Arquivo de novas

(info sacada da web https://sites.google.com/site/cbomeco/archivodenovas6)

XUÑO 2011

Venres 17: Chegamos ao final desta brillantísima tempada coa tradicional festa da Siradella onde toda a familia do Meco dará boa conta dos 50 kg de Churrasco e os moitos kilos de sardiñas, e demais todo a cargo do club.

Non vos olvidedes de traer esas tortillas, empanadas, etc ou os manxares líquidos habituais.

Todo esto será o domingo. A partir das 11 da mañán empezarán os mais madrugadores para competir nos mates, triplas, two-ball familiares, partidos de pais contra fillos, etc. Ao remate, a iso das 13:15 salirá a caravana festexando os títulos acadados este ano hasta o Monte Siradella. Non faltes.

Aproveitamos para recordar que é obrigatorio entregar a roupa de xogo negra (Santo Angel) que é propiedade do club. Tamén recordamos que xa se pode facer efectivo o pago do lote de roupa Legea que era de 74 €.

Domingo 12: ¡Os infantís Campións de Copa!

Nunha final de infarto e das que realmente fan afición, os nosos infantís fixéronse co campionato da Copa nun partido de nervos e moitísima emoción. O xoven equipo de Marín saíu moi mentalizado ao partido e pudo levarse un título que tivo nas mans. Sin embargo, como xa ten pasado ao longo da tempada os xogadores de Manu Bello empuxados polo alento dos nosos seguidores apretaron en defensa e nos momentos decisivos non fallaron. Destacar a aportación fundamental de Saulo Sánchez, que no último cuarto saíu a pista a pesar de levar arrastrando unha lesión que lle impideu adestrar nas últimas 3 semanas. Este grupo de xogadores despídese deste xeito da categoría infantil con unha tempada moi brillante: Campións da Previa, Subcampións de Liga e Campións de Copa. ¡Noraboa!

Destacar o debut da nosa Presidenta, Conchi Torres, que entregou o Trofeo de Campións.

Tamén rematou a tempada na mañán de hoxe o alevín masculino despois da participación no Torneo Internaciónal do BBC, a quen agradecemos o trato recibido nestes 3 días e felicitamos pola continuidade dun evento enfocado á formación deportiva e humana dos xogadores mais xoves. O Club invitou a tódolos xogadores a unha comida nun coñecido restaurante de Vilagarcía onde imperou un clima de festa e convivencia.

No aspecto deportivo o CB O Meco caíu ante Seis do Nada e León, mentres que derrotou a Oporto e Breogán de Lugo. Martín Torres levouse o premio ao máximo anotador do Torneo.

Por outra banda, 4 equipos da base do club participaron no Día de Minibasket que se celebrou no pavillón Fontes do Sar en Santiago. Os mais cativos disfrutaron da festa xogando partidos, participando en un sinfín de xogos e recibindo distintos premios que a organización entregaba aos gañadores das pruebas.


Venres 10:

Outro día histórico para o club. Logo dunha presidencia de 8 anos, Juan Campos o 'presi' deixou o cargo tras levar ao Meco ao momento mais brillante e importante dende o seu inicio. Juan Campos seguirá formando parte da directiva que se acaba de crear. Un grupo de 11 persoas que chegan cargadas de gañas de traballar e con moita ilusión.


A elas desexámoslle nesta nova etapa moita sorte e que disfruten co basket.


Mércores 8: Este venres non hai adestramentos para os mais pequenos ao celebrarse no pavillón Monte da Vila un acto cultural.

Os equipos alevíns masc. B e Feminino, xunto con 2 equipos benxamíns femininos participarán no Día do Minibasket xunto con uns 2000 xogadores de toda Galicia. Un día de festa con traslado en autobús, comidas, e demais con cargo aos organizadores do evento, O Correo Galego de Santiago. Enlace da fed. galega. A saída será dende diante da Lonxa, no Corgo, as 8 da mañá. Ser puntuais. Googlemaps Pavillón do Sar

Os alevíns afrontan o último Torneo da tempada. O BBC, Basket Base Club, de Vilagarcía organiza este evento con un cartel de categoría con equipos da talla do Breogán, CB León, Oporto, Cob Ourense, CB Valladolid, Vasco da Gama, BBC e o Meco. Será esta unha festa de despedida para todos, non só da categoría sinón tamén da tempada. Dende esta páxina queremos agradecer ao BBC a este Torneo e felicitalos por levar adiante esta iniciativa.

Calendario

Luns 6: Despois dun partido cheo de nervios, os nosos infantís foron quen de superar ao Xuven nun partido que foi igualado e no que parecia que os de Cambados no 3º cuarto tiñan encarrilada a eliminatoria ao poñerse 4 puntos arriba. A partir de ahí varios roubos de balón fixeron que o marcador dera a volta e os visitantes baixaran os brazos.

Domingo 5: Hoxe temos unha cita importante e emocionante co partido de volta da semifinal da Copa Arousá na categoría infantil masculina. Os nosos teñen que remontar 7 puntos para meterse na final. Vai a facer falta o apoio da aficción, non faltes.

Sábado 4: Celebrouse a asemblea con pouca afluencia de socios nunha cita que era moi importante para o futuro do club. Abreuse o prazo de candidaturas para a presidencia que se resolverá o vindeiro venres as 20:30 na Casa da Cultura.

MAIO 2011

Luns 30: Chegamos á recta final cun único partido, o da volta da semifinal infantil masculina que nos enfrontará ao Xuven o vindeiro domingo.

Por outra banda, a directiva convoca aos socios e pais a unha asemblea este vindeiro venres, na Casa da Cultura, as 20:30 en 1ª convocatoria e as 21:00 en 2ª cos seguintes puntos:

* Convocatoria de Eleccións á Presidencia.

* Apertura do prazo de presentación de candidaturas.

A actual directiva non se vai presentar á reelección polo que a asistencia a esta asemblea é moi importante.

Ver poster.

Domingo 29: Os equipos alevíns puxeron hoxe o broche a unha tempada brillante co subcampionato de copa para as xogadoras de Yago Rego e con un posto entre os 8 mellores de Galicia no caso dos chavales.

Xoves 26: Acércase o final de liga e tamén as finais coperas. Despois do brillantísimo papel feito polas infantís tócalle o turno ás alevíns de Yago que disputan a súa primeira final de Copa ante o Dorna na Illa de Arousa. O importante xa é estar ahí, mostra do traballo progresivo da tempada . Teñen que poñerlle o colofón agora co merecido premio.

Tamén os alevíns están no camiño para facer historia. Estar entre os mellores 8 equipos galegos da categoría non é facil. O mais importante deste grupo é que por enriba do deporte en sí teñen unha relación de amizade fora da pista que lles dá mais mérito a este logro. O escollo a sortear para meterse na Final a 4 galega vai ser o Tuy, un dos mellores equipos da provincia. Seguro que co apoio da aficción os nosos chavales van a ser mais fortes.

Tamén os infantís teñen un dificil partido en Cambados na semifinal de Copa. Os de Manu están en moi boa forma e queren despedila tempada ao grande meténdose nesa final.

Domingo 22: Fin de semana exitoso para os nosos equipos. As alevíns de Yago na final de Copa, os infantís de Manu en semifinais, os alevíns masc. en cuartos de Liga Galega e as infantís de Dani cairon en semis de Copa Galicia derrotando ao finalista Cía de María por 17.

Sábado 21: Como disfrutamos na mañan de hoxe!!! Que gran partido das infantís que a piques estiveron de darlle a volta á eliminatoria! E un deses partido do que un se sinte moi orgulloso das xogadoras porque o deron todo e xogaron a un gran nivel. Noraboa a Dani e as xogadoras.

Tamén os alevíns cairon ante o Seis do Nadal nun partido no que a base de casta, outra vez, despois de estar 20 abaixo a punto estiveron de darlle a volta ao marcador. Destacar o traballo en defensa de todo o EQUIPO. Mañán en Ourense xogamos a última xornada antes dos 1/4 final.

A nota positiva en canto a resultados foi a das alevíns que se volveron a impoñer ao Grove e acadaron o pase desta forma á final da Copa Arousá. Un premio merecido para as xogadoras de Yago que esperemos rematen con premio.

Venres 20: Este é un fin de semana histórico con uns cuantos partidos importantes. O feito de estar xogando a estas alturas da tempada é sinal de que os equipos están acabando fortes e con opcións. Este é o momento de estar apoiando aos equipos do Meco.


Xoves 19: Este sábado 2 dos nosos equipos benxamíns acuden a unha concentración organizada polo BB Pontevedra na capital da provincia. os partido dos nosos equipos darán comezo as 10 da mañán e xogarán 3 partidos rematando arredor das 14 horas.

O portal de comunicación Todogrove.com publicou na súa páxina a noticia sobre a convivencia e un amplio reportaxe fotográfico sobre o evento. A esto hai que añadir o extenso traballo feito por José Dopazo subindo fotos ao facebook e tamén a actualización en vivo a cargo de Muchi Campos.


