Arquivo de novas 4-5

NOVEMBRO


29/11/09 Facía xa tempo que non había unha xornada na que tódolos nosos equipos gañasen os seus partidos e hoxe os sénior puxeron a guinda con unha gran vitoria no derby co Xuven. Cambio grande de actitude nos xogadores do Meco con moita intensidade en defensa e cometendo poucos erros en ataque. O partido deixou moi bo sabor de boca aos aficionados que se desplazaron a Cambados.


28/11/09

Por fin chegou a primeira vitoria para as alevín fem. 'B'. Cada partido imos a mais e esperemos que esto lles suba a moral.

Tamén os alevíns de Jandro se impuxeron nun bonito e disputado partido ao Xuven. Destacar a extraordinaria dirección de xogo de Tarik.

As alevíns de Muchi foron superiores ao Arxil B dando un pasiño mais e os alevín B dominaron o partido de principio a fin, superando a un Baltar que está crecendo como club.

As cadetes, despois de un inicio dubitativo, superou ao Estrada, co debut de Yaiza.


28/11/09 No apartado Circular podedes consultar o 'papeliño' que se lle entrega aos mais cativos en caso de que o perdesen.


O mais destacado desta fin de semana vai ser o derby comarcal sénior entre o Xuven e o Meco. Os nosos acuden coa dificil tarea de traer os puntos po Grove e dar un paso adiante no xogo. Esperemos ver un partido disputado e deportivo.

Voltan tamén os infantís a competición despois do descanso e a tenor do visto nestas duas semanas o equipo sigue mellorando a pasos axigantados.

Descansan as infantís e viaxan as cadetes a Estrada coa intención de seguir invictas nesta Liga.

Temos tamén 4 partidos alevíns para seguir mellorando partido a partido.


23/11/09

O de onte foi un día histórico para o club xa que se fixo realidade o feito de organizar unha liga benxamín de carácter interno. Un total de 8 equipos participan nesta competición. Vai ser este o viveiro de talentos do club que esperemos se manteña nas vindeiras tempadas.

Crónica e fotos en todogrove.


21/11/09 O Allaríz sin facer nada do outro mundo levouse o partido con apuros. No momento que o Meco defendeu forte viuse o potencial dos nosos, algo do que debemos aprender. O lado negativo estivo nos moitos erros non forzados e nas técnicas. Mellorando no segundo apartado subiremos moitos enteiros.


20/11/09 Estamos as portas de outro fin de semana con moita actividade e con algunhas novidades.

Por un lado os sénior reciben a un duro rival co intención de plantarlle cara e dala sorpresa. Nos nosos debuta Xoan Mouriño, a quen lle desexamos moita sorte e que disfrute.

Por outra banda, o domingo arranca a Liga Minimeco. Esta competición está respaldada polo Servicio de Deportes da Xunta de Galica e encadrada no Deporte Escolar.

Está actualizado o apartado Circular, util para as categorías benxamín e alevín.


18/11/09 Este vindeiro fin de semana dará comezo a esperada 'I LIGA MINIMECO'. É unha mostra mais da aposta do club polo baloncesto de base e un soño feito realidade. Por 1ª vez, e esperemos que dure moito, O Meco organiza un evento desta importancia na que tomarán parte tódolos nenos e nenas benxamíns e prebenxamíns da Escola de Basket.

Esto será posible gracias a colaboración das empresas colaboradoras que patrocinan aos equipos participantes, a Xunta de Galicia e ao Concello do Grove.

A familia do Meco vaise volcar totalmente neste proxecto paraa que todo saía ben. As categorías infantís e cadetes encargaranse de arbitrar e levar as actas dos partidos.

O apoio dos pais é fundamental para que cos seus ánimos os mais novos tomen contacto co basket de competición nun ambiente totalmente familiar.

15/11/09 Os sénior fixeron un mal partido en Baiona caendo nos mesmos erros dos últimos partidos. Un punto mais de intensidade e concentración meteríanos no xogo que buscamos. Seguro que pronto o acadaremos.

As infantís fixéronlle frente ao Arxil no 1º cuarto con unha gran defensa. A rotación de banquillo rompeu o partido a favor das pontevedresas.


