Xa vos podedes anotar nos Faladoiros de Psicoloxía !!!!
Xa podedes daros de alta na web https://jardanaycomedores.es/ para o curso 2025-2026 dende o 22 Agosto.
Para máis información https://jardanay.es/
A actividade de "Madrugadores" un servizo de conciliación previo ao inicio do horario escolar.
Estamos a traballar na opción de ofrecer almorzos para facilitar, aínda máis, a conciliación familiar.
Pendentes da aprobación por parte da Xunta para poder ofrecérvolo canto antes.
Manterémosvos informad@s.
O servizo dará comezo o 8 de Setembro de 2025 xunto con comezo do curso escolar.
O horario será de 07.30 - 09:00h.
💰 Pagos y xestión
O servizo de madrugadores será xestionado pola empresa provedora do mesmo, neste caso JARDANAY.
Ofrécese a posibilidade de utilizar o servizo de madrugadores todos os días ou tamén en días soltos.
Tanto a alta como a baixa no servizo realizaranse a través de JARDANAY, seguindo as instrucións correspondentes, podedes consultar a guia informativa de cómo usar o servizo.
🔔 Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
Dende o ANPA e os provedores do servizo de madrugadores, apostamos por unha participación inclusiva e respectuosa coas características de cada neno e nena.
Se estades valorando inscribir á vosa crianza con necesidades especiais o servizo de madrugadores escríbenos. Xuntas (a familia, o proveedor do servizo, a ANPA e o equipo directivo do centro) valoraremos a súa incorporación para garantir o seu benestar e a boa adaptación ao grupo.
💚 O noso obxectivo é crear espazos seguros, accesibles e enriquecedores para todo o alumnado.
Importante:
Non se poderá asistir ao servizo de madrugadores sen ser socio/a do ANPA.
Ter pagos pendentes ou devolver un recibo implica a imposibilidade de utilizar o servizo de madrugadores.
📬 Para calquera consulta, podedes escribirmos ou poñervos en contacto con nós aqui.
¡Grazas por colaborar coa boa organización de madrugadores e o benestar das nosas fillas e fillos!
** En canto podamos os facilitaremos as instruccións para usar este servizo.