Mércores 18: Grazas a tódolos que fixeron posible que a Convivencia fora unha festa para nenos e pais outro ano mais.

Grazas a xogadores, equipos, árbitros, pais, colaboradores, patrocinadores, voluntarios e sobre todo a Javi Solla que marcou perfectamente o ritmo da xornada.

No seguinte enlace do facebook podes ver un millón de fotos:

http://www.facebook.com/media/set/?set=a.174129669309212.49632.100001365412040

Luns 16: A nova sección do Meco, o Meco Futbol Club acadou o 3º posto no Torneo de Terra de Porto. Non hai torneo que se lles resista.

Domingo 15: Podes ver o número 36 da nosa Revista aquí.

Os alevíns volveron a darnos outra alegría coa vitoria ante Edo Ourense e levan xa 3 partidos gañados de 4 xogados. O partido de hoxe foi unha mostra da evolución deste grupo de amigos que xogan ao basket.

Tamén os infantís resolveron de xeito contundente o seu partido e posiblemente a eliminatoria de cuartos ante o BBC 'B'. Nun partido sin moita historia, os de Manu Bello non tiveron rival dende o principio.

Complicado está o pase á final da Copa Galicia para o Infantil Feminino tras caer en Coruña. A diferenza no marcador é remontable despois do visto no partido de hoxe. Coa axuda da afección as xogadoras de Dani Franco van a intentar dala volta a esta dificil eliminatoria.

Sábado 14: Gran partido das alevíns esta mañán na ida das semifinais da Copa Arousá. As visitantes só foron quen de facerlles frente no 1º sexto aproveitando a saída relaxadas das xogadoras de Chavo. A partir de ahí a forte defensa das nosas non deu opción e a base de contraataques romperon o partido acadando unha cómoda renta de 36 puntos de cara ao partido de volta para conquerir unha praza na final de copa.

Os alevíns acadaron a 2ª vitoria na 3ª xornada da Liga Galega ante o COB Ourense nun gran partido. Os nosos aplicáronse en defensa para impedir as canastras do bo equipo ourensá. A maior capacidade dos nosos no rebote foi determinante para acadar unha vitoria que nos mantén no segundo posto. En ataque o xogo foi mais fluido e con bonitas xogadas. Ante o EDO hai que certificar esta evolución no xogo.

Xoves 12: A Convivencia do Meco xa está aquí. A festa mais desexada polos nosos rapaces mais pequenos vai ser o vindeiro martes 17 (Día das Letras Galegas). Tódolos nenos e nenas do Meco non deben faltar. Os xogadores dos anos 2001 e 2002 teñen que estar no pavillón as 9:30 da mañan. Recordade que se come en Casa Campaña. Os do 2003, 04 e 05 poden estar no pavillón a partir das 14:00 horas pero teñen que comer na casa antes. Estes xogan a partir das 16:40.

A Festa inclue obra de teatro (as 12:30 na Casa da Cultura), pintura de corpo, globoflexia, bailes, concursos, reparto de agasallos, etc.

O remate será arredor das 20:00 despois da entrega de medallas a tódolos xogadores.

Consulta os documentos de abaixo e avísanos en caso de ausencia:

* Equipos do Meco

* Calendario de partidos.

* Programa de actividades

Sábado 7: Despediron a tempada os sénior cunha vitoria ante o Adfro e acadan o 11º puesto a nivel xeral en Galicia. Un paso adiante deste taléntoso grupo que a vindeira tempada dará moito que falar.

As infantís B cairon en Santiago ante o Pio XII nun partido ao que as nosas acudiron en cuadro.

A nota positiva dérona os alevíns coa 1ª vitoria na Liga Galega. Unha vitoria que ten doble mérito ao acudir coas baixas de Castro e Mate. Impresionante o partido do grupo, especialmente de Torres con 39 puntos sendo imparable en todo momento para os locais.

Chega o fin de semana coas competicións coperas tanto autonómicas como zonais.

As infantís de Dani Franco teñen un partido moi importante ante o Pio XII. A renta de 4 puntos acadada no partido de ida en Santiago non debe relaxar ao equipo e ten que sair a por todas. Para iso conta co apoio da afección que ten que acudir en masa a animar as campionas para sellar o pase a seguinte fase.

Os alevíns viaxan á Ourense no seu 1º partido de Liga Galega e faino con 2 baixas trascendentales. Esto debe servir de acicate para os demais que deben dar o máximo. O obxectivo é como sempre sair á pista a dalo todo.

Tanto os infantís B como os alevíns B teñen partidos de trámite e deben sair a disfrutar do que pode ser o último partido oficial da tempada.

As infantís B acuden a Santiago para disputar a Copa Interzonal ante o segundo equipo do Pio XII.

Venres 6: Un malentendido co proveedor fai que o pack de roupa deportiva sufra un pequeno cambio. O sábado as 20 horas na Casa da Cultura teremos unha reunión para informar deste cambio e dar o número definitivo. Desaparece a roupa de futbol Escudo e medias e entra a roupa de basket Detroit. Todo por 74 €.


Luns 2 Maio:

Os club sigue inmerso en un montón de actividades a estas alturas da tempada e mais que de seguro van a vir. Previsión para as vindeiras datas:

17 Maio: Convivencia Benxamín CB O Meco (tódolos xogadores

21 Maio: Torneo BB Pontevedra, 2 equipos benxamíns

11 Xuño: Día do Mini en Santiago, 2 alevíns e 2 benxamíns

10, 11 e 12 Xuño: Torneo Internacional Alevín en Vilagarcía.

Todo Maio: Copas zonais alevíns e infantís masc, e fem.

Copa Galicia inf. fem.

Liga Galega Alevín Masc.


O fin de semana deixounos a vitoria a domicilio dos sénior en Coruña que nos acerca a esa 11ª posición xeral a nivel galego na Liga Autonómica.

Tamén as infantís deron un paso moi importante na súa eliminatoria ante o Pio XII con vitoria por 4 puntos en Santiago e que deben refrendar o vindeiro domingo no Grove. Ahí temos que estar toda a afición animando ao noso equipo.

Os alevíns participaron no Torneo do Seis do Nadal en Vigo codeándose cos mellores equipos da categoría que sirveu de preparación para a Liga Galega que da comezo este sábado en Ourense.

Os de Jandro deron a cara ante o Peixe na ida da eliminatoria de Copa nun partido no que os de Marín eran favoritos e que finalmente caiu do seu lado.

Os alevíns B non foron capaces de superar ao BBC 'B' na outra eliminatoria de Copa.


ABRIL 2011

Sábado 30: Fantástica a vitoria das infantís en Santiago na ida da 1ª eliminatoria da Copa Galicia. As de Dani tiveron que traballar todo o partido a tope para manter a diferenza no marcador que acadaron nos primeiros minutos.

Tan so os habituais erros propios do nerviosismo que mostran as nosas xogadoras en partidos importantes nos privaron de acadar unha renta mais ampla para o partido de volta.

Toda a información do Torneo Alevín do Seis do Nadal aquí.

29:A proposta da roupa tuvo unha acollída favorable practicamente do 100 %. Nos vindeiros días convocaremos aos restantes equipos para que poidan aproveitarse desta oferta.


Mércores 27: Os alevíns coñecen tamén aos seus rivais de grupo, Salesianos COB e Edo de Ourense, e Seis do Nadal de Vigo. O vindeiro fin de semana, 7 e 8 de Maio, os nosos teñen un doble desprazamento a Ourense onde xogará 2 partidos.

As infantís xa coñecen ao seu rival na 1ª eliminatoria da Copa Galicia. As xogadoras de Dani Franco viaxan a Santiago para enfrontarse ao poderoso Pío XII este fin de semana e recibilas logo no Grove 7 días despois.

Mentras tanto os alevíns desplázanse a Vigo para participar no Torneo do Seis do Nadal. Alí verase as caras con equipos que participarán tamén na Liga Galega.

Luns 25: Dan comezo as competicións de Copa este vindeiro fin de semana cun formato de KO. Partidos a doble volta.

Despois das festas retomamos a normalidade coas competicións. Os alevíns xogan hoxe na Estrada o derradeiro partido de liga e xa co título de campión no peto, a espera do sorteo dos grupos nos que participará en Liga Galega. O vindeiro domingo xogará un Torneo en Vigo cos mellores equipos galegos que servirá de preparación para o Autonómico.

Os sénior retoman a competición co cruce para determinar o posto 11 e 12 a nivel galego da liga Sénior Autonómica. Será este domingo na Coruña ante o Adfro.

Os demais equipos están a espera do sorteo de Copa que se celebrará esta semana na Delegación.

Domingo 24: Rematamos esta Semana Santa tras unha maratón de partidos e demostrando a pasión polo basket despois de participara no Torneo Internacional do Seis do Nadal en Vigo no que os infantís foron os campións do seu grupo.

