Nacín en Lugo, e en 2003 obtiven a Licenciatura en Belas Artes coa especialidade de Pintura na Facultade de Belas Artes de Pontevedra (Universidade de Vigo). Previamente, participei en dúas mostras colectivas na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, e noutra na Casa da Cultura de Vilagarcía de Arousa.
En 2004 recibín o Certificado de Aptitude Pedagóxica na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo (Universidade de Santiago), e presenteime ás oposicións do corpo de profesores de Debuxo de educación secundaria de centros públicos de Galicia.
En 2005 comecei a traballar como profesora de Debuxo, e dende entón percorrín diversos centros por toda Galicia, dando clase na E.S.O. e no Bacharelato. Ó mesmo tempo continuei a miña formación realizando diversos cursos de formación complementaria do profesorado, e máis tarde comecei a estudar na Escola Oficial de Idiomas de Lugo, acadando o nivel C1 de Inglés e o B2 de Francés.
En 2015 rematei o Ciclo Medio de Serigrafía Artística na Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo, e recibín o premio ó mellor expediente académico dos estudios. En 2016, finalicei o primeiro curso do Ciclo Superior de Cerámica Artística na mesma escola, e teño pendente de rematar o segundo curso.
Comecei o proxecto "Heroínas De Tódolos Días" en 2016, que mostrei na miña primeira exposición individual en 2018 no Centro Asociado da UNED de Lugo; posteriormente, na Escola Oficial de Idiomas de Lugo; e en Lugonovo, Lugo, en 2019. O mesmo ano, tamén mostrei obras do proxecto nas exposicións colectivas "Ha(v)-belas. Sete mulleres que falan a través da arte" (O Vello Cárcere, Lugo); "Bravas" (Caldiae Factoría Cultural, Lugo); e "Artistas Polo Clima" (Caldiae Factoría Cultural, Lugo). As dúas últimas exposicións foron coordinadas por min.
Dende marzo de 2019 ata marzo de 2020, fun Coordinadora de Cultura en Lugonovo, unha plataforma cidadá de Lugo que prestaba apoio ás mulleres artistas. Dirixín unha Programación Cultural Anual adicada únicamente a mulleres artistas, algo que puidemos facer realidade por primeira vez dende unha plataforma cidadá lucense, en colaboración con Caldiae Factoría Cultural. Coordinei dez eventos e inauguracións dentro desta Programación.
En agosto de 2019, escribín o artigo "A Arte, un Club de Homes", sobre a discriminación de xénero na Arte, para o xornal Praza Pública.
Dende novembro de 2019 ata febreiro de 2020, colaborei co partido político En Marea, coordinando unha exposición de arte colectiva itinerante promovida pola organización, titulada "A Loita Feminista Pola Igualdade No Deporte", que se mostrou en Santiago de Compostela, A Coruña e Pontevedra durante o ano 2020. Tamén participei como artista aportando obras do meu proxecto para estas exposicións.
Durante o confinamento global por COVID-19 participei en catro exposicións virtuais: "Ha(v)-belas Confinadas" (Sete mulleres artistas en Lugo, 2020); "Arte Con Fin Arte" (Real Academia Galega de Belas Artes,2020), "FACE" e "FACE 0.1" (Happenstance Art Gallery, Londres, 2021).
En marzo de 2022 contribuín a crear a campaña "Outro Garañón... na Muralla?", da que son voceira, en colaboración con representantes de Adega (Asociación Para A Defensa Ecolóxica de Galiza), do Foro do Camiño Primitivo (que integra a unha trintena de colectivos e profesionais que defenden a ruta máis antiga de peregrinación a Santiago de Compostela), e outros cidadáns. Con esta campaña buscamos concienciar á opinión pública, e conseguir a implicación dos grupos políticos do Concello de Lugo para impedir que se leve a cabo un agresivo proxecto de especulación urbanística aprobado en 2019, no punto no que conflúen a Muralla Romana e o Camiño Primitivo, ambos declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. O noso obxectivo é a retirada de dito proxecto, e a proposta dunha solución alternativa máis respectuosa co Patrimonio, e que responda ao interese xeral. Esta campaña segue adiante na actualidade.
No 2023, participei na exposición colectiva ‘Cabeza, man, corazón’ – 50 Aniversario da EASD Ramón Falcón. (O Vello Cárcere, Lugo).
Ese mesmo ano, publicouse o libro dos autores Dirk Timmerman e Thilo Schmied "U2 Back in Berlin", no que colaborei cun artigo sobre a influencia do disco "Achtung Baby" e do "ZOO TV Tour" da banda U2 no meu camiño para converterme en artista. Este libro foi publicado en alemán, inglés, italiano, francés, holandés, portugués e español.
Na segunda metade de 2024, levei a cabo tres exposicións individuais: na Biblioteca Pública Municipal de Viveiro, no Centro Cultural "O Vello Cárcere" de Lugo, e no LOCAL Espazo da Arte de María Xosé Díaz, en Teo (A Coruña). Fixen tres visitas guiadas para grupos de adultos e adolescentes durante a exposición do Vello Cárcere.
