejandro Padín como adestrador e Brais Rego como adestrador axudante, foi presentando onte. A directiva e corpo técnico fixéronlle saber os xogadores o sacrificio e traballo que supón para o club este paso, e pedíronlle compromiso de traballo aos xogadores que queiran tomar parte neste proxecto.
Será esta, si a praza é concedida, a primeira vez que un equipo do Grove compita a este nivel e os xogadores mostraron a súa disposición e ilusión por formar parte do equipo.
Así, os xogadores que onte se encontraban neste grupo (Brais, Jon, Palermo, Yago, Bruno, Juanjo, Caye, Popó, Dani Prol, Mario, Xoel e Món) iniciarán a tempada a finais de agosto.
Sorte chavales.
09/07/09 O club está planificando a vindeira tempada xa dende o mes de xullo e por iso os senior están convocados a unha reunión que terá lugar este venres as 10 da noite.
Con mais xente da esperada arrancamos neste verán a Escola de Basket. Uns 40 rapaces asistiron a esta xornada conxunta de mini, infantíl e cadete, algo que superou as expectativas do club.
04/07/09 Damos comezo, por fín, este vindeiro luns a Escola de Verán do Club Baloncesto O Meco. A pesar de que o verán implica praia e non facer nada, moitos xogadores do Meco están desexando sentir de novo o balón entre as mans. Preparémonos logo para disfrutar e divertirnos nestes 2 meses. A cita será o luns as 10 para os infantís e cadetes e o martes as 12 para alevíns e benxamíns.
XUÑO 2009
22/06/09 Bastante expectación está despertando a Escola de Verán que dará comezo o día 6 de xullo. Os adestramentos terán unha duración de 1:45 h. e nela podrán participar tódolos nenos do Grove, tendo preferencia os xogadores que xa pertencen ao Meco. A actividade será gratuita para os socios ou fillos de socios do club, e de 10 € mensuais para aqueles que non son socios. Como sabedes temos proxectado desenrolar a actividade en inglés, algo que tanto os rapaces como os pais agradecerán.
O horario dos adestramentos será o seguinte:
Cadete e Infantil (Nacidos nos anos 94, 95, 96, 97) os luns e xoves de 10 a 11:45. A cargo de Dani Prol.
Alevín e Benxamín (98, 99, 2000, 2001 e 2002) os martes e venres de 12 a 13:45. A cargo de Anxo Cornes.
As categorías cadete e infantíl poden tamén adestrar os martes e venres, algo que deben concertar co adestrador.
Hoxe pechámola porta do club por uns días, e fixémolo con unha festa de convivencia entre pais e fillos, partidos, xogos da chave, petanca e comida campestre na Siradella poñendo así o broche de ouro a esta tempada inolvidable para todos nos. Noticia todogrove
O pasado venres despedímola temporada de adestramentos deixando paso ao tempo de lecer, praia e relax. E para iso o noso club obsequiou aos xogadores mais novos con un balón e un libro donado pola Concellería de Cultura da Xunta de Galicia, que lles foi entregado por Raúl Salgado, o seu adestrador. Basket e lectura, boa mezcla.
Silvia Arnoso, xogadora alevín do Meco, cedeunos a foto que mostra o logro dunha das medallas de que ouro que acadou na olimpiada escolar galega. Parabens de novo, campioa.
15/06/09 Impresionante e histórico o que ven de coseguir Pau Gasol. Os que levamos anos no basket recordamos cando Martín fichou por Portland, e xogaba uns minutos cada partido. Era incrible. Agora Gasol gañou o seu 1º anillo sendo unha das pezas claves neste logro. E dificil que volva a salir outro xogador en España coma él. ¿Estará agora mesmo na canteira do Meco ese xogador? Mira a revista da Federación Española sobre Pau.