Debut das alevíns fem. 'B' coa maior parte do equipo xogando por 1ª vez un partido. Boa imaxe e con moito potencial neste grupo. No partido de hoxe acadaron 35 puntos e pronto veremos resultados.


14/11/09 As cadetes impuxéronse sin problemas ao Liceo. As nosas foron superiores dende o primeiro momento e derónselle moitos minutos as menos habituais. Lamentar a lesión de Tamara e esperamos que se recupere rapidamente.


Tamén os infantís deron un paso adiante moi grande impoñendose ao Xuven e xogando a moi bo nivel. As baixas de Antonio e Samuel, a pouca participación de Manu por enfermidade e a entrada de 2 alevíns (Torres e Castro) non foron impedimento para que os nosos deran mostras da súa progresión.


Os alevíns de Jandro superaron ao Pontevedra e cun parcial de 17-0 no primeiro tempo encamiñaron o partido para xogar comodamente no resto do partido.

Por último, as alevín A nesta ocasión dirixidas por Juanjo, lograron unha vitoria cómoda impoñendose ao Cortegada B.


13/11/09 Novedades. O partido Alevín Masculino A Meco- Pontevedra pasa a disputarse as 12:15, mentras que o Alevín Feminino B Meco-Grove que aprazado a petición do Grove.


11/11/09 Atentos aos partidos do fin de semana. Especial atención aos alevín feminino B (5º) que teñen doble xornada.


10/11/09 A reunión cos xogadores prevista para preparar o concerto de nadal queda aprazada debido ao elevado número de xogadores enfermos victimas da gripe.


Este mércores non haberá adestramentos para os da Escola de Basket (alevíns e benxamíns). Sí que haberá o venres, cando repartiremos a circular co horario de partidos e saídas. Tamén podes consultar os partidos na columna da dereita, en Vindeira Xornada.


08/11/09 Podes seguir os detalles dos partidos no apartado crónicas.


As cadetes puxeron o broche a esta xornada con unha vitoria clara ante o Dorna. Gran partido das nosas baixo os aros, donde foron as dominadoras.


Vitoria dos infantís acadada a base de esforzo. Cada día son mais os detalles técnicos que se lle ven a este equipo.


O Xefe Provincial de Deportes da Xunta acudíu onte a presentación dos equipos do Meco. D. Daniel Benavides mostrou especial interés polo traballo do club coas categorías de minibasket e voltará para ignaugurar a Liga Minimeco que dará comezo proximamente.


Un brote de fiebre no Alevín B femin. impediu que 6 xogadoras puideran xogar. Así pois, tras 2 xornadas aínda non se estrenou o equipo.


Os de Jandro si que acudiron a xogar, aínda que en cuadro, e facendo un desgaste extra superaron ao BBC en Vilagarcía, con destacada actuación de Yami e Anxo.


07/11/09 Día intenso o de hoxe pois aparte dos partidos fixémola presentación dos equipos e foto oficial. Crónica Todogrove. Tamén se celebrou a reunión cos pais do Minibasket para explicar o funcionamento do club.


Por fin chegou a primeira vitoria do sénior. Sufrida pero chegou, e ese parece que vai ser o guión desta tempada. O Pontevedra non supo aproveitar unha posesión final de 8 segundos e a moeda caíu da nosa cara. Esperemos que esta vitoria dé ánimos os nosos e subamos outro peldaño mais.


Os alevín B fixeron un gran partido na Illa da Arousa xogando un primeiro cuarto sobresaliente no que logramos un parcial de 0-24. O resto do partido foi de continua superiorida do Meco ante un xove Dorna que nunca baixou os brazos.


As Alevín A caíron ante o Cortegada A, nun partido igualado nos primeiros cuartos. Un parcial de 0-12 para Cortegada no 3º cuarto fixo que a brecha fose imposible de pechar. Salientar a progresión do equipo que día a día vai a mais.


04/11/09 Temos practicamente planificado o fin de semana cos distintos horarios. Facendo click nos pavillóns dos partidos que xogamos fora abrese un enlace a situación desa instalación en googlemaps. Aparte dos partidos, este sábado farémola presentación de tódolos equipos do club. Será a partir das 4 da tarde do sábado cando se fagan as fotos por equipos e rematando coa foto xeral, que aparecerán tanto nos posters como nos medios de comunicación. Ao remate, a eso das 5:30 e mentras os xogadores quedan na grada cos adestradores esperando o inicio do partido de Liga Galega Sénior, celebrarase unha breve xuntanza cos pais para informarlles da filosofía do club, compromiso, etc. na casa da Cultura. Esta é moi importante e rógase a asistencia dos pais.