Imborrable tamén o paso pola Vilagarcía Basket Cup con 3 equipos benxamíns, 2 alevíns e os 2 infantís que participaron na Future Stars. Grazas de novo aos organizadores.

Mércores 20: Actualizada a lista de xogadores alevíns e benxamíns que acudirán a Basketcup, así como o calendario.

Relación xogadores Calendario A saída é as 8:45

Martes 19: O período de vacacións deixa pouca marxe para actualizala páxina.

O subcampionato de liga acadado polos infantís non debe empañar a magnifica tempada que están a facer. O mal partido na final hai que olvidalo tentando acadala Copa.

Recordade os benxamíns e alevíns que ides a Basketcup que o horario de saída é o das 8:45 cada día de diante do Pavillón Monte da Vila.

Sábado 16: O día de hoxe pode calificarse como histórico para o noso club. Por 1ª vez un equipo feminino acada o campionato de liga. O equipo de Dani Franco impúxose ao Meco B de Muchi, no que o xa campión mostrou a súa superioridade física e no que se nota a diferenza de idade.

Os infantís de Jandro acadaron no seu mellor partido, e no último de liga, unha vitoria a domicilio nun encontro emocionante ate o pitido final.

A Liga Minimeco chegou a súa penúltima xornada e nela Agrícola O Con confirmou o seu liderato impoñéndose ao Don Can nun partido disputado e emocionante ate o final.

Domingo 10: Remate da xornada coa derrota do alevín A rompendo así a racha positiva de 16 partidos gañados. Os de Vilagarcía foron superiores no cómputo total chegando a remontar a aventaxa do Meco de 16 puntos no cuarto periodo.

Sábado 9: Na edición da Vilagarcía Basket Cup 2011 o noso club participará con 3 equipos benxamíns, 2 alevíns e os 2 infantís que participarán asimesmo na Future Stars. Podes consultar o calendario dos distintos equipos así como o horario de xogo e pistas. Calendario

No seguinte documento hai unha relación dos xogadores benxamíns que acudirán por día. Por favor, comunicade ao club por email ou sms as posibles baixas por non poder asistir.

(email á cbomeco@gmail.com ou sms ao 636383163)

Neste enlace do propio Torneo podes entender a filosofía do evento, no que como podrás comprobar trátase mais dunha festa que dun Campionato de baloncesto. Os partidos dos cativos rematan as 17:00 e unha hora mais tarde empezan os partidos do Torneo entre as seleccións de España, Italia, Francia e Alemania. Os xogadores poden entrar libremente a ver estes partidos, non así os pais que deben pagar unha entrada (si aínda quedan) de 5€. Os pais poden recoller aos xogadores a partir das 17:00 ate o remate da xornada.

O sénior pecharon a liga con vitoria a domicilio. Poñen así o colofón a unha brillante tempada con 11 vitorias e outras tantas derrotas e nos postos altos da clasificación. O realmente meritorio é que este equipo está formado por xente da casa e competindo por Galicia adiante. Noraboa chavales!

Tola esta xornada con partidos a xogar entre semana. Os alevíns acadaron 2 vitorias mais na súa loita para facerse co título de campión de liga e está a solo 4 partidos para o remate da liga na que se mantén invito.

As infantís B non puderon co Peixegalego que rompeu o partido xa no 1º cuarto.

Xoves 7: Atentos aos horarios e aprazamentos de partidos. Debido a un erro nos calendarios infantil e alevíns modifícanse algúns partidos e adiantanse outros.

A xornada da liga Minimeco queda aprazada.

Mércores 6: Está xa na rúa o novo número da Revista do noso club, que podes ver aquí.

Este sábado as 17:00 temos a novena xornada da Liga Minimeco. Os xogadores teñen que estar alí as 16:30. Ao remate, informaremos a tódolos pais sobre a Basketcup de Vilagarcía e a Convivencia Benxamín do Meco.

Martes 5: Actualizada a Entrevista, nesta ocasión a unha das xogadoras que está a facer unha gran tempada, Antía Dopazo.

Domingo 3: A punto están as nosas xogadoras infantís de facer historia. Tan solo teñen que salvar o obstaculo do último partido de liga ante o noso equipo B para proclamarse campioas de liga. Sería a 1ª vez que un equipo feminino noso se alzara con tal preciado título.

O partido de hoxe foi non apto para cardiacos nun toma e daca continuo onde as alternancias non marcador sucedían a cada minuto. O partido pudo caer para calquer lado pero a garra e o querer gañar das nosas desequilibraron un partido cheo de nervos. PARABEN RAPAZAS, SONDES O MÁXIMO.

Sábado 2: As infantís de Dani xóganse o título de Campión de Liga ante o Arxil B este domingo en Pontevedra as 10. A saída está prevista para as 8:30.

Os Martwins tiveron hoxe unha nova proba en Burgos nun Torneo Alevín coa Selección Galega ante Castilla e León.

Os sénior non xogaron un bo partido e cairon con toda xusticia ante o Peixe. Os de Marín moitos mais fluidos en ataque e con un Gregorio que impuxo o seu poderío baixo os aros foi superior a un Meco que quixo e non pudo. Solo a defensa presionante dos nosos no último cuarto maquillou un resultado que nunca peligrou para os visitantes.

Os infantís non xogaron ao non presentarse o equipo local.

Os infantís de Jandro cairon con facilidade ante un Peixe que non baixou o ritmo en ningún momento.

Os equipos alevíns disfrutaron do lindo no Torneo de Baiona. Os masculinos tiveron como rivais a 2 equipos de Vigo que mostraron a súa superioridade física ante os nosos. Salesianos e Canteiras superaron ao Meco por 10 e 18 puntos respectivamente. As rapazas superaron a Apostol e cairon ante Seis do Nadal.

Tamén se estrenaron os benxamíns en Vilagarcía ante o Liceo. Os nosos amosaron superiores nos 2 partidos.

Venres 1 Abril: Consulta o apartado Circular.

Pincha nos enlaces dos partidos para vela ruta e forma de chegar aos pavillóns.

Finalmente e por problemas no pavillón do Liceo o benxamín feminino do 2002 xogará as 11:30 con saída as 10:30 e o masculino xogará as 12:30 con saída as 11:30.

MARZO

Mércores

30: A Liga Minimeco de novo protagonista na prensa.

Os equipos alevíns que acuden ao Torneo Internacional de Baiona poden encontrar toda a información aquí.

Consulta a circular para saber a programación do fin de semana.


Domingo 27, Rematada a xornada coa concentración das 2 categorías alevíns na tarde de hoxe. Agotador o fin de semana con multitude de partidos na casa.

Os infantís de Manu non tiveron rival no xoven conxunto da Estrada. Foi outro deses partidos no que o obxectivo é que os xogadores non se relaxen.

As xogadoras de Yago estanse a mostrar como un equipo sólido. Partido a partido a melloría é notable e eso vese reflexado tanto no xogo como nos resultados.

Os alevíns foron moi superiores ao Peixe nun partido que non brillou pola súa calidade.

Sábado 26: Despois do espectaculo da Liga Minimeco, os sénior deron a campanada impoñéndose ao Campus Universitario de Ourense. O Campus, lider da Competición, é sin duda o mellor equipo e chegaba ao Grove para encontrarse con un equipo plagado de lesións que tirando de casta impuxéronse nos derradeiros momentos do partido despois dun encontro marcado pola igualdade.

Como aperitivo celebrouse a 8ª xornada da Liga Minimeco, unha competición que está sendo un verdadeiro éxito grazas á numerosa participación dos xogadores e sobre todo ao nivel mostrado, algo que está sorprendendo gratamente aos seus adestradores e que está levantando admiración entre os aficionados ao baloncesto de fora do Grove que saben da dificultade de levar adiante un evento deste tipo.

Esta foi a xornada das sorpresas, nas que os equipos en teoría pequenos acabaron impoñéndose, comprimindo así a clasificación. Hai que destacar a vitoria in extremis de Peluq. Moncho que xornada a xornada aumenta o seu nivel de xogo e que estrena o seu casilleiro de vitorias. Podes ver tódalas fotos aquí.

Os infantís de Jandro derrotaron, non sin problemas, a un equipo da súa liga. O partido que tivo alternancias no marcador decantouse polo lado do Meco cando o noso adestrador puxo en pista ao cinco titular.

As de Muchi recibiron un severo castigo na súa visita á Cesures mentras que as de Dani doblegaron ao Liceo grazas a unha boa primeira parte na que o forte ritmo imposto polas nosas fixo que se abrira unha brecha no marcador, 20-6. A partir de ahí as nosas relaxaronse e permitiron ás de Vilagarcía meterse no partido.

Xoves 24: Tremendo o fin de semana que temos por diante cando un total de 12 equipos do Meco teñen partido no pavillón Monte da Vila.

