Patricia Fraga naceu en Vilalba (Lugo) e estudou Enfermaría. Actualmente, traballa nun xeriátrico.
Considera que ata o momento, o seu maior logro foi conseguir independizarse dos seus pais, nun tempo no que non é doado para as rapazas facelo.
No futuro, quere seguir formándose para ser unha boa profesional, da categoría que se merece a súa profesión. Como ela di, “A enfermaría segue a estar moi pouco visibilizada, quizais porque está moi ligada ó sexo feminino e ó rol de coidadora”, e pensa que debería ser un traballo máis valorado.
Por outra banda, di que “Ata fai pouco, os xeriátricos ou asilos en España eran levados por monxas, e non se vía a necesidade de que os coidados os fixeran xente formada”, e afirma que esta falla de formación das coidadoras tamén fixo que tradicionalmente a profesión se valorase menos.
Ademáis de co seu traballo, Patricia pensa que é importante contribuír á sociedade doutras maneiras: “Tento non caer no consumismo para evitar o máximo posible a miña pegada sobre o planeta. E romper con roles de xénero.”