Arquivo de novas 1

XULLO

07/07/08. a partir do vindeiro día 9, comezan os adestramentos para os ALEVÍNS e BENXAMÍNS que o desexen. Todos os MERCORES e VENRES de 12.00 a 14.00 horas no pavillón municipal dos deportes.

XUÑO

16/06/08. O DOMINGO 22 pecharemos a FESTA FIN DE TEMPADA coa churrascada no MONTE SIRADELLA. a partir das 12.00 horas teremos diferentes xogos populares e as 14.00 horas daremos paso á papatoria. (churrasco, criollos, sardiñas, pan, auga, viño, café) CORREDE A VOZ. Aínda que todo indica que o tempo acompañará esta vez, en caso de que por mala sorte se poña a chover, a papatoria será no COLEXIO CONMENIÑO.

15/06/08. Este domingo celebramos parte da FESTA FIN DE TEMPADA, xa que o tempo non acompañou e tivemos que aprazar a churrascada na siradella. De todos modos, puidemos divertirnos no pavillón cos xogos e cos tres enconros entre pais e fillos. [foto: www.todogrove.com]

08/06/08. AS JÚNIOR CAMPIONAS DE COPA ZONAL

O equipo júnior feminino logrou, esta tarde, o título de copa zonal logo de gañarlle ao xuven por 46-39. FELICIDADES CAMPIONAS.

As infantís non tiveron tanta sorte e caeron derrotadas ante o CB Arxil nun encontro que dominamos na primeira parte. De todos modos, o subcampionato de copa sumado co sucbampionato de liga son dous éxitos enormes para as rapazas que dirixe Andrea. FELICIDADES POR ESTA GRAN TEMPADA.

02/06/08 Os equipos júnior feminino e infantil feminino disputarán o vindeiro domingo a FINAL DA COPA ZONAL. O equipo de Brais logrou o pase tras derrotar o pasado xoves ao Baltar (46-36) e as xogadoras de Andrea derrotaron inestremis ao CB Arxil (40-39), este domingo. Ámbolos dous equipos xogarán as suas respectivas finais na mesma pista, o pavillón de Cambados. O infantil feminino ás 17.00 horas ante o CB Arxil e o júnior feminino ás 19.00 horas ante o Xuven.

O club porá a disposición dos afeccionados un autobús para ir animar as rapazas nos derradeiros encontros da tempada. As prazas son limitadas polo que os que desexen viaxar no bus deben avisar canto antes.

MAIO

23/05/08

Xa podes descargar o número 16 da revista oficial do club. Este mes vai dedicada á Convivencia Minibaket 2008.

19/05/08 Xa hai data para a "FESTA FIN DE TEMPADA". O vindeiro 15 de xuño será a data na que nos xuntaremos, como todos os anos, na Siradella para compartir unha suculenta comilona. Correde a voz.

18/05/08 O equipo júnior clasificaouse para a final a catro da copa zonal logo de gañar de 17 puntos, no derbi ao CB Grove. ver fotos en todogrove.com

Ás júnior de Brais lograron vencer na cancha do Riu Ulla e están máis preto de clasificarse para a final da Copa. O equipo infantil tivo peor sorte e necesita gañar ao todo poderoso Arxil, para a semana no Grove. ver fotos en todogrove.com

16/05/08 Deu comezo por fín, a nosa liga Minimeco. A competición, aínda que con un pouco de retraso, completou a primeira xornada e tamén un partido adiantado da segunda.

No que atinxe as ligas da arosana, temos enfrentamento entre os alevíns B e C. O alevín A veu posposto o partido debido as celebracións das comunións nesta data.

O infantil femenino recibe ao Cortegada nesta nova xornada de copa. Un Cortegada que seguro que vai intentar facer algo na Copa despois de non poder coa Liga. Diante van a ter as nosas rapazas que están famentas tamén de algo positivo para remata-la tempada.

Os junior de Manu xogan contra o Grove nun partido de rivalidade local e con algunhas baixas no noso equipo.

As junior viaxan a Cesures coa intención de traer algo positivo.

08/05/08

Están subídas xa as fotos da Convivencia que vimos de celebrar. Podes ver aqui, as dos partidos (219 fotos) e tamén aquí as da entrega de medallas e de equipo, (71 fotos). Unha vez mais, felicitar a Josh por ese incrible traballo de fotografías, cortar, etc. Seguro que non nos vai defraudar coa Revista deste mes sobre a convivencia. Parabens, Josh.

Estamos xa as portas de outro fin de semana. Os 3 equipos alevíns xogan na casa. Estando no mes de Maio, metidos na recta final, respirase alegría e ilusión na Escola de Basket. Practicamente todos os nenos acuden os adestramentos e poñen o máximo. A vindeira semana dará comezo a nova 'Liga Minimeco', equipos con un mínimo de 4 e un máximo de 6 xogadores. Os partidos serán de 4x4 e con 2 tempos de 10 minutos a reloxo corrído. Hai un total de 9 equipos e xogaráse os venres de 4 a 6 ou os sábados si o horario o permite. O club vaille regalar a cada xogador unha equipaxe de baloncesto. Podes consultar a composición dos equipos no apartado 'liga Minimeco', asi como o calendario, nos vindeiros días.

05/05/08

Despois de unha ardua tarefa de investigación conseguimos descifrar o resultado dos partidos da convivencia e sorprendentemente para nós (seguro que pa vós tamén) hubo un empate en cabeza entre todos os equipos nos 3 grupos. Polo que declaramos campeóns da Convivencia a todos os nenos e nenas benxamíns que participaron. Parabens a todos.

Unha vez rematada a convivencia voltamos de novo a competición. A maioría das categorías superiores están paradas, ou a espera de que rematen as ligas para empezar a Copa. O vacio de poder na Delegación seguro que vai pasar factura, e sinón o tempo o dirá. Está claro que a Fegaba está desexando pasar páxina desta tempada horrible. E moito vai ter que traballar para levar este barco a bo porto.

Os nosos alevíns xogaron. O Alevín A caíu nun partido con algunhas baixas, que unidas as demasiadas perdas de balón nada puderon facer ante os chavales do Xuven.

Os de Alejandro recibían a un Poio con tan solo 5 xogadores que acabaron agotados e rendidos ante a superioridade e rapidez dos nosos.

01/05/08

REMATOU A CONVIVENCIA MINIBASKET 2008. Outro ano máis o club dou todo de sí para que esta xornada sexa da ledicia dos nenos e nenas que participan nela, así como de tod@s @s asistentes. Esperamos que o pasaran ben neste día de amizade e convivencia.

Podedes ver a noticia que publicou TODOGROVE.COM e un adianto das fotos. Pincha AQUÍ

ATENTOS AOS VINDEIROS DÍAS, subiremos os RESULTADOS dos encontros [Aínda que isto é o de menos] e tentaremos ter listas TODAS AS FOTOS para subilas nunha galería. Si alguén ten fotos e quere compartilas, pode facelo enviandoas a cbomeco@gmail.com

Dende o club queremos facer publico o noso agradecemento a todas as empresas COLABORADORAS, á ANPA DO CEIP VALLE-INCLAN polos diversos xogos populares cedidos, aos ÁRBITROS da Delegación Arousá que estiveron arbitrando os encontros durante todo o día, Aos membros de PROTECCIÓN CIVIL que estiveron alí toda a xornada e SOBRE TODO aos máis de 40 VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS que desinteresadamente traballaron para que todo saíra ben e que os máis cativos o pasaran en grande. TAMÉN AOS FAMILIARES DOS XOGADORES POLA ASISTENCIA E OS ÁNIMOS E APLAUSOS QUE DERON A TODOS OS/AS XOGADORES/AS DENDE AS GRADAS. MOITAS GRAZAS.

ABRIL

22/04/08

Sorte dispar para os nosos equipos neste fin de semana pasado. O Alevín A nada puido facer ante as nenas do Arxil. As que están dando unha alegría detrás de outra son as rapazas de Dani e Nacho, outra vitoria e con remontada emocionante. Os de Jandro siguen na súa liña, un equipo gañador e pelexón onde os haxa.