Tes todo tipo de partidos para non aburrirte. Desde o mellor equipo da Liga Sénior Galega, o Campus, que visita aos de Manu Bello ate os da Liga Minimeco pasando polos 9 partidos alevíns que se xogarán na tarde do domingo e algúns mais que podes consultar nesta mesma páxina, non tes tempo para o aburremento.

Nesta ocasión tamén xogarán os mais pequenos, os rapaces do ano 2004 e 2005 que seguro que te sorprenderán coas suas habilidades.

Domingo 20: Recorda que podes consultar as clasificación de tódolos equipos pinchando a ezquerda en Infantís e alevíns (Mini-basket), e logo na pestaña de 'categoría' buscar a categoría do equipo que queiras. Mais tarde na pestaña da ezquerda buscalo correspondente á DAB (Delegación Arousá de Baloncesto).

A xornada matinal foi moi positiva para os nosos equipos. Tremenda a alegría que nos deu o equipo alevín femenino de Yago ao derrotar nun gran partido ao Dorna recuperando así o tono de xogo ao que nos tiñan acostumados.

Os de Manu cumpliron co guión e a pesar de non adestrar levaronse o partido moi comodamente ante o B de Marín.

Sábado 19: O Comité de Competición deu por gañado o partido de liga alevín da pasada xornada ao Meco alevín A, ao non presentarse o contrario. Repítese así a mesma situación da 1ª volta.

O alevín B de Dani Prol rematou hoxe a liga cos deberes practicamente cumplidos. Púdose ver ante o Baltar a melloría experimentada dende o inicio de Liga. Este equipo vai a darnos algunha sorpresa a vindeira tempada. Agora queda esperar ao comezo do Torneo de Copa.

Os alevins xogaron un amistoso ante o BB Pontevedra infantil B, e tamén se pudo ver que o equipo está practicamente preparado para o salto de categoría.

Os sénior acudiron en cuadro á Allaríz e coa maioría do equipo tocado con lesións. A pesar desto, os nosos deron a cara e estiveron metidos no partido ate o final.

Venres 18: Este fin de semana non temos Liga Minimeco.

Xa está feito o sorteo dos emparellamentos do Torneo de Baiona. Grupos duros os que lle tocaron ao Meco nesta edición na que terá que enfrontarse ao Salesianos de Vigo e Porriño na categoría masculina e ao 6 do Nadal e Colex. Apostol no apartado feminino. Ver Grupos e Horarios do Torneo.

Actualizado Circular e Revista 34.

Domingo 12: A 7ª xornada da Liga Minimeco veu a primeira derrota de Agrícola O Con ante O Cruceiro.

Os alevíns fixeron un viaxe en balde á Pontevedra para xogar un partido no que o contrario non se presentou.

O infantil B fixo un bo partido aínda que rematou caendo ante un equipo superior como é o Liceo de Vilagarcía.

Os sénior impuxéronse nun mal partido ao Baiona. Despois dos carnavais sempre é dificial estar nun bo tono. O equipo seguiu a tónica da liga, desventaxa ao descanso e remontada na segunda parte. A nota positiva foi a presenza de Popó no banquillo logo do accidente que lle costou a rotura de cúbito. O equipo está 6º na clasificación a falta do aprazado ante o Liceo que se xogará este mércores en Vilagarcía.

As alevíns de Yago fixeron un mal partido e caeron derrotadas ante o Arxil.

Sábado 11: As infantís caeron derrotadas tras unha prórroga en Pontecesures nun partido competido e de nervos. A falta de concentración fixo que perderamos balóns importantes e xunto co rebote acabaron por darlle a Rio Ulla a aventaxa no basketaverage que nos obliga a gañar tódolos partidos ate fin de liga para optar a 1 das 2 prazas que nos meterían na Copa Galicia.


Venres 10: Importante esta vindeira xornada para os nosos equipos, especialmente para o infantil feminino, a quen unha vitoria as colocaría moi cerca da Copa Galicia. O equipo está moi motivado e acude a Cesures coa intención de seguir imbatido.

Os sénior teñen un partido dificil ante un Baiona que necesita gañar como sexa pola súa situación na clasificación. Unha vitoria dos nosos meteríanos xa definitivamente no grupo de cabeza nesta recta final de liga.


Mércores9: O Torneo alevín de Baiona é a próxima cita ilusionante para os equipos alevíns do Meco. Podes ver mais información do Torneo neste folleto.

Por fin se reanudan os adestramentos xa que volven os partidos o fin de semana. Hoxe adestran tódolos equipos con normalidade.

Este domingo xógase a 7ª xornada da Liga Minimeco.

En Fotos do Club podes ver distintos albums actualizados tanto da xente do Meco disfrazada como dos Martíns na Selección.


Martes 8 Rematou a participación dos nosos xogadores coa Preselección Galega. Eles, xunto a Manu Paz do BBC, tiveron unha participación moi importante na vitoria do partido de hoxe que pechaba o Torneo. Parabens chavales.

Domingo 6. Debut dos Martín coa selección galega no torneo de Avilés. O partido xogado as 19:30 non podía ser bo despois de saír de Santiago as 6 da mañán. Derrota do combinado galego por 10 puntos e con participación activa dos nosos.


Sábado 5 Non temos partidos pero non paramos. Tócanos disfrutar do carnaval, como estes xogadores de 3º. Podes ver mais fotos pinchando en fotos do club.

Martes 1 Marzo:

A 6ª xornada da Liga Minimeco escenificou o espiritu do noso club. Dende os infantís aos sénior traballando conxuntamente nun proxecto de presente e futuro. Facendo as funcions de adestradores, árbitros, oficiais de mesa, etc. todos traballamos codo con codo na familia do Meco. Podes ver esto en imaxes en Fotos do Club.

Clasificacións dos distintos equipos do Meco.

Fai click na imaxe para ampliala.

Este vindeiro fin de semana non habrá xornada para ningún equipo debido as festas de Carnaval. Desfrutade das festas.

Podes ver xa o número 34 da Revista

A Liga Minimeco, outra vez, foi o plato estrela do fin de semana. A Masía do Meco volveu mostrar a calidade destes novos xogadores que despertaron admiración non solo entre os familiares sinón tamén ante os políticos como o Alcalde e os líderes do PP e tamén de EU que responderon á invitación do club. Agradecerlle a eles a súa presenza e tamén ao Presidente da Delegación Arousá, D. José Luis Renda que pudo comprobar in situ esta competición. Os sénior e infantís do club encargáronse de arbitrar e levar as actas dos partidos.

Todogrove fíxose eco desta xornada.


FEBREIRO 2011

Domingo 27: Un dos mellores partidos dos alevíns no que levamos de liga ante o Liceo. A pesar das limitacións da pista a sensación de equipo foi moi boa.

Sábado 26: Os equipos infantís cumpliron co papel e impuxéronse aos seus respectivos rivais. As xogadoras de Dani tiveron que empregarse a fondo ante un Xuven moi mellorado e que seguro dará que falar a vindeira tempada. Non foi o mellor partido das nosas pero a nota positiva foi a aportación de xogadoras que están crecendo partido a partido.

Tampouco os de Manu xogaron o seu mellor partido e solo xogaron a contagotas.

Mellor impresión causaron as de Muchi en Vilagarcía a pesar da derrota.

Venres 25: Actualizada a Circular para os benxamíns que faltaron ao adestramento de hoxe. A xornada da liga benxamín mini promete ser apasionante con equipos que ameazan o liderato de Agricola O Con. Non o perdas.

Os sénior teñen un partido dificil no que van a necesitar o apoio da afición ante un equipo que está nunha situación semellante á nosa.

Tanto os infantís masc. como o fem. A teñen partidos asequibles para seguin comandando as suas respectivas clasificacións. Os 2 equipos están nun bo momento de forma, así que acude a velos e animalos.

Os equipos infantís B teñen unha dificil saída ante 2 equipos complicados. O importante é seguir na senda da progresión a que nos teñen acostumados.

O alevín A ten un partido, en teória, facil ante Liceo no que os nosos deben manter a liña do último partido no que a melloría do xogo foi evidente. As alevín, en cambio, enfróntanse ao lider. O Cortegada é sin duda, o mellor equipo da Liga. Pero no 1º partido as nosas deron a cara todo o tempo e seguro que nesta ocasión non van a regalarlle o partido.

Daniel Prol chega a última xornada do alevín B cos deberes feitos. O equipo mostrou unha melloría incrible dende o inicio de liga. Unha vitoria nesta última xornada sería un bo premio a o traballo feito ate o de agora.

Mércores: A Liga Minimeco volve este domingo coa 6ª xornada e coa presentación dos equipos que terán foto cos patrocinadores. Martes: O Consello Local de Deportes, organo consultivo do Concelleiro de Deportes, acordou na súa última reunión non recoñecer a II Liga Minimeco como unha competición competitiva. Esto supón a desaparición definitiva desta Liga. Obriganos así desde o Concello a levar aos nenos pola comarca adiante a xogar unha competición idéntica a que xogan no Grove, masificando ademais o pavillón Monte da Vila con 6 equipos que a partir da vindeira tempada xogarán na Liga da Federación. Podes seguir o tema enfacebook. Daremos mais información na Revista do Meco que sae este fin de semana.

