Xa vos podedes anotar nos Faladoiros de Psicoloxía !!!!
Sada, 30/06/2025
GRAZAS POR UNHA DÍA MARABILLOSO!!
Dende o ANPA do CEIP Mosteirón queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todo o equipo docente e ao colexio en xeral pola excelente organización da festa de fin de curso.
Este ano tivemos a sorte de despedir o curso cunha actividade moi especial: unha carreira ENKI, chea de probas, obstáculos e diversión, onde participaron activamente nenos, nenas, profesorado e familias. Foi unha xornada diferente, orixinal, inclusiva e chea de valores: esforzo, cooperación, empatía, xogos en equipo e moitas, moitas risas.
A comunidade educativa do Mosteirón demostrou, unha vez máis, que aprender vai moito máis alá das aulas. Actividades como esta fomentan o compañeirismo, a alegría de compartir e o sentimento de pertenza ao centro, creando recordos inesquecibles para todos e todas.
Somos conscientes de que detrás dunha festa así hai moitas horas de traballo, planificación e dedicación, e por iso queremos recoñecer especialmente a implicación do profesorado, que fixo posible que todo saíse á perfección. Grazas por coidar todos os detalles, por organizar espazos seguros, creativos e adaptados a todas as idades, e por conseguir que cada rapaz e rapaza se sentise protagonista do seu día.
💚 Dende o ANPA, simplemente dicimos: grazas.
Grazas por facer do Mosteirón un lugar vivo, alegre e comprometido co benestar e a educación en sentido amplo dos nosos fillos e fillas.
Parabéns a todo o equipo e… ¡bo verán!
Se queres ampliar a informacion mira a seguinte publicación.