As Infantiles xogaron contra o Pio XII, campión de Santiago para loitar por unha das prazas que dar acceso a Copa Galicia. As baixas das irmás García acrecentaron a diferencia que existia entre os dous equipos. As nosas loitaron, de tódolos xeitos, como en elas é habitual e disfrutaron desta experiencia.

O pasado domingo tamén se celebrou no Pavillón un adestramento da Preselección Arosana Alevín e que contou con importante presenza do Meco. Aos adestradores Manu Bello e Dani Franco hai que sumarlle os xogadores Manu, Rodri e Xoel. Esperemos que teñan sorte e sean capaces de entrar.

E o vindeiro fin de semana tocalle o turno as nenas. Seguro que algunha delas entra, porque están nun momento de forma fantástica.

22/04/08

Sorte dispar para os nosos equipos neste fin de semana pasado. O Alevín A nada puido facer ante as nenas do Arxil. As que están dando unha alegría detrás de outra son as rapazas de Dani e Nacho, outra vitoria e con remontada emocionante. Os de Jandro siguen na súa liña, un equipo gañador e pelexón onde os haxa.

As Infantiles xogaron contra o Pio XII, campión de Santiago para loitar por unha das prazas que dar acceso a Copa Galicia. As baixas das irmás García acrecentaron a diferencia que existia entre os dous equipos. As nosas loitaron, de tódolos xeitos, como en elas é habitual e disfrutaron desta experiencia.

O pasado domingo tamén se celebrou no Pavillón un adestramento da Preselección Arosana Alevín e que contou con importante presenza do Meco. Aos adestradores Manu Bello e Dani Franco hai que sumarlle os xogadores Manu, Rodri e Xoel. Esperemos que teñan sorte e sean capaces de entrar.

E o vindeiro fin de semana tocalle o turno as nenas. Seguro que algunha delas entra, porque están nun momento de forma fantástica

17/04/08

Deixamos atrás xa a final four e seguimos coas competicións. Esta vez, e tras o descanso dos senior e junior, tocalles o turno as infantiles e os alevíns.

As infantiles despois de quedar segundas na liga tocalles xogar o cruce contra o Pio XII de Santiago buscando unha praza para a Copa Galicia. A ver si as rapazas siguen nesa liña e nos dan unha sorpresa.

13/04/08

FINAL FOUR: MECO 73 - LAXE 76

Moitos de nos firmaríamos chegar a final, fai uns dias, e ter as opcion que tivemos, nas condicións nas que chegaba o equipo. Non imos acordarnos das baixas que había porque os que xogaron deronno todo e tiveron o titulo nas mans pero un ultimo cuarto do laxe de fabula e a precipitación dos nosos xovenes xogadores fixo que os de Marín tiveran o regalo de reyes por adiantado. Unha vez mais temos que estar moi orgullosos do derroche posto polos nosos na pista.

BEN FEITO, CHAVALES.

Parabens tamén a Manu, que unha vez levou a o seu grupo e tamén os junior a estar no podium, entre os mellores.

RESULTADOS FINAL FOUR

Laxe 68 - Arxil 67

Meco 70 - Umia 69

Impresionante outro ano mais a Final Four organizada polo noso club. Moita xente nas bancadas, ambiente de basket e sobre todo emoción nos 2 partidos. Os nosos fixeron unha gran primeira parte diante do Umia. Ate 17 puntos tiñamos de aventaxe no descanso. Pero o partido deu a volta e os nosos non tiveron acerto no tiro exterior e permitimos o Umia ter opcións de gañar. Ao final ao lotería caeu como case sempre do noso lado. A final ante o Laxe vai ser outra historia. A ver como responde a xente. A bancada ten que estar mais ateigada e ruidoso que nunca.

09/04/08:

Acercase o sábado 12 e con él a Final a 4 da Liga Senior da que o Meco é o vixente Campeón e que mais tarde quedou as portas do ascenso a Autonómica. Volvese a repetir a final, e cos 2 principais protagonistas da tempada pasada, Laxe e Meco. Esta vez o verdadeiro favorito son os de Marín ainda que xa todos coñecedes ó Meco nas finais. As baixas de Jon e Prol temos que sustituilas polo apoio da xente do Meco na bancada. Alí temos que estar todos animando os nosos campións.

SEMIFINAL: Sábado 18:00 horas. Laxe Marín - C.B. Arxil

SEMIFINAL: Sábado 20:00 horas: C.B. O MECO - C.B. Umia

FINAL: Domingo ás 17:00 horas.

05/04/08

Podedes acceder a todalas fotos do club, no apartado Fotos do Club

Abriron a xornada as alevíns no partido que as enfrontou as nenas do Cortegada. As rapazas de Dani e Nacho gañaron non bonito e deportivo partido e onde os pais das nenas visitantes protagonizaron a nota negativa xa que dende o inicio do partido non pararon de increpar tanto a mesa como ao arbitro. Curiosa maneira de ‘deformar’ aos nenos.

Xa pola tarde os equipos benxamíns se desprazaron a Marín para participar na Convivencia organizada polo Peixe. Tan solo 4 equipos tomaron parte neste evento, 1 do Peixe, 1 do Cidade de Pontevedra e 2 do Meco. Os nosos equipos realizaron uns bos partidos gañando todos os disputados o de Alejandro, demostrando que xogar este ano en alevín fíxolles dar un paso adiante e gañando 1 partido os de Anxo.

04/04/08

Cristina Tarrío, Delegada da Delegación Arosana, presentou a súa dimisión irrevocable. A falta de apoios por parte dos clubs e posiblemente tamén dos estamentos superiores fixo que a ilusión de Cristina rompera. Ainda que empezou de xeito dubitativo e con algún encontronazo persoal non debemos negarlle o merito que ten conquerir levar as competicións ate a o final sumandolle un gran sacrificio persoal e familiar, tendo que facer hasta de auxiliar de mesa. Dende o Meco damoslle as gracias por esa dedicación e esforzo.

Estamos diante dun fin de semana pobre en canto a competicións xa que tantos os senior como os alevins A e C non teñen xornada. Os senior a espera da final a 4, do vindeiro fin de semana si é que se resolven os problemas do comité. Os junior din adeus a Liga Galega recibindo nesta derradeira xornada ao Canteiras de Porriño. As infantiles da man de Brais nesta ocasión reciben ao Dorna a que xa derrotaron na liga en 2 ocasións. As Junior reciben ao Peleteiro. Por ultimo, os benxamíns teñen unha convivencia donde seguro que o calor será a estrela que mais brile.

MARZO

30/03/08

Está subida xa a entrevista a 'Xoel' do Alevín A, un crack.

A gala do deporte deixounos coa mel nos labios despois de que o noso club non levase ningún dos premios para os que estaba nominado.. Podes ver as fotos e premiados en www.todogrove.com , quenes por certo levaron o premio dos medios de comunicación. Parabens a Kike e o seu equipo.

Completouse xa a xornada con resultados adversos en todolos equipos. Os senior xogaban un partido de tramite en Marín, donde Manu aproveitou o partido para ensaiar cousas novas para a final a 4. O partido decidiuse despois de unha prorroga para o Peixe, que necesitaba a victoria para non descender.

Os junior visitaron ao Lugo e tal como estaba marcado no guión os nosos loitaron contra un xigante que aspira a conquistar o titulo galego.

29/03/08

Os equipos alevíns abriron a xornada con partidos do A e B. Nada puderon facer os nosos diante duns rivales superiores, ainda que os chavales tiveron opcións, un último tempo malo fixo que o parcial fora definitivo.

As junior viron o seu partido de novo aprazado e xa van uns cuantos. Volvese a repetir a historia do ano pasado donde a falta de inactividade fixo que as rapazas perderan interés.

26/03/08

Temos xa a xornada vindeira posta na páxina. Os equipos da Escola podedes comprobar os horarios de saída no apartado 'circular'

Levamos uns cantos intentos fallidos tentando ter un detalle coa Residencia Santo Angel, en forma de concerto para os maiores. Así que, todos aqueles que queirades e podades e, por suposto, sepades tocar unha peza musical poñerse en contacto con Anxo. O concerto sería un venres pola tarde a iso das 4.

25/03/08 GALA DO DEPORTE MECO 2008

Hoxe sairon á luz as nominacións para a IV Gala do Deporte Meco. O noso club conta con 6 nominacións:

- Mellor deportista masculino amateur: Jon Ander Serén.