Unha da notas destacadas do fin de semana foron os partidos dos benxamíns contra o Liceo.

Domingo 20: Tanto os infantís como as infantís representarán á Arousa e posiblemente á Galicia nos 3 días que dura a Future Stars da Vilagarcía Basket Cup que se celebra en Semana Santa.

Rematou a xornada coas vitorias dos equipos alevíns. As rapazas, aínda con importantes baixas, gañaron ao Rio Ulla de Cesures. O masculino ofreceu mellor cara que as últimas xornadas e xogaron un bo partido tanto en ataque como en defensa.

Sábado 19: A diferenza dos outros partidos os sénior foron de mais a menos, e neste caso a mala segunda parte fixo que non tiveramos opcións de vitoria.

Os infantís A tiveron que empregarse a tope para demostrar cal é o mellor equipo deste grupo.

Os de Jandro cumpliron co guión e aproveitou o mister para repartir minutos.

O mesmo lle pasou ás infantis de Dani mentras que as de Muchi sufriron un serio correctivo ante o Arxil.

Venres 18: Está actualizada a Circular na que esta correxida a hora do partido do domingo para os nenos e nenas nacidas no ano 2002.

Nesta xornada os sénior visitan ao Cruz Alta coa intención de recuperar os 2 puntos que os de Ourense se levaron do Grove no partido de ida e seguir así nos postos altos da clasificacion.

Os infantís de Manu xogan posiblemente o partido mais complicado desta liga ante o BBC 'A' tamén coa intención de facerse co 1º posto e recuperar eses 3 puntos de ventaxa que os de Vilagarcía acadaron no Grove na 1ª volta.

Os de Jandro reciben ao Baltar, si a pista de Conmeniño o permite, intentando seguir na mesma liña dos últimos partidos.

Partidos de trámite os das infantís onde a diferenza entre os equipos é evidente. Causa baixa Clara por 3ª semana consecutiva a espera da definitiva recuperación do seu xeonllo.

Os equipos de Mini, en teoría, teñen partidos faciles para levarse a vitoria. O obxectivo é fundamentalmente mellorar o xogo en equipo, algo dificil de conseguir coas extrañas dimensión das canchas.

Ilusionante se presentan os partidos dos benxamíns nacidos no ano 2002. Os equipos, masculino e feminino enfróntanse ao Liceo de Vilagarcía.

Martes 15: Entra no Foro e participa na Quinimeco

Domingo 13:A xornada da Liga Minimeco deixounos uns datos interesantes. Todogrove a piques estivo de dala sorpresa da xornada e rematou o partido empatado a 34. A prórroga xogarase na xornada do mércores. Por outra banda, hai que destacar o debut na Liga de Mateo Castillo, un neno do 2004 (o mais novo da liga) que acadou nada menos que 8 puntos e que apunta moi boas maneiras.


Podes acceder as fotos da xornada aquí.

Os alevín A deron outro paso mais nesta liga xogada en campo comprimido onde é dificil ver un partido vistoso debido á falta de espazo. Tras un arranque froxo os nosos impuxéronse sin moitos problemas.

Sábado 12: Queremos destacar hoxe o traballo da xente que está a levar o club adiante (xogando, facendo actas, arbitrando, etc). Ás infantís, Bea, Andrea, os infantís, etc, a todos vos, gracias.


Os infantís fixeron un gran partido en Cambados e conseguiron manter o ritmo todo o partido a pesar de romperse xa no 1º cuarto. O equipo está, posiblemente, no mellor momento da tempada tanto física como mentalmente.

Os de Jandro impuxéronse con traballo ao Estudiantes nun partido no que mais xogadores participan no xogo. Algo que se buscaba como obxectivo ao principio de tempada.

No duelo feminino o equipo B saíu moi concentrado ao partido facendo unha gran primeira parte. Ese desgaste pasoulles factura tralo descanso no que as de Dani se impuxeron con bastante facilidade.

A liga Minimeco viviu a súa 5ª xornada con mais baixas das esperadas.


Venres 11: Por 1ª vez 2 equipos do noso club se enfrentan en liga en infantil feminino. Algo histórico que esperemos se repita nos vindeiros anos. Non o perdas.

Os sénior tócalle descansar nunha xornada que se podía xogar e en cambio tocaralles xogar en Carnavales. ¡Non se entende!

Un virus ten desarmado ao alevín feminino no que o adestrador e 8 xogadoras atopanse enfermos por fiebre.


Mércores 9:

Luns 7 : Mañán martes non te perdas o Diario de Pontevedra, no que O Meco terá o papel protagonista ao estar dedicado nesta ocasión o reportaxe central ao noso club.

Domingo 6: A nota positiva da xornada correu a cargo do alevín masc. 'b' que volveu a colleitar outra vitoria. O equipo de Dani Prol está mellorando día a día. Os alev. A a pesar de rematar a 1ª volta invitos fixeron un dos seus peores da liga ao mostrar un xogo falto de tensión.

No peor partido da tempada o sénior impúxose ao colista, no que o único positivo foi o resultado. O inicio foi moi frio algo que se contaxiou á grada que vía como o equipo era unha sombra do que normalmente é. Resaltar aos xogadores tocados que estiveron na pista para aportar o seu gran de area. A estas alturas da tempada o equipo leva 7 vitorias, as mesmas coas que rematou a tempada pasada.

A outra nova salientable foi a participación de Martín Castro e Martín Torres coa preselección galega alevín masculina durante a xornada do sábado e que se desenrolou no Grove. Esperemos que volten a ser convocados e poidan formar parte do grupo que en semana santa xogará en Cadiz o campionato de España.

Venres, 4 de Febreiro: No adestramento de hoxe foi necesario añadir unha nova canastra para dar resposta á xente nova que se está achegando a aprender baloncesto.

Por primeira vez na nosa corta historia, 2 equipos do Meco se enfrontarán entre si na vindeira xornada . Será na categoría feminina, e seguro que será o prologo de algo que se verá normal nun futuro cercano

Os sénior reciben ao colista da liga, o Obradoiro, un rival en teoría asequible para manterse nos postos altos da clasificación. Pero xa sabemos que non hai rival pequeno e menos si non saímos metidos no partido desde o inicio. Esperemos que os nosos xogadores manteñan o bo nivel dos últimos partidos que os convertiron outro ano mais nun dos equipos revelación desta liga.

As seleccións galegas alevíns masc. e fem. adestrarán este fin de semana no Grove. 2 dos nosos xogadores formarán parte desta concentración. Tanto Martín Castro, asiduo da Preselección Galega, como Martín Torres tomarán parte nun dos últimos adestramentos antes da participación no Campionato de España en Cadiz en Semana Santa.

Aproveitando o bo tempo para os vindeiros días imos dar descanso a Liga Minimeco para que as familias poidan ter unha fin de semana de disfrute familiar. Así, non haberá partidos ate o fin de semana do 13 de febreiro.

Agradecemos a aqueles que se están a facer socios nestes días e recordamos que o período de socio é de un ano dende que a tempada da comezo, e decir, setembro.

Liga Minimeco 4ª xornada.

Podes ver mais fotos da 4º xornada da Liga Minimeco en Fotos do club.

XANEIRO 2011

Luns 31 Estas son algunhas das clasificacións dos equipos do Meco que podes consultar na páxina da Fegaba.

A xornada deixounos un apasionante partido entre o Meco e o Arxil onde as nosas xogadoras demostraron o seu carácter ganador e impuxéronse por 2 puntos nun final cheo de nervos que rematou con bágoas por tódolos lados. Dani Franco, en 5 minutos, remontou a desventaxa de 12 puntos imitando a zona do contrario. Bo partido dos 2 equipos.

Os alevíns A sumaron unha vitoria mais a costa dun bo equipo como o Xuven nun mal partido dos nosos.

Os de Dani Prol deron outro paso mais na súa adaptación á categoría, nun partido típico de alevíns de 1º ano onde as imprecisións se mezclan cos detalles de calidade.

As alevíns de Yago cumpliron cos pronósticos e impuxéronse sin ningún problema ao Peixegalego.

Na Liga Minimeco, Agrícola O Con confírmase como candidato ao título nesta 2ª edición nunha xornada, outra vez, con moita xente nas gradas.


Domingo 30. Tanto nadar para morrer na beira. Outra vez os sénior tiraron de casta, e si ante o Peixe remontaron 28 puntos onte superaron os 20 abaixo no descanso, chegando a dispor de 2 ocasións nos últimos segundos da 1ª prórroga para levarse o partido para O Grove. Tan solo os erros non forzados e a grandísima actuación do no 5 Ares, M. fixeron que o Meco non gañase este partido confirmando que o equipo ten calidade para estar entre os mellores. Parabens chavales.

