Tempada 20-21

MEMORIA DEPORTIVA TEMPADA 2020/2021

O Meco Rafonca Puertas y automatismos comenza outra tempada chea de incertidume, sen saber cómo se ía poder xogar e cuns protocolos moi estrictos a hora de adestrar.

En todos estes anos moitos rapaces e rapazas pasaron pola canteira pero creemos que nunca houbo un ano tan complicado coma este. Despois de non acabar a tempada 19/20 eran moitas as ganas da volta do baloncesto de competición pero ante todo primou en toda a tempada a decisión dos pais e nais a hora de ir a competir ou non polo que no clube optamos por facer unha votación interna na que os pais decidiron a qué competición anotarnos.

Agardamos que todos eles teñan un gran recordo desta tempada, todo o traballo feito foi pensado para que puideran seguir desfrutando do deporte que lles gusta practicar pero as restriccións non nos axudaron moito a conseguir sacar os equipos a competición. O noso obxectivo è formar ás pequenas e pequenos en valores, compañerismo, esforzo, empatía e solidaridade co fin de convertirse en boas persoas e polo tanto en "mecos de corassòn"

Queremos ser parte da educación e formación integral das persoas sen importar sexo, raza ou idade.

Por enriba da competición ou os resultados queremos potenciar a responsabilidade de cumplir cun equipo e uns compañeiros e compañeiras. Todos dependen de todos para poder acadar un resultado sexa o que sexa.

En agosto de 2020 as instalacións municipais de O Grove seguian pechadas, despois de mirar protocolos e falar cos estamentos oportunos acordouse comenzar a adestrar sen contacto, con distancia social e sen mascarilla con previsión de que comenzaran as competicións da fase de ascenso.

Dende o clube decidimos inscribir a fase de ascenso ao infantil masculino e junior masculino
e para comenzar a adestrar fixeronse grupos reducidos para maior control e previsión.

O 17 de septembro fixemos a inscripción do equipo preinfantil femenino. As rapazas do 2008 xa tiñan rivais na competición para o día que poidan volver a facelo. Mentres seguiamos a adestrar con distancia e sen contacto.


Con data 30 de setembro de 2020 a federación galega de baloncesto publica a actualización do FISICOVID-DXTGALEGO.


Nesta versión, actualizada e vixente dende este mesmo 30 de setembro; establécense as medidas para practicar o baloncesto autonómico federado facendo fronte á crise sanitaria que estamos a vivir pola COVID19.

De cara a realización de adestramentos dende este mesmo intre, así como para a futura posta en marcha das competicicións FGB, solicitamos a todos a consulta, lectura detida e cumprimento, tanto do protocolo xeral en si como dos anexos referidos a adestramentos e competición que o completan.

Tamén actuolizouse o noso protocolo

O punto mais importante e levar unha mascarilla limpa de recambio aos adestramentos xa que esta pode mollarse ou romper e debe ser cambiada.

Comenzamos os adestramentos con contacto.

24 de outubro de 2020

O junior masculino xoga o seu primeiro partido na fase de ascenso con victoria contra o Rías Baixas. Gran partido no que puido asistir público e que se retransmitiu en directo a través de youtube para poder chegar a todos os afeccionados ao baloncesto.
Seguiuse un estricto protocolo de entrada con rexistro de asistentes, toma de temperaturas, hixiene de mans...

Pusemos todo da nosa parte para que todo saíra ben e creemos que así foi.

O infantil masculino tamén tiña que xogar partido ese fin de semana da fase de ascenso contra o Tirso de Molina.

A prevención e o medo a COVID fixo que aplazaramos ese partido xa que xogaran a semana anterior contra o Estudiantes Pontevedra e había un positivo naquel equipo, pero neso quedou a cousa, non foi a mais.

O 2 de novembro de 2020 o Concello de O Grove decidiu non deixar competir e pechar as instalacións municipais polo que vimonos obligados a retirar o equipo preinfantil femenino e mini de 1ª división galega de competición. Non veiamos posible estar a xogar como visitantes sempre con todos os equipos do clube a nivel galego polo que tomouse esa decisión pola prohibición de competir en O Grove.

O que ian ser 15 días pechados en novembro convertíronse en dous meses e medio, e mentres en case toda Galicia cumplindo os protocolos podían adestrar en O Grove tiñamos as instalacións municipais pechadas e cando prohibiron adestrar en Galicia durante 15 días en Xaneiro no Grove mellorou a situación epidemiolóxica pero tiñamos que ter as instalacións pechadas por orde da Xunta de Galicia.

O senior masculino e o junior continuaron na competición en novembro e decembro pero sen ter instalacións deportivas onde poder facer os seus adestramentos polo que tivemos que comenzar a adestrar no exterior.

O 19 de decembro o senior xogaba o seu primeiro partido contra o Xuven e todavía non habiamos podido facer nin un so adestramento dende o 4 de novembro. Agardabamos a que o concello nos dera permiso pronto para poder adestrar cos equipos en competición xa que tiñamos data prevista de xogo o 27 de decembro do junior masculino contra o CAB e non consideramos que fora xusto para os nosos xogadores ir a competir sen poder adestrar en condicións normais.