- Mellor promesa feminina: Andrea Campos.

- Mellor adestrador: Manu Bello.

- Mención ao equipo directivo.

- Mención ao club polo traballo coa base.

- Mellor evento deportivo: Convivencia Minibasket 2007.

Ademais a "Residencia para mayores Santo Angel" está nominada no apartado mención ao Patrocinador.

A Gala celebrarase o vindeiro domingo 30 no Cine o Marino e alí coñecerase os gañadores de cada categoría. Máis información www.todogrove.com

20/03/08 A basketcup rematou e puxo practicamente o punto e final a unha semana de vacacións e festa para todos os nosos. Alí o acto mais espectacular para nos foi a entrega do trofeo de mellor adestrador a Manu, das mans de Fernando Romay [Foto: Todogrove.com]. De novo parabéns, e esperemos seguir disfrutandote moitos anos.

Dende a nosa páxina queremos agradecer ao equipo organizador deste evento a invitación que nos fixeron e todalas mostras de amabilidade e cariño que tiveron con nós.

20/03/08 Remataron os nosos equipos a súa participación na Basketcup base deste ano con sorte dispar no que atinxe os resultados dos partidos pero con un denominador común, a diversión. Os do Meco convivimos e respiramos durante estes días coa familia do basket, unha familia moi grande chegada de toda a península Ibérica, Europa e tamén de América cos seus olleadores da NBA que tiveron a oportunidade de ver os nosos rapaces. Non houbo actividade na que os nosos non participaran, e como mostra un botón, pincha nestasfotos basketcup 08

19/03/08. Hoxe comeza a Vilagarcía Basket Cup.

Pola mañá os nosos pequenos xa disputaron algúns encontros e disfrutaron das actividades que se celebran arredor das canchas. [Fotos: www.todogrove.com]

[ver calendario da VBC Base]

Pola tarde, Manu Bello recibirá o Premio Basket Cub ao mellor adestrador no intermedio do encontro entre Galicia e España. [ver calendario de encontros]


18/03/08 Damos comezo a esta Semana Santa de festa coa convivencia de Poio donde os alevíns, tanto masculino como femenino, xogaron e o pasaron en grande. A verdade é que nos votamos unhas risas .....FotosPoio 08

16/03/08

Completada xa a xornada coa derrota dos junior nun partido de baixa calidade, donde a baixa inicial de Prol debilitaba ó Meco. Pero nada mais lexos da realidade, o Meco foise ao descanso con desventaxa de 1 punto, e con opcións de dala sorpresa. Tras a reanudación e despois do susto de Bruno e co parón de xogo o Cob conseguiu unha renta que xa non deixou escapar. ESTADISTICAS

Os Alevín C,de Jandro, derrotaron ao Grove B nun partido de claro dominio Meco. E os mais pequenos xogaron en Cambados. Tanto o Benxamín B como o C tiveron que loitar con equipos fisicamente superiores.

15/03/08

Derrota dos senior en Marín diante dun Laxe que empezou o partido demostrando porque está lider e sacando xa unha ventaxa no primeiro tempo que tentou administrar. A falta de manexadores de balon no noso equipo facía dificil a fluidez no noso xogo. Tras o descanso, o Meco puxose as pilas e empleouse en defensa poñendose a 5 puntos nos minutos finais. Moi boas sensacións nos quedaron pola entrega dos nosos. O vindeiro luns volvemonos a ver as caras co Laxe para rematalo partido aprazado pola humidade na primeira volta e con desventaxa no marcador de 17 puntos. As cartas xa están botadas. Esperemos que tanto Jon como Dani Prol se recuperen das súas lesións e cheguen a final four en condicións. ESTADISTICAS

13/03/08

A Escola vai ter unha frenética e inolvidable semana coa gran cantidade de partidos e actividades programadas. Para mais información pinchar na circular de arriba, onde encontraredes toda a información.

As infantís teñen un partido de ‘tramite’ en Pontecesures diante dun rival novo e onde a superioridade do Meco xa quedou de manifesto no partido xogado no Grove.

Os júnior reciben ao Cob e tentarán de lavar a imaxe deixada na cidade da Burgas fai escaso tempo. Agora con Dani Pról e Bruno tentaremos buscar a primeira vitoria, aínda que soe a bravata.

Os sénior xogan un partido interesante ante o rival mais poderoso desta tempada, o Laxe. Unha vitoria en Marín daríanos opcións de poder aspirar a primeira praza da liga regular. Unha derrota non cambiaría nada.

12/03/08

Está confirmado xa o calendario da Basketcup. O noso club participará con equipos benxamíns A e B, e Alevín B que xogarán o mércores. E o alevín A e infantil femenino que xogarán o xoves.

O alevín A estará composto polos rapaces e o B polas rapazas.

O benxamín A será o de Alejandro e o B o de Anxo.

É súper importante que si algún xogador non pode ir debe comunicalo a Anxo.

Podedes comprobalo calendario de partidos aquí.

11/03/08

Acercase xa a Semana Santa e con ela os tipicos partidos e Torneos desta epoca. O martes os equipos alevíns A e B participarán nun Torneo en Poio que dará comenzo as 10:30 e rematará sobre as 2 da tarde, supoñendo que estaremos de volta arredor das 14:45.

Con respecto a Basketcup estamos a espera de coñecer o calendario definitivo para poder programar a semana.

Os alevíns esta semana teñen partidos aprazados xa que o Dorna non dispón de pista.

09/03/08

Xa sabedes que no apartado Crónicas podedes seguir as incidencias dos partidos así como fotos si as hai.

A xornada está sendo positiva no seu desenrolo, a pesar das derrotas do alevín C e as infantís (os 2 equipos deron moi boa imaxe). Os senior venceron con comodidade. Neste partido lesionóuse Jon cun esguince forte que o manterá alonxado das pistas unhas 6 semanas. Dende aqui Jon desexasmoche unha pronta recuperación. Sabes que xa te estamos votando de menos.ver estadisticas.

Os junior deron a cara outra vez ate o 3º cuarto, cando fisicamente non podemos aguantar o ritmo. Os homes altos do Porriño, con demasiadas segundas opcións de tiro, decantaron o resultado final do lado local. ver estadisticas

Os equipos alevíns deron unha de cal e outra de area. As rapazas moi ben, loitando a tope todo o partido, loitando cada balón e xogando cada vez mais como equipo.

Os rapaces fixeron un bo partido e tamén loitaron ate o final. Temos que mellorar no control do balón. Estamos ahí dando a cara contra equipos 1 ano mellor. O vindeiro ano temos que dar o punto que nos falta sobre todo fisicamente.

Tamén os benxamíns xogaron partido, para prepararse pos Xogos Olimpicos.

08/03/08

A Basketcup fixo xa públicos os premiados de Delegación Arosana nas distintas categorías. O Meco volta a estar denoraboa, Manu Bello foi nomeadomellor adestrador. Dende eiqui os nosos parabens para Manu. Sempre pensamos que Manu era o mellor adestrador e agora en base a ese traballo destes anos, de tantos titulos en distintas categorías e participacións en Ligas Galegas, se fai xusticia. Os xogadores teñen que aproveitarse desta cabesiña pensante que é Manu e empaparse dél.

07/03/08

A partir desta xornada imos tentar publicar as fichas de cada partido (resultado, anotadores, arbitros, crónica, etc) no apartado Crónicas

Estamos xa as portas dun novo fin de semana cargado de partidos. Os 3 de Mini xunto cos benxamíns coa intención de mellorar. Dar un paso mais.

As infantiles a dar a campanada e tentar de batir o que nos falta, o Cortegada. Poder, podese porque están coa moral polas nubes.

Os junior a seguir con esa linea de recuperación e os senior afinando a posta a punto para a final four.