Venres 28.

A organización do prestixioso Torneo de Baiona acaba de invitar por segundo ano consecutivo aos 2 equipos alevíns (masc. e fem.). que tan brillante papel fixeran o ano pasado. A participación de equipos como Valladolid, Estudiantes de Madrid, Real Madrid, Rivas Futura Madrid, etc. da idea da magnitude deste Torneo.

Tamén os infantís masc. A e fem. A serán os representantes arousanos nun Torneo internacional do que pronto daremos mais información.


Xoves 27. O portal Todogrove.com publicou unha reportaxe sobre a presentación dos equipos do Meco nesta tempada.


Tamén nos últimos días a prensa fixo un seguimento á actividade no club, tanto nas competicións como na presentación.

Martes 25 A estas alturas das distintas ligas, a maioría dos equipos do Meco están situados na parte alta das clasificacións e esto non pode ser visto de outra forma que non sexa o fiel reflexo dun traballo feito día a día tanto polos xogadores como polos adestradores. ¡¡¡Seguir así!!!

Sénior Inf. Masc. A

Alev. Masc. A Infantís Fem

Luns 24. Os alevíns masc. A xogaron un gran partido en Marín e impuxéronse ao Pontevedra a base de garra. Sobresaliente para todo o equipo. Seguimos así imbatidos.

Domingo 23.


Multitudinaria a presentación de onte cando practicamente tódolos xogadores se deron cita no pavillón. Pronto poderemos ver as fotos aquí.


Xogados xa a maioría dos partidos da fin de semana na que destaca a vitoria dos sénior. A mentalidade coa que afrontan os partidos fixo que no derby practicamente o deixaran sentenciado na 1ª parte grazas a unha gran defensa e a concentración en ataque. O equipo está metido nunha dinámica gañadora e seguro que nos vai a dar mais alegrías.

Os infantís, outra vez, non tiveron rival nunha liga desigualada. O xogo non foi brillante, grazas a falta de motivación e ao frío que tamén lles pasou factura as infantís en Vilagarcía onde non amosaron a súa mellor cara.

Os infantís B impuxéronse a domicilio ao BBC 'b'. Moi ben os de Jandro que van dando paso a paso cara a súa adaptación á categoría. Idéntico se pode decir das infantís B que pese á derrota amosaron unha melloría no seu xogo.


Venres 21. Este sábado farémola presentación oficial de tódolos equipos do club. A partir das 16:30 comezaremos a sesión fotográfica de cada equipo para rematar coa foto final de todo o club arredor das 17:15. Queremos, nesta ocasión, batir o número de xogadores nunha foto oficial así que non podes faltar. Hai que estar vestidos coa equipación oficial, roupa coa que se xoga nos partidos. Os xogadores benxamíns serán obsequiados con unha camiseta que será a que usen sempre antes dos partidos.

Os sénior xogan as 18:00 nun partido de rivalidade contra o Xuven e no cal esperamos contar co voso apoio.


Mércores 19. Está subido en videos a reportaxe de Telesalnés.

Luns 17 Xaneiro Tele Salnés ten previsto emitir hoxe unha reportaxe sobre a Escola de Basket do Meco, a partir das 11 da noite e que será repetida mañán ao mediodia. No facebook do Club teremos un enlace á noticia.

Está actualizada a páxina Crónicas con algúns dos partidos disputados esta fin de semana e tamén as estadisticas eclasificacións da II Liga Minimeco.

Boa xornada para os equipos do Meco. Os sénior acadaron a vitoria mais cómoda do que vai de tempada ante un equipo que en ningún momento dou a sensación de poñer en apuros ao equipo de Manu.

Vitoria tamén dos equipos infantís A. Os de Manu non encontraron oposición no equipo B do Peixe mentras que as de Dani Franco tiveron que emplearse a fondo para impoñerse en Marín.

Os equipos B, por outra banda, caeron con moita claridade nos seus emparellamentos.

Pleno de vitorias, no que vai de tempada, dos equipos alevíns.


13 Xaneiro Os partidos do infantil masc. B e do inf. fem. B variaron o seu horario, a petición da delegación de baloncesto por problemas de árbitros, e pasan a celebrarse as 10 da mañán.

12 Xaneiro Están subidos xa os horarios de tódolos partidos desta fin de semana. Reanudamos a liga Minimeco que nesta ocasión será o domingo. Podes consultar horarios e saídas na Circular.

08 Xaneiro Os nosos sénior demostraron unha vez mais a súa progresión ao caer ante un dos mellores equipos por 1 punto e saíndose o balón do aro tras un tiro de Caye no último segundo. Ate 28 puntos foron quen de remontar os nosos demostrando a capacidade de traballo dos de Manu. Son 3 derrotas consecutivas ante os 3 primeiros clasificados das que temos que sair reforzados mentalmente xa que nos 3 partidos tivemos opcións de levar a vitoria.

As rapazas de Dani Franco tiveron que empregarse a fondo para impoñerse ao Rio Ulla. Tanto elas como os equipos B non foron quen de coller o ritmo de xogo despois das vacacións e non amosaron a súa mellor cara.

06.01.11 Os alevíns masc. A comenzarán os adestramentos o vindeiro luns en Rosalía.

04.01.2011 O novo ano da comezo coa xornada que xa temos este fin de semana e na que os sénior teñen un partido dificil en Marín ante o Peixe. Os de Manu queren seguir coa imaxe dos dous últimos partidos nos que, a pesar da derrota, os nosos tiveron opcións ante os 2 favoritos para o título.

Os equipos infantís femininos teñen compromisos na casa que en teoría son asequibles para empezar o ano con vitorias.

Os alevíns A, tanto o masculino como o feminino, viron unha vez mais aprazados os seus partidos ao non poder xogar os rivais. Mala pinta teñen as competicións alevíns que están en peligro ao acumularse partidos que vai ser díficil xogar ao non existir datas dispoñibles.


Mañán mércores hai adestramentos:

10:00 alevíns masc. e femin. 1999/2000 e inf. fem. 'B'

11:00 infantil fem. A

12:00 Sénior

16:00 Inf. Masc. A e Jun. Fem.



30 Novembro 2010

29 Nov. 2010 Hoxe é un día histórico para o deporte local. Por fin se aprobou a petición dun prestamo para entre outras cousas, poder construir o novo pavillón deportivo. Os responsables dos club somos os que realmente valoramos a importancia deste feito, algo que vai cambiar a calidade dos adestramentos de tódolos equipos e vai facilitar que os cidadans teñan mais oportunidades para facer deporte.

28 Nov. 2010 Rematou xa a xornada cos partidos dos alevíns que se manteñen invictos. Os partidos non sendo da mellor calidade polas reducidas pistas de xogo. Este sistema non é practicamente aceptado por ningún dos clubs participantes logo das últimas tempadas xogadas a campo enteiro. De feito, todos están por voltar ao formato anterior para enriquecer o xogo e evitar desplazamentos continuos.

27 Nov. 2010 Os sénior, loitando contra os elementos, acadaron unha vitoria moi importante para seguir nos postos tranquilos da clasificación. 2 prórrogas necesitaron os de Manu para levarse o partido despois de unhas decisións arbitrais raras.


Os infantís acudían á Coruña con 4 baixas e con 2 alevíns para enfrontarse ao posiblemente mellor equipo galego. Os nosos, como pasara no 1º partido, aguantaron os primeiros compases (12-9) no 1º cuarto, e a partir de ahí foron incrementándose as distanzas. Noraboa a este grupo polo gran traballo feito ate o de agora.

26 Nov. 2010

Martín Castro Parada acaba de ser seleccionado para formar parte da Preselección Galega de Minibasket. Mañán vai ter doble xornada ao ter que xogar co Infantil en Coruña e logo, adestrar coa selección tamén na cidade herculina. A progresión, grazas ao seu traballo, que está levando Martín acaba de darlle un premio. ¡Disfruta campión!


Os venres o pavillón Monte da Vila convirtese nun fervedoiro de nenos e nenas. A categoría benxamín está día a día progresando dun xeito incrible grazas sobre todo ao gran traballo do gran grupo de adestradores que son conscientes da importancia que ten a ensinanza do baloncesto nesta etapa.


Importante a xornada para os sénior que xogan un partido trascendente para poder seguir na parte alta da clasificación. Os de Manu van a aproveitar o paron da última xornada para chegar frescos a este compromiso.

Os infantís acuden a Coruña para cumplir o trámite pero coa intención de dar unha boa imaxe.

Os equipos infantís B xogan amigables para non perder o ritmo despois do parón, sin sentido, que provocan os cruces de ascenso.

Os alevíns teñen que seguir con esa racha ascendente coa que comezaron a liga.