03/11/09 Dentro das distintas actividades que o noso club desenrola ao longo do ano imos incluir nesta tempada e no nadal 'Cantigas de Nadal do Meco'. Todos aqueles que queirades participar, ben sexa tocando algún instrumento ou cantando, poñédevos en contacto co voso adestrador. Esta actividade estará organizada por Javi Solla.


1/11/09 Podes consultar xa no apartado Crónicas as anotacións de cada partido.

Co partido das alevín 'A' completouse a xornada e tamén un pleno de vitorias nesta categoría. O destacable de tódolos xeitos non deben ser esos resultados sinón a gran cantidade de xente que forman esas plantillas e a progresión que día a día están mostrando os nosos xogadores.


O Tuy, un dos mellores equipos desta liga, impuxo o seu poderío físico para superarnos. Trás un 1º cuarto igualado, a falta de concentración baixo os aros fixo que os experimentados pivots locais aproveitaran para ampliar rapidamente a diferenza no marcador. Partido a partido temos que intentar ser mais constantes no xogo e evitar eses altibaixos que fan romper a concentración.

OUTUBRO

31/10/09 Abriron esta xornada os alevín B contra o Xuven. Empezaron ben os nosos contra un equipo cambadés moi xoven pero moi ben plantado no campo. Solo cando o cansancio empezou a facer mella neles os nosos fóronse comodamente no marcador.


30/10/09 Consulta os partidos e horas e, recordade os alevíns, que temos que estar 30 minutos antes do comezo dos partidos xa na pista cambiados.

Estamos as portas dunha nova xornada na que os sénior se desplazan a Tui para visitar a un dos equipos mais fortes desta Liga. Os xogadores de Jandro e Raul van a intentar dar a campanada e, sobre todo, seguir aprendendo nesta competición.

Da comezo xa a liga Alevín cos equipos do Meco xogando na casa. O equipo Alevín Fem. 'B' viu suspendido o seu partido ao non poder presentarse o BBC. Así, xogarán contra o Benxamín 'A' de 4º para coller ritmo de competición.

28/10/09 Tuvo lugar onte na Delegación o sorteo das distintas ligas que darán comezo o fin de semana do 8 de novembro. Os infantís quedaron encuadrados nun grupo de 6 equipos, xogándose a ida e volta. Os 4 primeiros clasificados de cada grupo xogarán os cruces para a final a catro.

As infantís están nun grupo de 9 equipos e neste caso non haberá final four, sendo campión o 1º clasificado.

As cadetes, nun grupo de 6 equipos xogarán unha liga de 3 voltas.

25/10/09 Pecharon a previa as infantís con unha vitoria agónica e sufrida. Unha boa primeira parte na que as xogadoras do Meco conseguiron un parcial a favor de 23-5 facía pensar que o partido non tería ningunha complicación. Sen embargo, o Liceo Casino loitou ata o final, e gracias a unha defensa presionante a toda a pista logrou poñerse 2 puntos por riba a falta de 3 minutos (27-29). Un último esforzo das rapazas, con un parcial de 6-1, deulle a victoria ás nosas que case pagan a relaxación con unha derrota.

A lectura que lle debemos facer ao partido dos sénior é que temos que estar mais pendientes do partido e do noso xogo que dos arbitros. O obxetivo co que iniciamos a tempada era disfrutar e aprender e dende logo estas técnicas son unha mancha que para nada cumplen estas expectativas. Esperemos aprender deste partido e mellorar nese aspecto.

24/10/09 Hoxe os sénior tiveron a primeira mostra do que nos pode esperar en algúns partidos fora da casa. Ate un total de sete técnicas nos foron sinaladas por un dos colexiados. Cando os nosos se puxeron 21-19 por diante dou comezo o recital arbitral que acabou por descentrar ó Meco. A diferencia no marcador é esaxerado para a diferencia de nivel dos 2 equipos.