Deixovos eiqui unhas imaxes da pasada Semana Santa donde os mais pequenos xogaron, primeiro e Poio, ao igual que o farán este ano tanto o equipo alevín femenino como o masculino, e logo en Vilagarcía naBasketcup, adonde acudiremos con 4 equipos( 2 alevíns, e 2 benxamíns)

Podes ver fotos dos encontros: Minibasket [Meco-Liceo], Senior [Meco-Pub a Leira] e Júnior [Meco-Peixe] pinchandoaquí

03/03/08

A Federación Galega de Baloncesto enviounos a circular nº19 referente aos TEMPOS MORTOS. Poñemola a vosa disposición en pdf. DOCUMENTO

Tamén poñemos á vosa disposición a reproducción da resolución final da FGB sobre os incidentes do encontro júnior masculino Peleteiro - CB O Meco.DOCUMENTO

02/03/08

Completouse xa a xornada co partido dos junior. Os de Manu nada poideron facer ante un poderoso Lugo. Equipo fisicamente moi superior e con mais profundidade de banquillo. Ao final do terceiro cuarto a diferencia era de 18 puntos e no derradeiro cuarto a diferencia disparóuse.

Os alevíns, ainda que empezaron dominando o partido, deron un baixón de xogo O feito de acortar o campo fixo que o marcador fose altísimo para esta categoría. Temos que traballar un anaquiño mais.

As alevíns non tiveron problemas para impoñerse a un equipo de Poio que ven en cuadro, e que bastante fixeron con acabar o partido.

01/03/08

Os senior sumaron unha victoria mais no seu casillero. O partido non foi facil, e de feito decantouse do noso lado nos intres finais grazas as técnicas sinaladas ó equipo vilonovés.

Tamén as infantiles gañaron ao lider, o Arxil, e xa van 3 victorias consecutivas. Hai que aproveitar esta racha, traballar pola semana, e rematala faena contra o Cortegada.

As junior fixeron un partido para olvidar, e deron demasiadas facilidades ao equipo santiagués, que loxicamente aproveitou.

O equipo alevín C, de Alejandro, podese convertir no equipo revelación do club nesta tempada. Ainda que todolos xogadores son benxamíns, están competindo nunha categoría superior e non só gañan senon que convencen. O seu orgulloso adestrador podese sentir ben satisfeito do traballo que vai deixar para os vindeiros anos.

FEBREIRO

29/02/08

Acercase a Semana Santa e nestas datas os mais cativos teñen unha festa grande. Por unha banda, o martes os equipos alevíns xogan en Poio unha convivencia en horario matinal e o martes ou xoves en Vilagarcia teñen unha cita, un ano mais, coa Basketcup. Alí no recinto ferial de Fexdega vanse a desenrolar todolos actos. Podes acceder a páxina do Torneo e poñerte o día.

28/02/08

Na páxina Convivencia Mini 2007 podes ver dous videos de ese día de festa. Chegaron con retraso pero chegaron.

Recibimos con fecha de hoxe un fax procedente da Federación Galega de Baloncesto comunicándonos o acordo con motivo da suspensión do partido Junior Masculino, Peleteiro - Meco e aprazado polo arbitro principal. Entre outras cousas dí o seguinte:

VISTO o escrito presentado polo equipo CB. O MECO este Comité acorda que os gastos de desprazamento da reanudación do encontro de referencia correrán por conta do Comité do Comité Santiagués de Arbitros.

Santiago de Compostela, 20 Febreiro de 2008

26/02/08

Siguen os adestramentos dos mais pequenos. A algúns deles xa se lles ve un xeito. Este experimento seguro que saldrá ben. Despois de 6 meses xa empezan a xogar partidos e facer cousas. Estes do Colexio Rosalía van deixar huella.

25/02/08.- Xa podedes descargar o número 14 da Revista.

24/02/08

Este domingo os Senior non tuveron ningún problema para derrotar ao Peixe. De feito, os de Marín foron un xoguete nas mans dos nosos, xa que en ningún momento opuxeron resistencia. Con esta victoria, os nosos están practicamente metidos na final four. A vindeira xornada visitamos ao BB+. Esperemos que os lesionados se recuperen e cheguen al final de liga en forma. Ver crónica e fotos en todogrove.

Tamén as infantiles de Andrea siguen nesa liña ascendente a que nos teñen acostumadas. Segunda victoria consecutiva, e outra vez contra o Dorna da Arousa. Tuveron que sufrir pero o traballo deu os seus frutos e ao final victoria por 1 punto.

Os benxamíns encargaronse de dar o espectaculo da xornada. As pobladas gradas do Monte da Vila foron testigos do progreso dos mais pequenos e da boa armonía que reina entre Xuven e Meco. Algo que non pode ser de outra forma.

Felicidades a Dani Prol por esa gran arbitraxe.

23/02/08

Tremendo o correctivo sufrido polos junior en Ourense donde os nosos chavales, coas baixas de Prol e Bruno e con unha defensa asfixiante a todo campo de Cob, nada puderon facer. Partido para olvidar así como o accidentado viaxe con avería de autobús incluido. O regreso das baixas para o vindeiro partido diante dun dos favoritos para o campeonato galego, o Cidade de Lugo, ten que cambiar a imaxe. Ver fotos

As junior de Brais siguen na súa liña e volveron gañar. Esta vez en Cambados por 2 puntos o que confirma o bo traballo deste equipo donde a maioria son de primeiro ano.

Os equipos de mini esta vez non deron unha a dereitas e, a diferencia da xornada anterior, perderon os tres partidos disputados. Ver fotos do Celso - Meco A

ABRIL

01-04-07: Este domingo o club viveu unha xornada de éxitos.

Primeriamente o equipo cadete feminino logrou conquistar o título de Liga Zonal ante o Xuven de Cambados. Unha victoria apretada (41-38) nun encontro de moito nerviosismo onde as nosas tiveron que remontar un marcador adverso durante o primeiro tempo.

Logo tocoulle aos sénior. O equipo de Manu Bello logrou o día anterior meterse na final que organizabamos. O Laxe de Marín era o noso rival. O encontro estibo dominado en todo momento polo xogo de O Meco con vantaxes de ata 15 puntos. Logo dun apagon ao comezo do último cuarto o Laxe de Marín apretou ata poñerse a tan so 2 puntos. Pero supemos manter a compostura e lograr a victoria (69-62). Título de liga e posibilidade de loitar polo ascenso a Autonómica.

<publicación dos éxitos no diario de arousa>

-09-04-07: Remataron as "vacacións" de Semana Santa. Comezan de novo as actividades e reanudanse as competicións.

A Basket Cup de Vilagarcía resultou todo un éxito en canto a organización e afluencia de xente. Felicitamos e agradecemos a Alberto Blanco e Cia. por estes días nos que os mais cativos o pasaron bomba, xogando partidos co corpo tatuado, comendo no recinto, disfrutando con Suso e Chicui, saltando nas colchonetas, en Ruando, etc.

En fin, un monton de actividades das que os nosos cativos gardarán un recordo inolvidable, especialmente Merce que se ven para a casa con unha bicicleta plegable de regalo.

Xa se poden ver no apartado Fotos do Club as instanta- neas dos encontros disputados polos mais cativos nos tres días de torneo.

Por outro lado, e no que o ambito deportivo se refiere, os sénior teñen por diante uns 20 días para preparar a fase de ascenso a Autonómica. Vinte días de traballo duro para conseguir un soño.

Os demais equipos estan practicamente metidos na copa coa intencion de seguir mellorando e os pequenos cun final de tempada no que ainda agardan moitas sorpresas

14-04-07: O club está ultimando os preparativos para a Convivencia de Minibasket 2007 que se celebrará o próximo 17 de Maio no Pavillón Municipal dos Deportes.

12-04-07: Xa estan feitos os sorteos dos emparellamentos dos equipos Sénior, para a fase de ascenso a Autonómica, e do Cadete Feminino para a Copa Galicia. Rivais dificiles os que nos tocaron nos dous casos. O Sénior efrontase ao Xuventud de Vigo (encontro de ida na casa) e o Cadete Feminino ao Baiona (ida na casa). Temos que estar ahi para animar aos dous equipos.

18-04-07 A chegada do bo tempo fainos pensar que xa estamos no verán, pero nada mais lexos da realidade. Estamos posiblemente nunha fase das mais importantes dende a creación do club. As cadetes xogan este domingo as 7 o partido de ida da Copa Galicia contra o Baiona. artido que é un premio para as rapazas de Chavo e que teñen que saír a disfrutar e competir.