23 Nov. 2010 Consulta a programación dos partidos alevíns para o fin de semana. Pinchando nos pavillóns (en naranxa) podes encontrar a ruta para chegar.


21 Novembro 2010 Grande outra vez a festa dos benxamíns. Arredor de 60 nenos e nenas se deron cita no pavillón para deleitar aos maiores con unha clase de baloncesto maxistral.

Ao final da xuntanza cada xogador recibiu o seu premio.


(Crónica e fotos Todogrove) e videos (Dani F.)


O Sant Yago foi un equipo moi superior ao Meco neste partido. Os nosos estiveron metidos no partido ate o 5-6 cando tras unha serie de 6 pérdidas de balón continuadas fixeron que a brecha se abrira a 5-21. Nos coruñeses non solo a súa 'figura' Jonathan despuntou, sinón que os seus compañeiros estiveron moi acertados. O mais importante foi a loita ate o final dos nosos xogadores a pesar da intimidación baixo o aro contrario. No partido de volta imos demostrar que podemos facer mais do que o marcador dixo hoxe.

19 Novembro 2010 O equipo alevín masc. B (ano 2000) xoga en Pontevedra o domingo as 16:30 contra o Baltar, non en Marín como por erro constaba na circular.


Atentos á modificación dos partidos de alevíns xa que hai cambio de rival e tamén de hora en algún partido.

Esta tempada a Liga Minimeco estará coorganizada pola Agrupación Deportiva Val do Salnés dependente da Xunta de Galicia. Nesta ocasión serán 8 os equipos participantes nesta Liga e 4 os participantes na Liga Babymeco. Nos vindeiros días darase a coñecer a composición dos distintos equipos e o calendario definitivo.


A festa previa que pretendíamos montar no partido dos infantís enchendo o pavillón con toda a base e coa presentación das categorías benxamíns e alevíns, quedou 'empañada' por un partido de balonmano a esa mesma hora.


16 Novembro 2010 Co fin de axilizar o trámite, todos aqueles que queirades darvos de alta como socios podedes descargar o impreso de socio numerario para esta tempada, con un prezo de 10 € para menores de 18 anos e 25 € para adultos. Faite socio, únete ao Meco, identifícate co club e o seu proxecto e axuda. É moi necesario.


15 Novembro 2010 Os infantís xa coñecen ao rival nos cruces. Será o Sant Yago da Cidade da Coruña que é considerado como un dos favoritos para proclamarse campión galego da categoría, aínda que os nosos van a aproveitar esta oportunidade para disfrutar e poñerlle as cousas dificiles aos herculinos.

A noticia tivo un sabor agridulce no club xa que, a pesar de encontrarnos posiblemente ao rival menos desexado, poderemos disfrutar de un xogador que en poucos anos estará xogando en ACB, como é Jonathan Barreiro; xogador de 13 anos e pretendido por Madrid, Barça, Juventud, etc. Mira a noticia do As


14 Novembro Sabroso, moi sabroso o sabor de boca que nos deixaron as alevíns en Pontevedra. Nun partido moi igualado as rapazas do Meco impuxéronse a base de coraxe ao Xuven. Brais Rego, que se fai cargo do equipo xa, vai coller un equipo con moita ilusión e con moito camiño que recorrer. Moitas Grazas rapazas por facermo pasar tan ben.

(Foto Paco Castro)

Os alevíns foron moi superiores a o BBC 'B' tanto no xogo como fisicamente e dende o primeiro cuarto marcaron diferencias.

Os partidos neste formato van a ser loitas corpo a corpo e a falta de calidade nos partidos vai ser a nota predominante.

Os sénior cairon en Santiago nun partido que se lles foi das mans no último cuarto.

13 Novembro

O equipo infantil masc. B estrenou a nova equipaxe do Colexio Abrente no partido amigable que hoxe xogaron en Portonovo ante o Baltar. Alejandro aproveitou para dar minutos a tódolos xogadores e practicamente todos foron quen de anotar. Evidente a melloría deste equipo que na Liga vai a ir a mais.


9 Novembro 2010 O Sorteo dos emparellamentos para o ascenso á Liga Galega será o vindeiro Luns 15.


7 Novembro 2010 ¡¡¡¡¡¡CAMPIONS DA PREVIA DA LIGA GALEGA!!!!!

Despois de varias tempadas, os infantís do Meco volven a facerse con un campionato. Neste caso o da Previa de Liga Galega que permitirá aos nosos xogar a doble partido por unha praza na Liga Infantil Autonómica.

Os de Manu tiveron que empregarse a fondo para superar a un correoso Liceo, que se colou na final merecidamente.

(Foto José Dopazo)

As infantís tamén fixeron un gran partido impoñéndose ao Liceo na loita pola 3ª praza. Dani Franco pode sentirse ben orgulloso do papel das rapazas que mostraron un nivel alto de xogo nestes dous partidos.

Na tarde do domingo foi o turno dos mais pequenos do Meco e do Xuven que unha vez mais nos deleitaron co seu bo facer. Foron 3 os partidos que se celebraron e que se decidiron por unha diferencia mínima os 3, permitindo disfrutar de partidos emocionantes.

6 Novembro 2010 Os sénior caeron ante o Cruz Alta de Ourense. Unha pena de partido xa que era un rival asequible. Outra vez cometemos demasiados erros baixos os aros e perdidas de balón mentras que os visitantes mostraban unha alta porcentaxe de tiro, sobre todo mais alá da liña de 3 puntos.


Os infantís cumpríron o pronostico e xa están metidos na final da Previa da Liga Galega. Un arrollador primeiro cuarto do equipo de Manu rompeu o partido nada mais empezar. O parcial de 21-0 neste tempo fixo que o Dorna non puidese crer na vitoria e os nosos xogaron moi cómodos o resto do partido. Gran partido de todo o equipo que saíu moi mentalizado para afrontar esta semifinal.

Na outra semifinal, derby local, o Liceo impúxose para nosa sorpresa a un BBC que non respondeu as expectativas e que non supo impoñer a súa superioridade física ante un sempre peleón Liceo. Estes gañaron por 48-41 nun partido de moitos nervos no comezo.

As infantís fixeron un gran partido e a piques estiveron de meterse tamén na final. Moi igualado o partido que se decidíu nos últimos intres e que podía caer do lado de calquera. Fantástica a tempada que están facendo as nosas e seguro que nos darán algún regalo en forma de título.


3 Novembro 2010 Acercase un fin de semana con moitísima actividade para o noso club.

Os equipos infantís A, tanto o masculino como o feminino, disputan as finais a 4 que darán o campión das distintas ligas arousás. Consulta horarios de tódolos partidos.

O equipo de Manu Bello ten posibilidades de facerse co título aínda que por diante debe librarse de 2 rivais moi dificiles, o Dorna da Arousa - equipo peleón onde os haxa - e o anfitrión, o BBC que presenta un equipo físicamente superior. Os nosos xogadores acuden coas máximas aspiracións.

Mais dificil vai telo o equipo de Daniel Franco que ten que medirse na súa propia casa ao Arxil B para logo nunha hipotética final encontrarse co favorito Arxil A. As nosas rapazas van a disfrutar da experiencia e dalo todo nesta final.


Este vindeiro sábado tamén da comezo o Curso de Adestrador de Iniciación no que tomarán parte 6 dos nosos adestradores. O Curso desenrolarase en 4 xornadas (días 6, 7, 13 e 14 de novembro) e o planning é o seguinte: Ver


Por último, fixéronse xa públicos os calendarios da categoría alevin, no que temos 3 equipos. O Masculino A e o feminino A, ambos adestrados por Anxo Cornes e o Masculino B adestrado por Daniel Prol. A competición dará comezo o día 14 de novembro e ten importantes novidades. Ver Xornada

Os partidos xogaranse os domingos pola tarde e serán en concentración, e dicir, tódolos partidos se disputaran no mesmo pavillón. Así, na 1ª xornada o Masc. A xoga en Cambados contra o BBC 'B' e o Feminino xoga en Pontevedra ante o Xuven de Cambados. O motivo deste sistema de xogo é que deste xeito haberá árbitros do Comité para tódolos partidos.

Calendarios: Masculino A, Feminino A

Ver Regras de Xogo.


31 Outubro 2010


Outra gran tarde de alegría nos deron os mais pequenos do club, os benxamíns. Os amigos do Xuven de Cambados foron os invitados nesta 1ª xuntanza da tempada, e xa se viron as futuras perlas dos 2 clubs. Moitos pais tamén nas bancadas que se volveron a encher como sempre que xogan as estrelas.

30 Outubro 2010 Os sénior deron outro paso adiante no seu xogo e impuxéronse con unha superioridade claro ao Obradoiro. A velocidade dos nosos, a fluidez en ataque e o rebote romperon aos santiagueses que nunca puxeron en perigo a vitoria do Meco.Os infantís A remataron a 1ª fase da Liga invitos e clasifícanse deste xeito para a final a 4 que se disputará o vindeiro domingo. O parcial de 0-26 no primeiro cuarto demostra as claras a diferencia entre os 2 equipos.