As cadetes perderon as opcións de meterse nos cruces da Liga Galega. A liña de traballo é a adecuada e hai que seguir por ese camiño na vindeira liga Arousá.

23/10/09 Rematamos hoxe a entrega da Revista, a primeira deste ano, e con ela unha nota (circular) que tamén podes consultar aqu

Co inicio das competicións de Mini para o sábado 31 cos 4 equipos alevíns xogando na casa é necesario facer algún amigable aínda que sexa ente nós. Polo tanto, mañá os equipos benxamíns teñen cita a partir das 10:30 no Municipal Monte da Vila, teñen que estar alí 20 minutos antes. Pola tarde, será o turno dos alevíns que xogarán masculino contra feminino.

Xa o decía non sei quen, hai moito tempo, "as cousas de palacio van despacio". Así pois, non poderemos usar Conmeniño de xeito normal ate o vindeiro luns. Atrancos na colocación das canastras no teito impediron o tan desexado comezo dos entrenos alí.

21/10/09 Xa se atopan no pavillón de Conmeniño as canastras colgantes novas. Espérase que mañá, xoves, esten xa colocadas. Estas son eléctricas, e mais cómodas e seguras que as anteriores.

A falta de actividade no Municipal fai que este sábado sexa posible xogar 4 partidos de benxamín pola mañá. Será o estreno para moitos dos nosos novos xogadores.

20/10/09 Onte tivo lugar a reunión para o calendario da categoría alevín na que o noso club presentará 4 equipos. Esta competición dará comezo o 31 de octubre e os nosos equipos debutarán todos na casa. O alevín masc. A recibirá ao Estudiantes, o Fem A recibe ao Cortegada B, o masc B ao Xuven B e o Mixto ao BBC 'B'.

18/10/09 Aínda temos na nosa cabeza o final do partido de onte dos sénior. Unha derrota que nos sabe a vitoria. Podíamos pensar nun triunfo pero a actitude dos xogadores foi de chapeau, podemos mellorar en algunhas facetas do xogo pero temos o mais importante, ilusión. Crónica

As cadetes pecharon a xornada dandoo todo ante o Arxil. As da capital estiveron mais concentradas todo o partido e mais acertadas. O Meco estivo ate o final loitando cada balón e iso é o que conta, non baixar os brazos e intentalo.

17/10/09 Hoxe tivemos unha mostra mais do que pode ser o basket. Despois de celebrar a vitoria e xa con media grada na rúa, os arbitros conceden, de forma xusta, un tempo morto a falta de 2.1 segundos a o equipo visitante. O nº 8 de Cruz Alta sácase un tiro increible que lle da o partido aos de Ourense. Temos que sacar a lectura correcta e destacar o gran traballo do equipo durante todo o partido. A aficción saíu moi contenta da entrega do equipo a pesar da derrota. Están xa subidos os resultados do resto dos partidos na páxina da Fegaba.

As infantís, por fín, acadaron a primeira vitoria da tempada e fixerono en Carril con un gran partido das de Dani Franco.

Tamen os infantís xogaron a bo nivel no amigable de Cambados. A liña é a correcta e a atitude tamén, só o baixo poncentaxe de tiro debaixo do aro nos privou de levar o partido.

O exercito 'alevín' desembarcou en Cambados e deixounos unha imaxe moi boa. Plantilla completas, moita ilusión, moitas gañas, etc. Xusto o que queremos.

15/10/09 Intensa se presenta a vindeira xornada ónde o partido mais destacado vai ser o sénior que recibe ao Cruz Alta de Ourense. Unha incógnita este choque, xa que os nosos son novos na categoría. A intención é dalo todo no campo e facer que a afición disfrute co equipo. Toda a familia do Meco ten que estar aí para apoiar os nosos nesta aventura.

Botan a andar tamén os alevíns e farano en Cambados disputando amigables ante o Xuven. Esta tempada serán 4 os equipos que tomen parte na Liga.

As cadetes teñen un difícil partido e vai ser moi importante o apoio dende a grada para animar as nosas neste encontro. Por outra banda, as infantís viaxan a Carril para seguir nesa progresión como equipo.