Por outra banda, ós senior enfrontaranse ao Xuventude de Vigo no partido de promoción a Autonómica. É posiblemente o rival mais dificil que nos podía tocar, xa que está invicto en Vigo (unha das ligas mais fortes de Galicia) e tamén porque está formado por xogadores de moita experiencia e ex-ACB, leb e Eba. Si durante a liga estivemos ao 100 por 100, nesta ocasión teremos que estar ao 500 x 100.

Tamén a afición ten que responder en masa e apoiar aos nosos nestes compromisos.

19-04-07 O pasado sábado celebramos un curso de auxiliar de mesa na casa da cultura do grove. O curso contou coa asistencia de 15 persoas que unha vez fagan as practicas necesarias obterán o título de auxiliar e poderán xa facer partidos.

Para o sábado 28 está previsto o inicio dun curso de arbitro. Dará comezo as 10:30 ate as 13:30 e logo pola tarde de 4 a 6. Para a continuación asistir o partido de promoción a Autonómica xunto con Luis Clemente (arbitro profesor) e seguir o arbitraxe dese día. Este curso completarase con outra xornada de varias horas.

22-04-07 Xa podes descargar o último número (Abril'07) da Revista do Club. Recorda que precisas ter Adobe Acrobat Reader 7 ou superior para poder visualizala en condicións.

Seguimos actualizando as seccións da web. Esta reproducida a última entrevista feita na anterior páxina. Proximamente teremos a sección de todos os equipos e a das estadisticas rematada.

24-04-07 O cadete feminino ten moi compricado pasar ás semifinais da Copa Galicia ao caer derrotadas por 39-70 ante o Baiona. Son ás favoritas ao título e demostrarono. De todalas maneiras xogar esta fase é todo un premio a gran tempada feita polas nosas.

26-04-07: Este fin de semana temos varios partidos na casa, o que fai que por segundo sábado consecutivo teñamos que aprazar o curso de arbitros. Tentaremo-lo o martes 1 de Maio. Así que xa sabedes, dende as 10:00 ate a 1:30.

Este fin de semana e no partido cadete, os que fixeron o cursillo de auxiliar de mesa teñen que facer unha acta paralela. O material facilitarase no pavillón.

27-04-07: Carlos Maceiras, un dos homes mais apreciados polos do Meco no mundo do basket, volta. Parece que a vindeira tempada estará de novo no Peixe xunto a Norat. Congratulamonos de velo de novo nas pistas e esperamos seguir aprendendo do noso dios.

30-04-07: Finalmente o encontro de volta, da Fase de Ascenso Sénior, celebrarase en O Grove. A petición do equipo vigues de xogalo aquí foi aceptada pola Federación Galega. O encontro disputarase este Martes 1 ás 20:00 horas no Pavillón Municipal de O Grove. Temos que estar todos para tentar remontar os 6 puntos adversos.

(Encontro de ida: O Meco Santo Angel, 56 - Xuventude, 62)

MAYO 2007

03/05/07: Impresionante o vivido o pasado martes no partido contra o xuventude. A verdade é que levamos xa varios anos disfrutando de bos partidos e de alto nivel. Este foi non apto para cardiacos e de feito algúns sufriron algunha taquicardia. Xa se falou moito deste partido e sobran xa moitos comentarios, solo felicitar ao equipo enteiro pola entrega e o bo facer. Tamén felicitar ao Xuventude pola caballerosidade e deportividade.

Ese día tamén deu comenzo o curso de arbitros impartido por Luis Clemente, arbitro de nacional, no colexio Rosalía de Castro e donde os chavales disfrutaron e aprenderon.

05//07: Seguimos cos cursillos de auxiliares de mesa e de arbitros. Luis Clemente abreunos os ollos a outro apartado do baloncesto. Un mundo moi interesante que seguro que os asistentes veremos de outro xeito a partir de agora.

08/05: Tamén na páxina da Federación se fan oco do noso curso, donde incluso ai unha foto. Pincha en noticias en www.fegaba.com . A ver si pronto os novos arbitros se atreven a dar o primeiro paso e pitan os partidos de mini.

10 Maio: Unha mágoa que a Federación Galega non colabore co Meco nesta Festa do Mini. A verdade é que nos sentimos bastante defraudados. Pero bueno, xa sabemos o dito 'O Meco sempre da' e estou seguro que sairemos adiante. ¿Estivemos esperando algunha vez nos por alguién para facer as cousas? Pois agora tampouco, veña chavales que o conseguimos. Falta menos.

Estamos ultimando os preparativos para a Convivencia 2007. Xa van unhas cuantas e non nos vai coller de sorpresa. Este ano imos batir record de asistencia ao asistir todolos benxamins da Delegación, uns poucos mais de 200. Un total de 23 equipos pertencentes a 10 clubs. Os do Meco non fallamos nestas ocasións e gustanos facer que os nosos invitados se sintan como se fose na súa casa.

Para seguir mellorando este venres voltarán de novo, e coido que para rematar o cursillo de arbitros, Luis Clemente (arbitro de EBA) e Rubén Prieto (conocido de todos nos) para explicarnos a teoría restante. Será as 4 da tarde, e correxirán as arbitraxes dos partidos de mini, e logo ao de Infantil. Non faltes a esta cita.

15/5: Tremendo o traballo da directiva para conseguir que a convivencia saia como tiñamos planeado. Os contratempos fixeron que tiveramos que buscar alternativas e que saíramos adiante. Ainda quedan pequenas cousas pero o mais importante está pechado.

O curso de arbitros conclueu hoxe coa arbitraxe aos equipos de Mini e ao de infantil femenino, que deu paso a derradeira charla teórica sobre algúns aspectos do reglamento. Dende o club queremos agradecer o esforzo feito por Luis Clemente, con varias tardes adicadas a formación de arbitros. Este é posiblemente unha das tareas mais dificiles de facer pola falta de xente. Non sabemos si vai sair algún árbitro nesta ocasión. Está claro que preparados para dirixir partidos xa están, o que veña a continuación é cousa deles. E tamén temos outra visión do arbitraxe. Que tamén é importante

19/5: O dia da convivencia foi un deses dias que non borraremos da nosa memoria. O club esta vez deu mais que nunca. Foi increible a resposta de toda a familia, a dedicación e a entrega para que todo saíra o mellor posible. E saíu, vaia que si saíu. As felicitacións dos responsables dos demais equipos foron a mostra do recoñecemento a ese traballo.

A directiva traballando a tope dende a primeira hora, pais colaborando, as infantiles todo o día alí para o que fixera falta, os distintos xogadores colaborando no acto, facendo de arbitros. A colaboración desinteresada dos patrocinadores, incluida a grata sorpresa de Pepiño que mandou as suas rapazas para facer fotos e regalarllas despois de xeito gratuito. Aquarium, partidos, Barco, medallas, un sinfin de actividades que fixeron as delicias dos nosos e que a nós engrandeceron un pouco mais como club.

Temos que sentirnos orgullosos do que fixemos e aproveitar estes actos para crecer por dentro como club.

Podes ve-las fotos da convivencia na páxina: http://www.sustansia.com

29/5: Entramos xa no ultimo mes de competición. Unha competición que se alarga mais do debido a causa dos continuos aprazamentos pola falta de arbitros. Está claro que o mellor é rematala tempada do mellor xeito posible e empezar unha nova etapa con tódolos clubs implicados no tema.

Para rematar esta temos os senior practicamente metidos na final da Copa despois de gañar por 25 (57 - 82) en Cesures e de non mediar sorpresa habrá que cumprir o expediente o vindeiro sábado as 19:00.

O das junior e para olvidar. Despois de unha tempada nefasta de competición con meses de parón, agora levan varios partidos aprazados e teñen maratón (xoves, venres e domingo)

XUÑO

3/6: Xa esta colgada a Revista número 9 do CB O Meco. Neste número quixemos adicalo integramente a Convivencia de Minibasket celebrada o pasado día 17 de maio. Unha revista gráfica onde se mostra o desenrolo da convivencia en imaxes con un pequeno comentario. Tamen hai un poster central coa foto oficial do evento. Número 9. Pedir disculpas por non tela rematado antes e sobre todo por non estar na rúa, o martes si o estará coma sempre.