O mesmo se pode aplicar ao equipo de Jandro que tivo que sufrir ante o BBC A. A diferencia física e técnica entre os 2 equipos é evidente. Iso si, o equipo está ilusionado e con moitas gañas de traballar e progresar e iso é o importante.

As infantís B de Muchi, a pesar da derrota, fixeron o seu mellor traballo en equipo no que vai de tempada e seguro que de aquí ao final van a mellorar neste aspecto. O importante é a actitude que o equipo mostrou hoxe.

27 Outubro 2010 Xa temos data para o curso de Adestrador ao que van a asistir 6 dos nosos adestradores. Será o 6, 7, 13 e 14 de Novembro en Pontevedra. O club inviste e aposta na formación dos futuros técnicos do club.

Por outra banda, tamén hai data para o inicio da liga alevín na que participarán 3 dos nosos equipos. Haberá 11 equipos masculinos no grupo A Masc. e 10 no Fem. Estos grupos terán un carácter competitivo mentres que o grupo C formado por 7 equipos terá un enfoque formativo. A data de inicio será o 7 de Novembro e farase por sistema de concentración, e decir, xogarase nun pavillón unha xornada enteira ( 5 partidos) que terán árbitros do Comité e se celebrarán os domingos pola tarde.


23 Outubro 2010

Outra imaxe ofreceron hoxe os sénior ante o Seis do Nadal. O equipo saíu con mais agresividade en defensa e alegría en ataque e sobre todo con mais confianza, o que fixo que tiveramos uns porcentaxes de tiro normais. O partido foi moi competido chegándose a prórroga e grazas ao acerto exterior os nosos fóronse pronto a 7 puntos que mantiveron ate o final.

Ver estadísticas.

Os infantís de Jandro lograron unha vitoria in extremis ante o Peixe e cos novos aportando mais en ataque.

Os de Manu non tiveron oposición no equipo de Pontevedra. O partido quedou practicamente visto para sentencia no 1 cuarto.

Notable a progresión das alevíns A que hoxe, coa ausencia de Celia, fixeron o seu mellor partido. Os alevíns de Dani Prol debutaron na categoría en Cambados nun partido que foi dominado polos locais.

19 Outubro 2010 A Xunta Directiva do club convoca a tódolos seus socios á Asamblea Xeral Ordinaria que se celebrara este sábado as 20 horas na Casa da Cultura. Ver Convocatoria.

Os inscritos no curso online para árbitros e oficiais de mesa poden consultar o horario de clases aquí. Pronto se vos facilitará o enlace para recibir as clases por videoconferencia.

O Club comunica que queda pechada a inscripción de xogadores nacidos nos anos 2003 e posteriores debido a masificación da Escola quedando unhas 10 prazas para os nacidos no 2001/02.

17 Outubro 2010 Imaxes do fin de semana.


Intensa foi a xornada do sábado cando os membros da delegación e comité de árbitros explicaron as novas regras, o novo proxecto, etc a un grupo numeroso de xente do Meco. Ver mais fotos.


As infantís pecharon a xornada mellorando moito a imaxe do último partido. Nesta ocasión as nosas puxéronse as pilas en defensa e estiveron 10 puntos abaixo practicamente todo o partido. Ben feito.


Cumpreuse o guión e os infantís impuxéronse con moita dificultade a un Liceo ben ordenado e acertado. Moitos minutos para os menos habituais de Manu que competiron ben.


Mal comezo de liga para os sénior onde caeron xustamente derrotados por un Xuven moi combativo. É dificil encontrar un partido no que os nosos estén tan errados baixo os aros. De feito, o 1º triple foi tras 17 intentos e si a iso lle añadimos as innumerables pérdidas de balón entendense a diferenza no marcador que xa ao descanso era abultada.


Os de Jandro viron o debut de varios xogadores do Abrente. Os do Dorna foron superiores aos nosos. Traballo temos por diante con unha plantilla numerosa que seguro nos dará alegrías de cara o final de tempada.


As infantís A impuxéronse ao Arxil C sin ningún tipo de problemas. Os alevín A siguen mellorando día a día e sobre todo siguen fortalecéndose como grupo.

Por último, os equipos infantís masc B e fem. A enfrontáronse nun partido que servíu para que os representantes do Comité de Árbitros probaran aos novos colexiados e oficiais de mesa.


11 Outubro 2010 Unha das actividades mais relevantes deste vindeiro fin de semana é a visita que os membros do Comité de Árbitros, xunto co Delegado da Delegación Arousá (D. José Luis Renda) van facer o sábado pola tarde. A partir das 16 horas os máximos responsables do Comité (Alberto Castro e Victor Tilve) van a explicar os cambios nas regras de xogo para esta tempada. A esta charla están convocados tódolos membros do club, adestradores e xogadores dende infantil a sénior. A continuación disputarase un partido alevín que será arbitrado e feitas as actas polos xogadores do club e tutelados polos membros do Comité de cara a formar árbitros e oficiais de mesa.

As 17:30 haberá unha charla explicativa para os aspirantes a oficiais e árbitros na Casa da Cultura, onde se presentará o novo proxecto para esta tempada.


Como podedes comprobar nos horarios, practicamente tódolos equipos do club, agás os benxamíns, teñen partidos este fin de semana. Destaca por enriba de todos o infantil masc. 'b' no que van a debutar os xogadores do Colexio Abrente, grazas ao convenio de colaboración con este centro.


11 Outubro 2010 Actualizadas as seccións A Foto e Crónicas.

10 Outubro 2010 Fotos dos sénior ante o Peixe en Todogrove. A xornada rematou cos dos equipos infantís B. Os de Jandro quixeron pero non puideron e, aínda que fixeron bo baloncesto por momentos, a superioridade física dos de Vilagarcía

foi determinante.

As rapazas mostraron a súa inocencia ante un rival mais curtido que defendeu a todo campo ate o final do partido. Quedou claro que aínda temos un gran camiño por diante.

9 Outubro 2010 O Peixegalego de Marín levouse de xeito xusto o 1º Trofeo Festa do Marisco. Despois duns parciais moi igualados nos 3 primeiros cuartos, os de Marín grazas ao seu mellor tiro exterior e maior poderío no rebote, abriron unha brecha no marcador que foi abríndose paulatinamente ate o final do partido. A liga comeza o vindeiro fin de semana e os nosos están practicamente a punto.

Estadísticas do partido:

CB O Meco: Dani Prol (10), Popó, Xoán (8), Bruno (10), Jon (8) –cinco inicial– Juanjo (4), Mario, Cayetano (13), Brais, Palermo.

Peixegalego: Comesaña (9), Santiago (6), Barriga (8), González (8), Minic (8) –cinco inicial– Pereira, Rodríguez, Romero (3), Gregorio (16), Rey (3), Fernández (8), Santiago.

Árbitros: FJ Blanco e JA Aguilar. Sinalaron 20 faltas aos locais e 17 aos visitantes, non houbo excluídos.

Parciais: 11-10, 13-14 (24-24), 23-26 (47-50), 6-19 (53-69).


As infantís 'A' de Dani Franco empezaron moi forte facéndolle fronte ao Arxil 'A'. Despois dun 1º cuarto onde as nosas puxeron toda a enerxía, as nosas cometeron demasiados erros que fixeron que as xogadoras de Lino se foran no marcador. De aí ate o final foi un recital das de Pontevedra.

Os de Manu tiñan en fronte a un rival moi asequible que aproveitou o noso coach para darlle minutos aos menos habituais e aos alevíns. Remata deste xeito o noso equipo invicto.


7 Outubro 2010

No Meco tomamos o baloncesto como algo que vai mais alá do deporte, convertíndose nunha segunda familia, como o demostra a sorpresa que as infantís 'A' lle deron ao seu adestrador en plena pista no día do seu cumpleanos.

6 Outubro 2010 No día de hoxe repartimos os talonarios da lotería de Nadal.

Esta vai ser unha das principais fontes de ingreso para esta tempada de cara a sufragar os moitos gastos que temos. A ver si vendemos moita e nos toca para non esperar a que nos xubilen os xogadores.

5 Outubro 2010 Temos xa os horarios para este fin de semana cando os sénior xogan o 1º Torneo Festa do Marisco ante o Peixegalego de Marín. Será esta a última proba para os 2 equipos antes do comezo da liga do noso equipo, o día 17, ante o Xuven de Cambados.

4 Outubro 2010 Fin de semana perfecto en canto a preparación dos equipos que aínda non están en liga. Tanto Séniors, juniors e alevíns engrasaron a máquina de cara ao inminente comezo das competicións.

1 Outubro 2010 Pleno de vitorias dos equipos infantís do Meco na xornada xogada esta mañá.

Especialmente agradable foi a lograda polo infantil masc. B en Marín xa que estrean o casilleiro de vitorias.Ç