12/10/09 Os infantís fixeron un gran partido xogando a un nivel moi bo. O mais importante é a mellora partido a partido xogando en equipo e cada vez con mais xogadores tomando responsabilidade.

As cadetes acadaron a única vitoria para o Meco nesta xornada e fixeronno con unha clara superioridade sobre un Liceo que se presentou con só 5 xogadoras. Gran encontro das nosas que se mostraron superiores en tódalas facetas do xogo. Agora tócanos recibir ao dificil Arxil na vindeira xornada na casa para loitar pola 1ª praza.

As rapazas de Dani Franco repetiron o guión dos infantís. Remontaron 8 puntos de desventaxa no último cuarto colocándose a 1 punto e ahí cometeron algún erro que seguro lles servirá de cara o futuro. Destacar a Lara pola súa intensidade. As baixas de Iria e Silvia non deben ser excusa ante un rival, o Peixe que loitou pola vitoria en todo momento.

11/10/09 Os infantís deixaron escapar un partido que tiveron sempre nas suas mans. A falta de intensidade defensiva unido as relaxación despois de acadar diferencias no marcador de ate 9, 8 e 6 puntos nos distintos tempos fixo que o Dorna se crecera e a base de penetracións se levara o partido. Debutaron en infantís Martín Torres e Martín Castro.

09/10/09 Neste fin de semana do Marisco, imos ter un pequeno empacho de partidos e esperemos que tamén de bo xogo. Sobre todo dos sénior que teñen a última prueba antes do comezo da liga o vindeiro sábado 17. Voltamos a xogar co Xuven e esperemos que correxindo os erros do 1º partido.

As cadetes reciben ao Liceo nun partido na que as nosas non deberían ter problemas xa que as de Vilagarcía son novas na categoría. Tamén as infantís visitan a un equipo novo, o Peixe, e debería ser un partido asequible para as de Dani Franco.

Os infantís viaxan a Illa da Arousa coa intención de seguir invitos na Liga e recibir ao Grove o luns nun partido interesante para decidir o 1º de grupo.

07/10/09 Os mais novos están xa desexando xogar algún partido. Recordamos que para facer a ficha é obrigatorio traer a Autorización, Licencia, fotocopia do DNI e foto carné. Sin estos non se pode xogar.

Falta pouco para que de comezo a liga Sénior FGB, e con ela presentaremos as novidades deste ano. Ese día salirá a rúa un novo número da Revista O Meco, que estará editada por Todogrove. Tamén poderemos coñercer a todos esos patrocinadores que son os verdadeiros artifices de que este novo soño salga adiante.

Cada día son mais as visitas a nosa páxina web. Tanto dende o Grove como do resto de Galicia e algúns puntos de España, son mais as personas interesadas en coñecer a actualidade do noso club. Un total de 146 visitas tivemos onte.

06/10/09 Nova do Diario de Pontevedra de hoxe correspondente ao partido dos infantís.

04/10/09 Os nosos infantís foron superiores a un Marín que loitou para intentar que o partido non se lles fora. O Meco grazas a contraataques foi escapándose no marcador e xa no último, os locais baixaron os brazos conseguindo os nosos un parcial de 9-26.

As infantís, por outra banda, caeron ante un rival mellor. Notouse que somos todas de 1º no e temos que seguir traballando. O mais importante foi a actitude de loita todo o partido.

03/10/09 As cadetes tiveron que facer un esforzo extra para derrotar ao Estrada e comezar a liga con vitoria. A Decada Prodixiosa deixounas un pouco dormidas, pero logo do descanso puxémonos as pilas en defensa e superamos sin problemas ao noso rival.

02/10/09 Estas son duas fotos do pavillón de Conmeniño minutos antes de rematar a colocación da pista. Hai que agradecer o esforzo que o Concello leva feito neste tempo, tanto as canastras do Monte da Vila, a pista de Conmeniño e as novas canastras deste último, son claros exemplos. Si se consigue ademais acabar Bizocas, ou o pavillón novo terémos solucionado o problema deportivo para moito tempo.