11/6: Rematou por fin, e de que xeito, a tempada oficial no que as competicións de liga e copa se refire. As cadete/ júnior conqueriron o subcampionato de copa despois de facerlle fronte ao todopoderoso Arxil. As nosas aguantaron ate o medio tempo. A superioridade física impúxose pero as nosas caeron coa cabeza moi alta. Noraboa Rapazas.

Os sénior puxeron o broche de ouro a unha tempada de éxitos, facéndose co Campionato de Copa ante o Grove. Foi pois o remate a un ano marabilloso de vivencias. O campionato de liga, o moi bo papel na fase de ascenso e a Copa fixeron un grupo mais forte e mais experimentado de cara a vindeira tempada. Foi tamén a despedida de Fonsi, que nos deixa un ano por estudios, pero que ten aquí a súa casa e a súa xente para cando volte. Podes ver dous videos da final en youtube que algún aficionado subeu. Gracias. E que os disfrutedes.

VIDEO 1e VIDEO 2

Así pois o balance que nos deixa esta tempada 06/07 non pode ser mais esperanzadora de cara ao futuro. Despois de saír cos mesmos obxectivos de tódolos anos como son seguir formando xogadores, e seguir disfrutando do basket en tódalas categorías, encontrámonos con varios títulos consecuencia desta filosofía.

A escola está mais chea de vida que nunca con uns 50 críos en mini, un equipo feminino infantil que foi crecendo en número e xogo ao longo da tempada, os cadetes seguindo coa súa progresión, as cadetes campionas de liga, os júnior participando en liga galega, as júnior subcampionas de copa, os sénior liga e copa. Foi mais do que esperabamos. Pero tampouco nos estrañou.

Todo isto celebrarémolo o vindeiro domingo na Festa Fin de Tempada con xogos e partidos pola mañá e churrascada na Siradella a partir da 1 e a que están invitados tódolos xogadores e familiares.

Noutro orden de cousas, o Club anuncia a celebración de unha Asemblea Xeral de Socios para os Xoves 21 de xuño as 20:30 na Casa da Cultura. O orden do día é o seguinte:

  • 1 Memoria Deportiva 06/07

  • 2 Memoria Actividades 06/07

  • 3 Memoria Económica 06/07

  • 4 Elección de Novo Presidente (Presentación de Candidatos,

  • Elección de Presidente e Presentación de xunta directiva)

  • 5 Rogos e Preguntas

14/6 Este vindeiro luns 18 de xuño vaise celebrar na Delegación Arousán unha reunión para estudiar as Bases de Competición para a tempada 07/08 e presentar as emendas si se cree necesario. Pode ser o momento do cambio, con propostas novas que seguro nos van a gustar a todos. A vindeira semana informarémosvos das novidades.

16/6 DEBIDO AS CONDICIONS CLIMATOLOXICAS ADVERSAS QUEDA APRAZADA A CHURRASCADA FIN DE TEMPADA QUE TIÑA QUE CELEBRARSE MAÑÁ, DOMINGO 17. POSPOÑEMOLA LOGO PARA O DOMINGO 24. POSIBLEMENTE ESTE LUNS, ANUNCIAREMOS AS ACTIVIDADES PREVISTAS PARA ESE DIA. POR FAVOR CORRE A VOZ.

Celebrouse hoxe na Monte Central da Toxa a tradicional carreira organizada por Érguete e o club Venturiña. E como non podía ser de outra forma ónde haxa vida san, alí están os do Meco. Competindo, vivindo, divertíndose e algúns gañando como foi o caso de Celia e Merce Parabens Meniñas. ¡Mira que sodes guapas!

22/6 Esta vez si que vai en serio. O domingo a partir das 11 no pavillon actividades para os mais pequenos para a continuacion ir todos a Siradella para a Festa fin de Tempada. Non vos esquezades, e avisade ao resto.

27/6: Coa festa fin de tempada na Siradella, puxemos practicamente punto e final a este ano cun balance positivo. O incremento no número de practicantes de basket no club aumentóu e iso é o logro mais importante.

Agora quedan por diante as actividades do veran e sobre todo a planificación de cara a vindeira tempada.

Nos proximos dias tentaremos publicar os horarios de veran para os mais cativos.

Aproveitamos para felicitar a Juan Campos que saíu reelexido como Presidente. Ogalla que siga a sorte.

AGOSTO

22/08/07: O vindeiro lúns 27 O Grove disfrutará dun encontro de baloncesto de Copa Galicia sénior masculino. O Gestiberica de Vigo medirase ao Basquet Coruña. O enfrontamento será ás 21:00 horas no Pavillón Municipal dos deportes.

Unhas horas antes, ás 18:30, o noso equipo junior masculino disputará un amigable ante o equipo do Gestiberica de Vigo.

Esperamos contar coa vosa presenza..

Como podestedes comprobar, o mes de xullo e agosto a xente traballa, e moito. Todos (directivos, adestradores, xogadores, etc) temola cabeza en outro lado. Pero achegase a hora da verdade, e pronto voltaremos a actividade normal. A mediados deste mes, os junior comezan os adestramentos.

SETEMBRO

17-09-07- Hoxe celebrouse na delegación arousá os sorteos para as fases previas da liga galega. No concerniente ao junior masculino que é no que nos imos participar o sorteo quedou da seguinte forma: Todos contra todos a unha soa volta e os catro primeiros xogarán unha final a catro. Os equipos que van participar son: O Meco, Peixe Galego, Liceo, Ciudad de Pontevedra, Xuven e BBC. a primeira xornada será este próximo fin de samana. estes son os cruces:

- O Meco - Peixe Galego; BBC - Ciudad de Pontevedra; Xuven - Liceo

co seguinte calendario

30 SETEMBRO: Liceo -- O Meco

7 de OUTUBRO: O Meco -- Ciudad de Pontevedra

12 de OUTUBRO: Xuve --- O Meco

14 de OUTUBRO: O Meco ---- BBC

20 de OUTUBRO: 1º contra 4º e 2º contra 3º

21 de OUTUBRO: FINAL

21-09-07- ATENCION o cambio de horario do JUNIOR MASCULINO finalmente o partido xogarase o DOMINGO AS 16:00 HORAS

23-09-07- O equipo junior non empezou con bo pé a súa andaina na fase previa da Liga Galega perdendo ante o peixegalego por 55-83.

26-09-07 - O vindeiro sábado día 29, o equipo senior vai xogar o seu primeiro encontro de pretemporada. Será en Cesures ante o RíO ULLA ás sete e cuarto da tarde.

O equipo júnior xogará o seu segundo encontro da fase previa da Liga Galega. Será contra o LICEO CASINO, o domigo ás cinco e media da tarde no pavillón da rúa Castelao de Vilagarcía.

30-09-07 JUNIOR MASCULINO

LICEO VILAGARCIA 45 - O MECO 56

Moi bo resultado o acadado na cancha do Liceo co cal damos un paso moi importante para quedar entre os catro primeiros .

Bo partido sobre todo en defensa.

OUTUBRO

1-10-07 - Hoxe celebrouse na delegación Arousana unha nova reunión para volver a decidir o sistema de competición para o senior zonal quedando todo como xa se decidira na anterior reunión e decir duas divisions, o unico cambio e o da fecha de comenzo que sera para a segunda division o dia sete e para a primeira o dia quince.

Na primeira xornada temos dervi local

CB O GROVE - CB O MEC0

7-10-07 - CB O MECO 85 - CB PONTEVEDRA 51

Espectacular o resultado acadado polo noso equipo junior ante o Ciudad de Pontevedra con un resultado mais abultado do que cabia esperar. O Meco xogou un partido moi serio tanto en defensa como en ataque non deixando o Pontevedra entrar no partido en ningun momento.

11-10-07

"Finalmente" o junior masculino contra o BBC por problemas arbitrales (pa non variar) en vez de as 20:00 sera as 18:30 polo mesmo motivo vemonos na obriga de suspender o partido amigable que o infantil feminino ía desputar contra o Dorna

13-10-07- JUNIOR MASCULINO: XUVEN 75 - O MECO 63

14-19-07: Descarga ás fichas técnicas dos encontros do fín de semana. Fichas.

