Emma Watson (París, 15 de Abril de 1990) é unha actriz, modelo e activista británica. Foi criada en Oxfordshire, onde foi á Dragon School e máis tarde á Headington School, e recibiu formación como actriz na sede de Oxford de Stagecoach Theatre Arts.
Saltou á fama despois de obte-lo seu primeiro papel profesional como Hermione Granger nas series de películas de Harry Potter, tendo actuado previamente só en obras de teatro do colexio, e continuou traballando como actriz dende entón.
De 2011 a 2014, dividiu o seu tempo entre traballar en proxectos de cine e continua-la súa educación, estudiando na Brown University nos EE.UU. e no Worcester College en Oxford, graduándose na Brown en Literatura Inglesa en maio de 2014.
Tamén traballou como modelo e como asesora de moda na creación dunha liña de roupa.
En 2014 foi premiada pola British Academy of Film and Television Arts, como Actriz Británica do Ano.
O mesmo ano, foi nomeada Embaixadora de Boa Vontade das Mulleres da ONU, e axudou a lanza-la campaña HeForShe, que fai un chamamento ós homes para que defendan a igualdade de xénero.
"Os homes e as mulleres deberían sentirse libres para ser sensibles. Os homes e as mulleres deberían sentirse libres para ser fortes. É hora de que todos percibámo-lo xénero coma un espectro, en lugar de dous grupos de ideais opostos".
Emma Watson (Paris, April 15, 1990) is a British actress, model and activist. She was raised in Oxfordshire, where she went to the Dragon School and later to the Headington School, and received training as an actress at the Oxford Stagecoach Theatre Arts.
She rose to fame after obtaining her first professional role as Hermione Granger in the Harry Potter movie series, having previously performed only in plays at school, and she has continued to work as an actress ever since.
From 2011 to 2014, she divided her time between working in film projects and continuing her education, studying at Brown University in the USA and at Worcester College in Oxford, graduating from Brown in English Literature in May 2014.
She also worked as a model and as a fashion advisor in creating a clothing line.
In 2014 she was awarded by the British Academy of Film and Television Arts, as British Actress of the Year.
The same year, she was named UN Women Goodwill Ambassador, and helped launch the HeForShe campaign, which calls on men to advocate for gender equality.
“Both men and women should feel free to be sensitive. Both men and women should feel free to be strong… It is time that we all perceive gender on a spectrum instead of two sets of opposing ideals."