Para os pais, recordamos que é obrigatorio devolver a roupa de xogo da tempada pasada (pantalón e camiseta negras), xa que se vai a entregar equipaxe nova. Aclaramos tamén que as categorías son as seguintes:

benxamín: nacidos nos anos 2000, 2001 e 2002.

alevíns: 98 e 99

infantís: 96 e 97

Temos xa ahí as portas outro fin de semana para confirmar o bo comezo de tempada. Partido dificil, a priori, para as infantís ante un rival, o Rio Ulla , que se move nun nivel similar ao noso. As cadetes péganse un madrugón para xogar na Estrada e esperemos que regresen con unha vitoria, xa que as nosas teñen que ser un dos cocos desta tempada. Por último, os infantís seguro que nos van a dar unha sorpresa. O feito de ser de primer ano, non significa que sean cenicientas, e están moi motivados.

Por outra banda, o pavillón de Conmeniño está a punto de rematar as obras e esperemos que tamén instalen as novas canastas. O feito de non poder adestrar xoves e venres estanos a mermar na preparación dos partidos. Seguro que vai valer a pena a espera.

27/09/09 Recordade que en Crónicas podedes ver os puntos por xogadores, parciales, etc así como a acta do partido.

Os infantís pecharon a xornada con unha vitoria ante o BBC. Bo partido do noso equipo que comezou un pouco nervoso, pero foi de menos a mais e acabou superando ao BBC a base de velocidade e penetracións.

26/09/09 Abríuse a tempada oficial co partido das infantís en Pontevedra ante o Arxil e as novas non podían ser mellores. As rapazas que este ano leva Dani Franco fixeron un gran partido e a punto estiveron de levarse o triunfo. O mais importante foi este primeiro paso dos moitos que ten que dar este equipo.

As cadetes viron suspendido o seu partido por problemas do Liceo a hora de presentar a documentación. Problema que será arranxado este vindeiro luns e esperemos xogalo en breve.

Derrota dos sénior no amigable co Xuven. Un parcial de 12-0 para os de Cambados abreu unha brecha que xa non fumos quen de pechar. A cara foi a intensidade dos nosos e a cruz os típicos erros de pretemporada, falta de concentración e demasiados erros no tiro. A actitude é moi boa e a partir de ahí temos que mellorar.

23/09/09 Bueno, pois por fin arrancamos e debuta aínda que non de xeito oficial o Sénior, que se enfrentará nun amistoso a o Xuven de Cambados. Tamén as cadetes, infantil fem. e masc dan comezo a súas competicións. Facemos un chamamento dende aquí a afición para que acuda a animar os nosos equipos e darlle vida o Municipal.

Este venres as 20:30 na Casa da Cultura o noso club celebrará a Asamblea Xeral de Socios anual. A ela están convocados tódolos socios do club.

CAMPIONS DE EUROPA

20/09/09 Por primeira vez España proclamase campión de Europa. Só se pode xogar tan ben cando dispós de un grupo humano tan unido.

Hoxe poñemos aquí o dibuxo que Gogue nos adicou no ano 2003 cando Gasol era aínda moi novo, e que nos sirve de homaxe.

Esperemos que moitos dos nosos xoves xogadores viran o partido, disfrutaran e aprenderan vendo a este superequipo.

NORABOA CAMPIONS


16/09/09 Este venres hai adestramentos pola mañán para infantil masc. (as 12) no pavillón Monte da Vila.

15/09/09 As ligas infantil masc, infantil fem. e cadete fem. dan comezo o sábado 26 de setembro. As infantís están nun grupo de 6 equipos (Cortegada, Rio Ulla, Peixe, Meco, Arxil e Liceo). Os infantís competirán contra BBC 'A', Grove, Peixe e Dorna. Hai 2 grupos con un total de 9 equipos. Por último, as cadetes terán que verse as caras con Dorna, Arxil, Estrada e Liceo. Podes consultalos partidos da xornada ahí a dereita.

Mañan hai que levar fotocopia de Dni, foto, licencia e autorización. Podes descargalas aqui mesmo.

14/09/09 Hoxe fíxose o reparto do folleto nos diferentes colexios do Grove para a captación de xogadores para o noso club. Queremos animalos a probar e, si lles gusta, seguir disfrutando deste deporte. No Meco, os mais novos son os verdadeiros protagonistas. Este mércores pode ser un caos, porque xa hai unha cantidade grande de nenos, pero valerá a pena.