Este vindeiro domingo 21 daremos por rematada a tempada de xeito oficial no club por esta tempada, e farémolo por todo o alto. Seguindo a tradición, pola mañán, os equipos benxamíns e alevíns mediran as forzas contra os seus pais. Chegou o momento de falar na cancha e non na grada. Logo será o turno das infantís e cadetes contra os seus pais, eses homes e mulleres que pensan que todo o saben sobre baloncesto. Para rematar, xantaremos todos xuntos na Siradella e daremos conta das toneladas de churrasco, sardiñas e xureles que corren a conta do club. Haberá xogos populares. Non te perdas esta festa. Pasamos lista.
Esta despedida será breve, xa que a principios de xullo dará comezo a Escola de Verán de Basket do Meco. Este ano queremos darlle un pequeno cambio. Os grupos van a dividirse en infantís, alevíns e benxamíns e os adestramentos van a estar dirixidos en inglés. Os horarios están sin determinar xa que dependemos das horas que nos concedan dende o Concello, aínda que a nosa intención e facelo 3 días.
Estes días os nosos xogadores participan en deportes e competicións axenas ao basket. Tal é o caso de Silvia Arnoso que este ano voltou a revalidar o titulo de campioa na Olimpiada Escolar disputada na Coruña. Silvia logrou a medalla de ouro na carreira de 1000 metros e na de 200 m, acadando tamén a prata en relevos. Todo un talento. ¡Noraboa Campioa!
13/06/09 Hoxe foi o primeiro fin de semana na que non houbo actividade oficial dos equipos do Meco xa que rematou a tempada o fin de semana pasado, e os rapaces do Meco tomaron parte na Carreira organizada por Erguete no Monte Central da Toxa pola mañán e pola tarde xuntámonos na praia da Mexiloeira para celebrar o remate da tempada. Pasámolo xenial, como sempre.Aquí podedes ver unhas fotos.
12/06/09 Queda tan só unha semana para o remate dos adestramentos desta tempada. O venres 19 chegaremos a meta desta extraordinaria tempada e nela temos previsto agasallar aos mais pequenos con un detalle.
O domingo 21 celebraremos a churrascada na Siradella despois de xogar os tradicionais
08/06/09 Están subidos os videos da final infantil feminina, cedido por Yoli. Intentaremos subilos con mellor calidade, e tamén subiremos a semifinal do bo partido xogado polos alevíns ante o Cidade de Pontevedra. Non te olvides da entrevista a Clara, que ven de gañar a copa, en Meco a Meco.
07/06/09 Os alevíns de Manu remataron tamén a tempada con unha actuación digna de un campión. Os nosos xogadores dominaron no xogo na maior parte do partido. Un partido super competido e de bo nivel que se decantou ao final para os de Pontevedra. O mais importante é a boa relación dos nosos xogadores cos equipos contrarios tanto aquí como na final a 4 da Illa da Arousa, e eso é o que realmente importa. Na outra semifinal o Xuven deu a sorpresa e impúxose de xeito xusto ao Arxil de Pontevedra.
06/06/09 CAMPIONAS DE COPA
Rematou a Competición de Copa e con ela a tempada para as infantís. E fixoo de xeito fantástico para elas. O traballo de todo o ano deulles un premio a este equipo composto por unha mistura de infantís e alevíns. O partido non foi brillante polo xogo pero si pola emoción con distintas alternativas no marcador. As rapazas de Cesures empezaron forte con un parcial de 3-7, recuperando a desvantaxa as nosas con14-14 ao descanso. No 3º cuarto a intensidade defensiva e o contraataque fixeron que o parcial de 16-6 fora determinante de cara ao resultado final de 36-28. Noraboa a todas. Crónica e acta, aquí. Crónica e fotos todogrove.
Tamén os alevíns de Jandro remataron a tempada en Cambados con unha vitoria. As do Xuven non foron un rival facil e a punto estiveron de levarse o partido pero os nosos tiraron de orgullo e levaronse o partido por 4 puntos. O equipo aprobou con moi boa nota a tempada.
Mañán os alevíns xogan en Cambados a final a 4 da copa. Esperemos que fagan un bo partido e nos den unha sorpresa derrotando a un moi dificil Cidade de Pontevedra, actual campión de Liga.