As instalacións municipais seguian pechadas e adestrabamos en Terra de Porto co risco de lesión por adestrar en inverno nunha pista esbaradiza e mollada pola choiva.

Os xogadores que ian a adestrar e competir en equipos de fora de O Grove tiñan onde facelo pero os do pobo estaban sen instalacións onde poder adestrar.

Ao final o senior por mor da choiva non puido adestrar en toda a semana e tivo que ir ao seu primeiro partido sen apenas haber adestrado.

Seguimos sacando adestramentos como boamente puidemos en Terra de Porto e aproximouse a data de competición do junior masculino sen permitirnos adestrar nas instalacións municipais polo que dende o club fixemos un comunicado oficial pedindo adestrar.

Seguimos competindo e adestrando no exterior os días que se podia facer e para poder xogar os partidos de locales os nosos rivais deixabannos xogar nos seus pavillóns. Cando algo se quere pese as dificultades un pon todas as ganas e esforzo en facelo pero tamén pide un pouco de axuda.

AXUDA a facer as cousas o mais seguro posible, a poder usar unhas instalacions que únicamente darán maior seguridade ao que podemos facer noutros municipios ou na rua. A que o deporte é parte da solución e non é o problema. Seguimos adestrando, esforzándonos e facendo as cousas o mellor que podamos.

19 de xaneiro de 2021

Despois de dous meses e medio sen pisar pista volvían a adestrar hoxe as nosas chicas do infantil femenino. Que ganiñas!!!

Conseguimos comenzar adestramentos de novo. A nova normativa so permite adestramentos de 4 persoas sen contacto mais adestrador.

Temos que reorganizar grupos para que todos poidan volver. Organizanse adestramentos de menos tempo e menos sesions adaptándose a situación actual.


26 de xaneiro de 2021

Outra vez nos toca despedirnos. A situación en Galicia non é optima e pese a que en O Grove a situación está moito mellor temos que pechar por decisión da Xunta de Galicia. A actividade física é fonte de saude física e mental e é parte indispensable da vida de todos.

Mentres puidemos adestrar demostramos que cumplindo os protocolos se pode. Toca adaptarse a esta situación e agardamos voltar o 17 de febreiro se todo vai ben e nos permiten facelo.

PARÓN DE TODA A ACTIVIDADE DEPORTIVA

Mentres toda Galicia está sen poder adestrar e competir o Seis do Nadal fixo a segunda edición do torneo NBA2K21 virtual onde o noso representante foi o xogador senior Mateo Bello.

VOLVEMOS AOS ADESTRAMENTOS

Por fin esta vez si puidemos volver a adestrar e competir. 22 de febreiro de 2021 é a data sinalada como o inicio da segunda fase da tempada. Xa quedamos fora de competición co equipo preinfantil femenino, mini basket 1º división galicia e zonales. Os nosos xogadores quedaron coa única opción que lles quedou que foi xogar a liga coroaoaro. Aqueles que querían competir puideron facelo grazas a esta liga, os que non quixeron seguiron adestrando con normalidade.

VOLVEMOS A COMPETICIÓN EN O GROVE

Sábado 6 de marzo pola tarde estrenamos no ano 2021 o pabellón Novo como locales. Por fin podemos xogar na nosa casa e con público. Poden asistir 2 personas por xogador/a.

Tamén son retransmitidos os partidos en directo por youtube.

Diego Serantes Mitkova 18/10/2005


Neste partido Diego foi o debutante mais xoven da historia do CB O Meco Rafonca na categoría senior 1° autonómica.


Con soamente 15 anos xogou na categoría nacional no partido contra o CLB baloncesto

INCIO LIGAS COROAOARO


11 de Abril de 2021 os nosos premini "empataron" o seu partido contra o Rio Ulla. As ganas de xogar eran moitisimas. Foi un partido sen público pero con gran expectación e retransmitido en directo para que os pais/nais dos xogadores puideran ver o partido.


Para moitos deles era o seu primeiro partido, outros levaban mais de un ano sen xogar pero o mellor foi preguntarlles a todos ao rematar... Que tal o habedes pasado? - Xenial!!! - responderon eles.


A magoa que nos queda e que os mini quedaron sen xogar o seu partido por falta de xogadores do equipo local.

Houbo que agardar a que nos tocara contra o CB Vilagarcía para que puieran xogar.

2 de maio de 2021 primeiro partido xogado da tempada do infantil masculino. Recuperando sensacions e sobre todo desfrutando da experiencia.

9 de maio estreno do mini mixto na liga coroaoaro contra o CB Vilagarcía un partido onde todos puideron demostrar algo do aprendido nestes meses de adestramento. O importante e que volvan sentir as sensacions de xogar na cancha.

JUNIOR MASCULINO CAMPEONES 🏆🏆🏆


O 9 de maio despois dun inicio de liga donde tiñan que adestrar ao aire libre en Terra de Porto e competir sempre como visitantes e un final con varios lesionados no equipo os junior proclamanse CAMPIONS de Liga Arousa e gañan o seu dereito a xogar a final A4 o fin de semana do 19-20 de xuño.