A aposta forte desta tempada vai ser a liga Minimeco 4x4 de categoría benxamín (2º, 3º e 4º de Primaria). Esta liga dará comezo despois de un período de aprendizaxe por parte dos novos xogadores. Esta competición evitará desprazamentos fora de Grove xa que se xogará o fin de semana no Grove e durará arredor de 1 hora e cuarto.

11/09/09 Queda xa menos tempo para o inicio das diferentes ligas e é hora xa de empezar o papeleo (fotos, autorizacións, etc.) Podes xa traer 1 foto, descargar e traer firmada esta autorización paterna para infanti e mini, e por último descargar licencia e traer 1 delas cuberta a exceprión do apartado médico

10/09/09 Os equipos da Escola (benxamíns e alevíns) comezan os adestramentos o mércores 16, polo que este venres non hai actividade para os mais pequenos.

08/09/09 Coñecese xa o calendario dos sénior na Liiga Autonómica. Esta competición dará comezo o día 18 de outubro e rematará o 21 de Marzo. Para alegría dos xogadores esquivaremos a Festa do Marisco e carnavais, xa que non haberá xornadas nesas datas. A liga abrese na casa contra o Cruz Alta de Ourense e xogaremos tódolos sábados as 18:00

Os rapaces de Minibasket (de 2º a 6º de Primaria) comezan a adestrar co inicio do curso. Este venres (as 4 os de 2º, 3º e 4º, e as 5 os de 5º e 6º) será a primeira sesión.

Tedes xa a vosa disposición o horario de adestramentos definitivo para esta tempada, e unha vez que en Conmeniño rematen as obras.

Seguimos adestrando con normalidade no Municipal. Atentos á páxina porque os horarios poden variar nestes días ao non dispoñer de Conmeniño. Dende o Concello, despois do agasallo das canastras do Monte da Vila o ano pasado, comunícannos que o pavillón de Conmeniño vai levar caucho, o utilizado nas olimpiadas, e canastras novas tanto para os maiores como para os de minibasket.

03/09/09 Hai cousas que casi non se ven e teñen moita importancia. Levábamos un ano loitando coas canastas novas, que se bloquean, que están baixas, etc. e que por certo, estaban 6 cm mais baixos do normal. Hoxe, Alejandro Padín 'desarmou' as canastas e deixounas perfectas. Xa non hai bloqueos e están a 3,05, así que haber quen é capaz de machacar agora.

Como di o refrán teremos que facer 'de tripas corazón' e amoldarnos a este inxusto horario que nos correspondeu. As horas que temos no pavillón son as mesmas da tempasa pasada. Perdemos horas no de Conminiño, algo que resulta inexplicable sendo o único club que subimos fichas.

Así pois, o horario para sénior, infantís e cadetes é:

Sénior: Luns, Mércores e Venres as 21:30 (o V. en Conminiño) Cadetes: L 20:30, Mer 19:30, e Xo 18:30 (Conm.) Infantil Fem. L 20:30, Mer 20:30 e Ve 20:00 21:30 (Conm.) Infantil Masc. Ma 16:15 (Conm), Me 16:00 e V 19:30 (Conm)

Ate o remate das obras en Conminiño tódolos adestramentos terán lugar no Pav. Monte da Vila

01/09/09 Comeza o curso baloncestistico 09/10 e non podía empezar de peor forma. Na reunión de horarios celebrada no concello decidíuse por 1ª vez distribuir as horas en función das categorías de cada club.

O Meco que ben facendo un traballo de promoción de baloncesto dende a súa fundación veuse perxudicado de forma clara polo concello. Así, aínda que dende a casa consistorial recoñecen a maior actividade do noso club en canto a número de rapaces con respecto a outros clubs, non nos vimos correspondidos no reparto das horas. A concellalía de Deportes non ten ningún criterio para este reparto e así deixa en mans dos clubs esta función chegando as provocar enfrentamentos e lavándose as mans neste cometido, cando debería ser o seu traballo establecer un criterio de reparto. Nesta ocasión as Escolas Deportivas Municipales foron as perxudicadas en beneficio das categorías maiores.

Polo tanto, o noso club vese na obriga de non ofrecer baloncesto nesta tempada aos nenos de 1º de Primaria mentras non se arregle este desaguisado.