04/06/09 Acércase o fin de semana cando os nosos equipos infantil feminino e alevín masc. 'A' xogarán as súas finais de copa correspondentes. Os dous equipos chegan a recta final da tempada en liña ascendente e estes partidos van ser o remate dunha tempada espectacular para eles. O ambiente está asegurado nos dous partidos e están todos os xogadores coa moral a tope.
Os demáis equipos siguen adestrando con total normalidade, algo inusual a estas alturas, cando as competicións están rematadas. A asistencia é practicamente total o que obriga aos técnicos a facer un esforzo extra.
A festa de despedida da tempada prevista para este domingo quedou posposta, pola choiva, para o día 21. Ese día queremos xogar os típicos partidos de pais contra fillos, e a churrascada na Siradella. Gustaríanos contar co máximo de xente para compartir este día. A comida correrá a cargo do club.
MAIO 2009
31/05/09 Rematou esta penúltima e sofocante xornada, xogando cos efectivos xustos e coincidindo coas comunións no Grove. De tódolos xeitos salvamos os compromisos e queda tan só a final four dos alevin e a final infantil feminina.
Hoxe as cadetes deron todo o que tiñan dentro chegando ao final con 3 en pista grazas a unha arbitraxe demasiado rigurosa. Xogáronse tamén distintos partidos alevíns donde a nota predominante foi o calor que marcou o lento ritmo dos partidos.
28/05/09 Finalmente a final de Copa Infantil Feminina foi posposta 1 semana xa que o Rio Ulla non pode xogar por distintos compromisos. O noso club púxose en contacto co club cesureño o luns para poder poñer unha fecha e hora que lles fose cómoda pero non se pode celebrar de ningunha forma.
27/05/09 Subidas xa definitivamente as fotos da convivencia en fotos do club, que xunto coas de todogrove, o video final (impresionante) e o video de todogrove conforman a documentación gráfica do evento.
26/05/09 As infantís xogarán este vindeiro domingo a final de Copa Feminina que as enfrentará ao Rio Ulla de Cesures. Será o domingo as 17:00
A cadena de televisión local Tele Salnés emitirá esta noite nas noticias unha reportaxe sobre a Convivencia.
26/05/09 Onte levantámonos con dor de cabeza, pero non importou, xa que valeu a pena. Foi esta, si se pode comparar, a mellor Convivencia das que levamos polo xúbilo, alegría, e bo facer co que rematamos a Festa. E isto, tan só se pode conseguir si contas co capital humano necesario. Algo que temos no club, xa que dende os alevíns (impresionante o seu traballo) ate os directivos fumos todos unha piña. E con estes mimbres o éxito está garantizado.
A Convivencia desperta tal seguimento que onte a páxina bateu o seu record de visitas dende a súa creación.
Non vos perdades o video do baile de despedida de todo o pavillón dirixido maxistralmente por Javi Solla.
Resumen, foto e videos da Convivencia en Todogrove.
23/05/09 Antes de dar comezo a Convivencia é xusto cumprir co dito aquel 'de ben nacidos é ser agradecidos' e dende o club queremos agradecer a tódolos os organismos e patrocinadores que apostan polo deporte de base como forma de vida para o futuro. Grazas ao concello por conseguir patrocinar parte do evento, a concellalía de deportes e tamén a de xuventude, e como non a tódolos negocios do Grove que colaboran desinteresademente nesta festa.
21/05/09 Quedan poucos días para a Convivencia. Seguro que como en anos anteriores vai deixar huella nos xoves xogadores. Si queres colaborar con nós, ponte en contacto con alguén do club, seguro que hai algo que poidas facer. Podes seguir a información da convivencia aquí.
17/05/09 Os alevíns xogaron un dos seus mellores partidos da tempada para superar ao Liceo en tódalas facetas do xogo. Desta forma, os de Manu métense na final a 4 da copa. Os da Escola xogaron en Pontevedra a última concentración do ano.