Despois de todas as dificultades polas que pasaron premio mais que merecido.


As chicas do infantil femenino tamén nos deron un partido de infarto (menudo fin de semana) Como ben podedes ver no marcador o partido contra o Rio Ulla ben puideron ganalo calquera dos dous equipos. Segundo partido da tempada das rapazas que nos deixa con ganas de ver máis.

Imos finalizando a tempada de competicións cos nosos babi xogando a concentración organizada polo CB Arxil en Pontevedra o 30 de maio.

Durante o mes de Xuño continuamos adestramentos dos equipos e adicamos o mes ao coñecemento do baloncesto 3x3. Ensinamoslle esta disciplina aos nosos xogadores e organizamos un torneo interno do club.

Mentres os junior foron adestrando para preparar o último partido da tempada na fase final celebrada en Porriño. Xogabanse o ascenso a primeira división pero o rival que nos tocou na primeira eliminatoria foi o campión e as baixas coas que ibamos ao partido tampouco axudaron polo que quedamos eliminados no primeiro partido.

Chegar ata aquí foi todo un traballo dunha tempada atipica e dura que os xogadores souberon afrontar moi ben.

Remata a tempada para os noso xogadores o 25 de xuño de 2021 con xogos e preparando o campamento de verán do club coa colaboración do Concello de O Grove.

EQUIPOS TEMPADA 2020/2021

Podemos facer tres grupos cos equipos desta atipica tempada. Os que participaron en competición de liga regular, os que participaron la liga coroaoaro e os que non quixeron competir.

Equipos liga regular

Senior masculino 1º división

Rafonca puertas y automatismos

2020/2021

Mantén a categoría para a tempada 2021/2022

JUNIOR masculino 2º división

Bar Manos

2020/2021

Campión liga arousa

Equipos liga COROAOARO

INFANTIL masculino 2º división

Librería Nobel O Grove

2020/2021

Inicio liga fase de ascenso non puidendo disputala por falta de instalacións. Unha vez retirado o equipo quedou para xogar a liga coroaoaro.

INFANTIL femenino 2º división

Xandre moda infantil

2020/2021

PREINFANTIL femenino

2020/2021

Retirado de competición por falta de instalacións municipais

Da combinación do equipo infantil e o preinfantil fixemos o equipo da liga coroaoaro. O grupo de rapazas que quiso competir puido facelo en esta liguilla.

mini masculino 1º división

GroveAl Aluminio, PVC e Inox

2020/2021

Retirado de competición por falta de instalacións municipais

mini femenino

Mariscos Trelles

2020/2021

Da combinación dos equipos mini primera división e mini femenino fixemos o equipo da liga coroaoaro. O grupo de rapaces que quiso competir puido facelo en esta liguilla.

PREmini mIXTO

A Optica de Ana

2020/2021

babi mIXTO

Fisiosaúde sanxenxo

2020/2021

Concentración en Pontevedra

Da combinación dos equipos premini e babi fixemos o equipo da liga coroaoaro. O grupo de rapaces que quiso competir puido facelo en esta liguilla.

Equipos SEN COMPETICIÓN

MINI MASCULINO 2010

2020/2021


CADETE - JUNIOR - SENIOR FEM

2020/2021

Equipo que comenzou a tempada sendo o cadete femenino e que polo parón provocado polo peche das instalacións municipais quedou reducido en moi poucas xogadoras.

PATROCINADOR PRINCIPAL:

O Pazo, 38 Xil - Polígono Industrial A Pedreira - 36968 Meaño (Pontevedra)

Tlf: 986 744 915

Fax: 986 742 141

PROTECTORES:

FIN DE TEMPADA 2020/2021

Foron uns meses duros de traballo, cambios constantes nas restriccións sanitarias facían que os equipos se foran desmoronando pouco a pouco pero moitos aguantaron ata o final e incluso tiveron todavía máis ganas de voltar a competir. Fomos traballando e adaptandonos constantemente para poder ofrecer aos nosos xogadores practicar o deporte que lles gusta.

O fin da tempada non pareceu tal porque este ano continuamos a actividade durante os meses de xullo e agosto co campamento de verán onde fixemos diferentes actividades relacionadas co baloncesto e diferentes deportes.

Todas as tempadas solemos facer unha gran presentación pero esta polas restriccións sanitarias non puido facerse polo que para despedirnos dalgunha forma simbólica dela e facer a presentación dos equipos enviamos este video como agradecemento a todos os socios, familiares, xogadores, adestradores, patrocinadores... sen eles todo isto sería imposible.

Tamén recoñecer a labor do Concello de O Grove que fai posible que poidamos facer a nosa actividade. Pese aos meses de peche das instalacións municipais rectificaron na decisión no mes de febreiro e permitironnos voltar aos adestramentos e competicións e é algo que temos que ter tamén en conta.

Como despedida da tempada deixamosvos o enlace e o video do final da tempada no que fixemos tamén un resúmo do campamento de verán.

(260) O Meco tempada 2020/2021 baloncesto - YouTube