SENIOR : CB O GROVE 58 - 0 MECO 74

JUNIOR MASCULINO: O MECO 65 - BBC 74

Mal partido dos junior sobre todo nos dous primeiros cuartos indo o descanso o BBC con unha ventaxa de 23 puntos inda que O Meco puxose a dous puntos a falta de dous minutos non foi capaz de lograr a victoria .

Con este resultado quedamos cuartos tendo que enfrentarnos o primeiro clasificado en semifinais.

Oficiosamente os emparexamentos para a final a catro quedaron da seguinte forma:

1ª semifinal XUVEN - O MECO

2ª semifinal PEIXE - CIUDAD DE PONTEVEDRA

Dende hoxe, e con un pequeno retraso, podes descargar o número 10 da revistado CB O Meco. Entra na sección Revista ou pincha aquí.

15-19-07: Xa pode ver a notícia do partido senior GROVE - O MECO coas fotos que todogrove.com publicou o hoxe pinchado aquí

16-10-07: Xa hai horario para a final a catro da previa para a liga galega junior masculino o que inda non esta moi claro e o lugar.

Primeira semifinal sabado as 10 PEIXE -CIUDAD DE PONTEVEDRA

Segunda semifinal sabado as 12 XUVEN - O MECO

E o domingo 3º e 4º posto as 10 e a final as 12:00

17-10-07: Finalmente os partidos da final a catro junior masculino xogaranse no pabellon do instituto de Carril. E hai unha pequena variacion na hora da segunda semifinal XUVEN - O MECO sera as 12:30.

AS SEMIFINAIS O SABADO SON EN CARRIL E A FINAL MAIS O TERCEIRO E CUARTO POSTO DO DOMINGO SON EN FONTECARMOA 2

19-10-07: O Comité Galego de Árbitros enviou duas circulares.

A primeira é sobre as aplicacións para faltas técnicas e antideportivas. A segunda é sobre o procedemento dos tempos mortos, mecánica e reglas de xogo.

Non é nada novo pero esta tempada pensan aplicalas.

E IMPORTANTE QUE @S ADESTRADORES/AS E @S XOGADORES/AS DESCARGUEDES ESTAS CIRCULARES E AS LEADES.

Circular 1 - Circular 2

21-10-07: OS JÚNIOR XOGARÁN LIGA GALEGA.

Fin de semana espectacular. O Equipo júnior apeou o sábado ao Xuven de Cambados (74-66) e hoxe logrou vencer con claridade ao Marín Peixegalego (73-63).

Os xogadores que dirixe Manu Bello entran directos na Liga Galega que comezará no mes de novembro.

Podes ver á noticia publicada en Todogrove.com. Mañá tamen as fotos.

Subiremos as fichas técnicas dos dous encontros así como as fotos dos memos.

O equipo sénior caeu derrotado, por 60-61 ante o C.B. Umia, no seu segundo encontro de liga.

22-10-07: Fichas Técnicas dos encontros do fin de semana. En Todogrove.com podedes ver algunhas fotos.

24-10-07: Descarga en pdf as noticias de prensa sobre o éxito dos júnior. Faro de Vigo - Diario de Arousa - Diario de Pontevedra

25-10-07: Apartir de agora as fichas dos encontros que disputen os equipos do meco podes velas pinchando aquí. Engadiremos un ligazón na barra lateral para que resulte mais cómodo.

28-10-07: O equipo Sénior gañou o encontro ante o San Tomé por 67-74 no encontro disputado hoxe a mañá en Cambados Podes ollar a ficha do encontro pinchando na barra lateral no apartado "Fichas dos Encontros 07/08.

30-10-07: O equipo júnior xa coñece os seus rivais na Liga Galega. Os equipos contra os que nos enfrontamos son:

C.B. Allaríz - Marín Peixegalego - Peleteiro - Baloncesto Galicia - Rosalía de Castro.

O primeiro dos encontros enfrontanos ao Marín Peixegalego no pavillón da Raña o fin de semana do 11. Podes consultar o calendario e clasificacións aquí

NOVIEMBRE:

05-11-07: Longo fin de semana de basket para o club. O xoves os pequenos xogaron varios encontros amigables a catro pistas contra o Xuven. Logo foi o turno para as júnior que venceron tamen nun amigable ante o Xuven de Cambados.

O sábado tocaballe ao turno aos sénior. O encontro ante El Doce resultou comodo para os nosos. Podes ver fotos é crónica en todogrove.com e a ficha no apartado de sempre.

O domingo, como xa anunciamos anteriormente visitounos o COB Ourense para disputar sendos amigables en diferentes categorías. Primeiro foi o turno dos alevíns que souberon aguantar o tiron ante un equipo de moita calidade. O seguinte encontro, tamen con derrota para as nosas, foi o do infantil feminino. Finalmente os júnior loitaron ata o final por acadar a vitoria, que non se logrou, nun encontro que sirbeu de preparación para a Liga Galega.

06-11-07: Xa coñecemos os rivais dos equipos alevíns. Como sabedes este ano contamos con tres equipos.

No grupo A: Arxil, BBC, C.Pontevedra, Dorna A, Grove A, Liceo A, Liceo Feminino, Meco A, Peixe A, Peixe B, Río Ulla A, Xuven A.

No grupo B: Cortegada, Dorna B, Estrada, Estudiantes, Grove B, Liceo B, Peixe C, Meco B, Meco C, Poio, Rio Ulla B, Xuven B.

Na primeira xornada os enfrontamentos dos nosos equipos son: Grove A - Meco A, Peixe C - Meco B, Meco C - Estudiantes.

11-11-07: Os júnior non lograron comezar a Liga Galega con unha vitoria. 102-74 foi o resultado do encontro disputado en Marín. ver ficha do encontro

16-11-07: Este fin de semana o equipo junior disputara o seu segundo partido da Liga Galega sera o domingo as 19:00 horas contra o Baloncesto Galicia de Ferrol. Antes deste partido as 17:00 os equipos Alevin A e B xogaran cotra o Dorna.

O equipo Infantil Femenino fara o seu debut na liga o Sabado as 12:30 contra o Cortegada.

E o equipo Senior aplazouse o partido que se ia a desputar contra o Peixe.

16-11-07: Este Domingo o finalizar os partidos Alevins aproximadamente as 18:00 vaise sacar a foto oficial da presente tempada polo que todos os xogadores de toda las categorias deberan estar sobre as seis menos cuarto no pabellon uniformados co chandal

20-11-07: O equipo junior vai disputar en Allariz o partido correspondente a terceira xornada da liga galega, o club vai poñer a disposicion dos afeccionados un autobus que saira da estacion de autobuses as nove da maña con regreso aproximadamente as seis da tarde .Os que queirades ir seria aconsexable que avisarades.

O precio do bus e 6 €. Prazas Limitadas.

18-11-07: JUNIOR MASCULINO: Despois de duas prorrogas O MECO SANTO ANGEL, 77- BALONCESTO GALICIA, 79. Ficha do encontro

26-11-07: RESULTADOS DESTE FIN DE SEMANA:

SÉNIOR: O Meco Santo Angel, 86 - Pub BB+, 73. Ficha - Fotos

JUNIOR M.: C.B. Allariz, 85 - O Meco Santo Angel, 88. Ficha

INFANTIL F.: Rio Ulla, 23 - O Meco Santo Angle, 60.

ALEVÍN A: O Meco Santo Angel, 67 - Rio Ulla A, 85

ALEVÍN B: O Meco Santo Angel, 22 - Rio Ulla B, 34

ALEVÍN C: O Meco Santo Angel, 48 - Liceo Casino, 22

DICIEMBRE:

08-12-07: O encontro sénior entre O Meco Santo Angel e o Laxe de Marín suspendeuse na metade do segundo tempo pola condensación acumulada no pavillón. Podes ver a noticia en todogrove.com

10-12-07: Interesante artigo, o que publica a Federación Española de Baloncesto, "consejos para los padres de jugadores de Mini-Basket". Podes velo directamente na web do Feb ou traducido ao galego pinchando aquí.

11-12-07: Borja Franco, do equipo júnior masculino, desprazouse a Madrid o pasado día 5, para participar na OPERACIÓN ALTURA 2007 organizado pola Federación Española de Baloncesto. Podes ver a noticia e algunha foto en www.todogrove.con pinchando aquí.