16/05/09 As infantís cerraron a xornada cunha clara vitoria diante do Rio Ulla que lles permite clasificarse para a final da Copa. E conseguírono con un xogo brillante, o mesmo xogo que despelegaron as cadetes na Illa da Arousa para impoñerse ao Dorna.
As alevíns fixeron un gran partido en Pontevedra a pesar da derrota. As rapazas fixeron un gran xogo de equipo e loitado duro ante o Campeón da Liga Alevín Masculina, o Cidade de Pontevedra
O equipo de Jandro impúxose sin problemas ao Liceo. A saída forte dos nosos abriron un oco no taboleiro que foi incrementando ate o 52-32 final.
O alevín mixto xogou un gran partido tamén, na Illa da Arousa. Os novos xogadores do Meco estiveron metidos no partido, ate 6 puntos de desventaxe no último sexto. Como de costume, a falta de enerxia pasounos factura ao final. De tódolos xeitos, moi, moi boa a imaxe deixada polos nosos.
O Faro de Vigo fíxose eco do concerto e publicou a noticia.
16/05/09 No concerto que os rapaces do noso club ofreceron aos maiores na Residencia Santo Angel, deixaron constancia do talento que teñen tanto no campo de xogo como na música. Os chavales fixeron disfrutar aos alí presentes coas interpretacións de Guitarra, gaita, flauta, Violonchelo, Trombón e organo. Noraboa a Saulo, Dani, Catarina, Laura Iglesias, Mateo Bello, Alex, Martín Torres e Marcos Rodríguez. Podes ver aqui as fotos e os videos que iremos subindo nos vindeiros días.
14/05/09 As escolas deportivas (2º e 3º Primaria) xogan finalmente as 17:30 do domingo con saída as 16:45. Podes consultar a totalidade dos partidos do club no apartado Circular.
13/05/09 Recordade que este venres non hai adestramentos no Municipal Monte da Vila debido a celebración dun Torneo de Balonmano.
Ese mismo día algúns dos xogadores do club ofrecerán un concerto de música na Residencia Santo Angel de 4 a 6 da tarde. Cada un dos xogadores tocará un instrumento musical para deleite dos maiores.
11/05/09 A familia do Meco xuntouse o pasado sábado no Villa Juanita para celebralo X aniversario. Unha cita na que pudemos repasar e festexar estes maravillosos anos. Podes ver fotos e crónica do evento en todogrove.
10/05/09 As alevín B pecharon esta xornada xogando un bo partido ante o Liceo, aínda que non tiveramos un resultado positivo. Onte os alevín A cosecharon unha vitoria importante ao gañar ao subcampeón de liga na súa casa. O alevín mixto caíu ante o Xuven B. Os nosos aguantaron ata que as forzas responderon. As alevín A deron a cara ante un Xuven mais poderoso. As infantiles impuxéronse sen problemas a domicilio ao Cortegada. A falta de unha xornada as nosas están metidas na final de Copa. As cadetes, a pesar de xogar contra equipos junior, están dando moi boa impresión.
06/05/09 Da comezo este fin de semana a competición de copa alevín nos seus grupos B. Será esta a última competición desta tempada.
Quedan por diante 3 acontecementos para a familia do Meco. O primeiro a cena deste sábado no décimo aniversario, segundo a convivencia benxamín que este ano vai reunir a uns 300 xogadores, e para rematar a festa fin de tempada con partidos entre pais e fillos, e festa churrascada na Siradella alá sobre o 21 de xuño.
03/05/09 Temos subida a entrevista a Clara Garrído, do alevín feminino, unha xogadora que vai dar moito que falar nas vindeiras tempadas.
As infantiles gañaron o seu 1º partido de copa en Vilagarcía sin ningún problema.
01/05/09 Competido o partido dos alevíns ante un equipazo como é o Arxil. Crónica de todogrove. Os nosos xogadores ofreceronnos momentos de bo basket pero as individualidades do Arxil foron determinantes.
Tampouco as alevíns foron quen de facerlle frente ao Rio Ulla. Aínda que nos primeiros 3 tempos o partido igualado, as numerosas perdas de balón fixeron imposible a reacción.