En marzo de 2022 contribuín a crear a campaña "Outro Garañón... na Muralla?", da que son voceira, en colaboración con representantes de Adega (Asociación Para A Defensa Ecolóxica de Galiza), do Foro do Camiño Primitivo (que integra a unha trintena de colectivos e profesionais que defenden a ruta máis antiga de peregrinación a Santiago de Compostela), e outros cidadáns. Con esta campaña buscamos concienciar á opinión pública, e conseguir a implicación dos grupos políticos do Concello de Lugo para impedir que se leve a cabo un agresivo proxecto de especulación urbanística aprobado en 2019, no punto no que conflúen a Muralla Romana e o Camiño Primitivo, ambos declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. O noso obxectivo é a retirada de dito proxecto, e a proposta dunha solución alternativa máis respectuosa co Patrimonio, e que responda ao interese xeral. Esta campaña segue adiante na actualidade.
Podes atopar toda a información sobre esta campaña no sitio web:
Asina a petición:
Di non á especulación fronte á Muralla de Lugo e o Camiño de Santiago
In March 2022 I contributed to the creation of the campaign "Outro Garañón ... na Muralla?", of which I am the spokesperson, in collaboration with representatives of Adega (Association for the Ecological Defense of Galicia), of the Foro do Camiño Primitivo (which integrates a thirty groups and professionals who defend the oldest pilgrimage route to Santiago de Compostela), and other citizens. With this campaign we seek to raise public awareness, and get the involvement of political groups in the Lugo City Council to prevent an aggressive urban speculation project approved in 2019, at the point where the Roman Wall and the Primitive Way converge, both declared a World Heritage Site by UNESCO. Our goal is the withdrawal of this project, and the proposal of an alternative solution more respectful of the Heritage, and that responds to the general interest. This campaign is moving forward today.
You can find all the information about this campaign on the website:
Sign the petition:
Say no to speculation in front of the Wall of Lugo and the Way of Saint James