16-12-07: Os júnior acadan a segunda vitoria na Liga Galega logo de vencer ao Peleteiro con unha tripla de Borja sobre a bocina (71-68). ver ficha.

O sábado os sénior volveron gañar o derbi local ante o CB Grove por 81-79 tamén nun final de infarto. ver ficha.

Noticia en todogrove.com

23-12-07: Ata o vindeiro ano os equipos non volverán disputar encontros de liga.

O club colaborará no TORNEO DE 3X3 que se celebrará no Pavillón Municipal o 29 deste mes. A inscripción será de 10€ por equipo e farase antes do torneo no mesmo pavillón (de 10.00 a 11.00 horas)

ENERO

08-01-08:Este venres dia 11 as 20:00 o equipo JUNIOR MASCULINO vai disputar un encontro de liga adiantado da xornada 9 por coincidir co carnaval e non dispoñer de pabellon

Queremos agradecer o CAIXANOVA ROSALIA as facilidades dadas para o cambio de fecha de dito encontro

JUNIOR MASCULINO LIGA GALEGA

VENRES DIA 11 AS 20:00 HORAS

O MECO SANTO ANGEL--CAIXANOVA ROSALIA

14-01-08: O equipo senior a pesare das baixas de Jon; Veiga,Chavo, Mon, Bruno e Borja gañou o partido contra o PUB A LEIRA sin moito problema por un resultado de 66-58. [VER FICHA]

O proximo partido sera en Portas contra o Doce

O equipo junior masculino tuvo doble enfrentamento este fin de seman o venres contra o Rosalia de Santiago chogouse un partido moi bonito chegando empatados o final do partido e perdendo na prorroga de catro puntos 63-67. [VER FICHA]

No partido xogado o domingo contra o PEIXEGALEGO o noso equipo non foi capaz de parar o xogo do Peixe acadando a derrota mais abultada no que vai de liga galega 42-83. [VER FICHA]

O proximo partido vai ser en Ferrol o domingo dia 20 as 17:00 horas . Habera AUTOBUS saldra as 13:30 da estacion de autobuses

25-01-08 Por cuarta vez no que vai de tempada aplazase o partido dos senior por falta de arbitros, mais o que se suspendeu contra o Laxe por culpa da humidade son cinco .

Esta competicion co rumbo que leva calculase que acabara polo mes de Decembro con un pouco de sorte

.

24-01-08: Horarios po fin de semana

Senior O MECO SANTO ANGEL-ARXIL sabado as 16:30

Junior masculino: O MECO SANTO ANGEL-ALLARIZ domingo as 19:00

Junior femenino:PELETEIRO-O MECO SANTO ANGEL sabado as 10:15 en Santiago

Infantil femenino: DESCANSA

Alevin A: O MECO SANTO ANGEL-BBC domingo as 17:00

Alevin B: O MECO SANTO ANGEL B-OMECO SANTO ANGEL C sabado as 12:30

20-01-08: O equipo infantil feminino logrou a segunda vitoria de Liga ante o Rio Ulla [52-2] no encontro disputado o sábado. Os sénior venceron tamén sen complicación no seu enfrontamento co colista. El Doce, 48 - Meco, 75


15-01-08: Xa hai horarios para alguns dos partidos do proximo fin de semana:

Senior : EL DOCE JAVIMAR-O MECO SANTO ANGEL o sabado as 19:30 en Portas

Junior masculino:RIVERA G MONTERO-O MECO SANTO ANGEL o domingo as 17:00 en Ferrol. Habera AUTOBUS saldra as 13:30 da estacion de autobuses.

Junior femenino:O MECO SANTO ANGEL-GRUPO COMETAL PIO XII esta aprazado.

Infantil femenino: O MECO SANTO ANGEL-ESTRUGASA RIO ULLA sabado as 12:30

O VINDEIRO 4 E 5 DE FEBREIRO DE 2008 ORGANIZASE O IV CLINIC INTERNACIONAL DE BASKET EN LUGO.

No mesmo intervirán Gustavo Aranzana, Paco García, Evaristo Pérez, Pepe Casal e Carlos Cortés. Descarga o triptico de inscripción CARA A-CARA B ahí está a información detallada.

07-02-08 O partido senior O MECO SANTO ANGEL- ARXIL xogarase o domingo as 17:00 horas en vez de as 19:00 horas

06-02-08 Este fin de semana e a falta de confirmacion por parte dos arbitros os partidos so os seguintes:

Senior: O MECO SANTO ANGEL - ARXIL domingo as 19:00

Junior masculino: PELETEIRO - O MECO SANTO ANGEL sabado as 12:00

Infantil femenino: ARXIL - O MECO SANTO ANGEL sabado as 10:30

11-O2-O8 O senior disputou un intensisimo encontro fronte do Arxil que puxo contra as cordas os nosos xogadores cun parcial de 22-33 o descanso.Na segunda parte moito mais acertados en ataque douselle a volta o marcador poñendonos oito puntos enriba gracias o junior Borja que con 10 puntos neste cuarto daba moita frescura o ataque local, pero o equipo capitalino coqueriu igualar o encontro e chegar a un final igualado no cos locales non lle temblou o pulso impoñendose 64-59 e facendose coa novena victoria en dez partidos.

11-02-08 Os Juniors desprazaronse a Santiago para enfrentarse o Peleteiro, cun equipo moi mermado polas baixas pero a base de entrega mantuveronse no partido chegando o descanso dous puntos abaixo 32-30 na reanudacion varias perdas de balon consecutivas foron castigadas con contrataques claros por parte do Peleteiro levando o marcador a un 49-36 a un minuto po final do terceiro cuarto momento no que Bruno se lesionou nunha rodilla de maneira aparatosa e o arbitro decideu de forma sorprendente aprazar o encontro.

Esperemos que Bruno e Lucas que tamen se lesionou no partido senior, volten pronto as pistas o igual que a larga lista de lesionados nesta tempada.

16-02-08 O senior aproveitara este fin de semana para recuperar dous dos partidos que ten atrasados, o primeiro sera na Illa de Arousa contra o C.B Umia, que foi o unico equipo que foi capaz de derrotarnos esta tempada, e o Domingo contra o sempre dificil Arxil en Pontevedra, os dous equipos con xogadores veteranos pero con moita calidad.

16-02-08 O junior volta a Santiago para finalizar os 11min 34 seg que lle quedan do partido do Peleteiro, decir que si no partido anterior contabamos con cinco baixas a este partido se suma Bruno con esguince na sua rodilla e Antonio e duda por gripe polo que presentamos un equipo moi mermado de efectivos.

18/02/08

Unha das noticias positivas do fin de semana foi a victoria de todolos nosos equipos da Escola. Tanto os 3 equipos alevins, como o benxamin que foi a Convivencia (Ver Fotos) a Pontevedra sumaron os seus partidos por victorias.

As infantiles gañaron facil e nun bonito partido as rapazas do Dorna. Estas pouco puderon facer ante o xogo das de Andrea.

As baixas dos equipo de Manu fixeron que algúns dos xogadores junior tiveran traballo extra este fin de semana. O sábado os senior cairon diante do Umia nun partido dificil e nun campo complicado. A pouca rotación de xogadores, o non moi brillante arbitraxe e sobre todo os baixos porcentaxes no tiro foron a causa da segunda derrota da tempada. O día seguinte as augas voltaron ao seu cauce e nun partido traballado a pesar das citadas baixas fixemonos co partido que era o importante. Así pois o equipo mantense na parte alta da clasificación e ten que chegar a final a 4 sin moitos problemas. A preocupación mais grande de Manu é a de recuperar a xente lesionada.

Por outra banda, os junior foron a cubrir o expediente a Santiago para rematar un partido que fora absurdamente suspendido. En fin, corramos un tupido velo. O verdadeiramente importante e que este vindeiro sábado as 16:30 da comenzo a segunda fase. Será en Ourense e contra o COB. Podes consultar o calendario e tamén como quedóu encuadrado o noso equipo na web da fegaba.

Transmitovos tamén estas palabras que Jose Manuel Calderon nos remiteu dende o seu Toronto Raptors. Non é unha broma, pois teño o email ben gardadiño.

> hola anxo


he estado liado y voy algo lento con las respuestas

manda un saludo a los chicos

gracias por tu apoyo

un saludo


jose