En 2024, tamén realicei catro ilustracións para a novela "Turno de Vacaciones" de Fernanda Arrojo Novoa, que foi publicada o mesmo ano.
Dende 2018, participei como relatora en varias charlas, mesas redondas e presentacións de libros, falando sobre a miña obra e as causas coas que estou involucrada.
Tamén son cinto negro 3º DAN de Judo.
I was born in Lugo, and in 2003 I obtained an University Degree in Fine Arts with a major in Painting at the Facultade de Belas Artes de Pontevedra (University of Vigo). Previously, I took part in two collective exhibitions in the Facultade de Belas Artes de Pontevedra, and in another one in the Casa da Cultura de Vilagarcía de Arousa.
In 2004 I got the Pedagogical Aptitude Certificate at the Facultade de Formación do Profesorado de Lugo (University of Santiago), and I took the entrance exams for secondary education Art teachers of Galicia's public schools.
In 2005, I began to work as an Art teacher, and since then I have worked at different schools throughout Galicia, teaching in Secondary Education and A Levels. At the same time, I continued my training by completing several complementary training courses for teachers, and later I started to study at the Escola Oficial de Idiomas de Lugo, attaining the C1 English level and the B2 French level.
In 2015 I became a Technician in Artistic Screen Printing at the Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo, and I received the award for the best academic record of the studies. In 2016, I finished the first year of the Certificate of Higher Education of Artistic Ceramics at the same school, and I have pending to complete the second year.
I started the project "Heroínas De Tódolos Días" in 2016, which I showed in my first solo exhibition in 2018 at the Centro Asociado da UNED de Lugo; later, in the Escola Oficial de Idiomas de Lugo; and in Lugonovo, Lugo, in 2019. The same year, I also showed artworks of the project in the collective exhibitions "Ha(v)-belas. Sete mulleres que falan a través da arte"(O Vello Cárcere, Lugo); "Bravas" (Caldiae Factoría Cultural, Lugo); and "Artistas Polo Clima" (Caldiae Factoría Cultural, Lugo). The last two exhibitions were coordinated by me.
From March 2019 to March 2020, I was the Cultural Coordinator in Lugonovo, a citizen's platform of Lugo that supported women artists. I ran an Annual Cultural Programme dedicated solely to women artists, something that we could make happen for the first time in a citizen's platform in Lugo, in collaboration with Caldiae Factoría Cultural. I coordinated ten events and openings in this Programme.
In August 2019, I wrote the article "A Arte, un Club de Homes", about gender discrimination in Art, for the newspaper Praza Pública.
From November 2019 to February 2020, I collaborated with the political party En Marea, coordinating a travelling collective art exhibition promoted by the organization, entitled "A Loita Feminista Pola Igualdade No Deporte", which was shown in Santiago de Compostela, A Coruña and Pontevedra during the year 2020. I also participated as an artist providing artworks of my project to these exhibitions.
During the global confinement by COVID-19 I took part in four virtual exhibitions: "Ha(v)-belas Confinadas" (Seven women artists in Lugo, 2020); "Arte Con Fin Arte" (Real Academia Galega de Belas Artes, 2020), "FACE" and "FACE 0.1" (Happenstance Art Gallery, London, 2021).
In March 2022 I contributed to the creation of the campaign "Outro Garañón ... na Muralla?", of which I am the spokesperson, in collaboration with representatives of Adega (Association for the Ecological Defense of Galicia), of the Foro do Camiño Primitivo (which integrates a thirty groups and professionals who defend the oldest pilgrimage route to Santiago de Compostela), and other citizens. With this campaign we seek to raise public awareness, and get the involvement of political groups in the Lugo City Council to prevent an aggressive urban speculation project approved in 2019, at the point where the Roman Wall and the Primitive Way converge, both declared a World Heritage Site by UNESCO. Our goal is the withdrawal of this project, and the proposal of an alternative solution more respectful of the Heritage, and that responds to the general interest. This campaign is moving forward today.
In 2023, I took part in the collective exhibition ‘Cabeza, man, corazón’ – 50 Anniversary of the EASD Ramón Falcón. (O Vello Cárcere, Lugo).
In the same year, the book "U2 Back in Berlin" by authors Dirk Timmerman and Thilo Schmied was published, in which I contributed an article about the influence of the album "Achtung Baby" and the "ZOO TV Tour" of the band U2 on my way to become an artist. This book has been published in German, English, Italian, French, Dutch, Portuguese and Spanish.
In the second half of 2024, I held three solo exhibitions: at the Biblioteca Pública Municipal de Viveiro, at the Centro Cultural "O Vello Cárcere" de Lugo, and at the LOCAL Espazo da Arte de María Xosé Díaz, in Teo (A Coruña). I conducted three guided tours for groups of adults and teenagers during the Vello Cárcere exhibition.
In 2024, I also made four illustrations for the novel "Turno de Vacaciones" by Fernanda Arrojo Novoa, which was published the same year.
Since 2018, I have participated as a speaker in several talks, round tables and book presentations, talking about my artwork and the causes I am involved with.
I am also a 3º DAN black belt in Judo.