Segundo prazo alta nas EXTRAESCOLARES ata o 04/09/2026
CURSOS NATACION 26/27 (**informacion mais abaixo)
**Iremos ampliando a oferta de actividades ao longo do curso escolar, polo de agora temos estas.
**Os horarios dos cursos de natacion poden ter alguna modificacion antes do seu inicio, mellor consultar la propia piscina.
Estas actividades realizaránse fóra do CEIP Mosteirón, o alumnado deberá ser levado e recollido de manera particular.
A inscrición nestas actividades será xestionada directamente polos clubs/provedores do servizo, tendo que poñerse en contacto con eles para formalizar a inscrición.
Ser membro do ANPA ofrécenos bonificacións na cota destas actividades (estas bonificacións xa están reflectidas nos prezos indicados a continuación).
Iremos ampliando a oferta de actividades ao longo do curso escolar, polo de agora temos estas.
A inscrición nas actividades desenvolvidas FORA do Centro Escolar levarase a cabo poñendose en contacto co proveedor da actividades correspondente (podeo consultar na sección Actividades Fora do Centro).
🛑 Finalización das actividades FORA do Centro Escolar
A finalización nas actividades desenvolvidas FORA do Centro Escolar estará marcada po lo proveedor da actividade.
💰 Pagos e xestión das actividades FORA do Centro Escolar
A xestión das inscricións, os pagos, as baixas ou modificacións das actividades desenvolvidas FORA do Centro Escolar levarase a cabo a través do proveedor da actividade (podeo consultar na sección Actividades Fora do Centro).
🚨 Importante das actividades FORA do Centro Escolar
Non se poderá ter beneficios e descontos en actividades fora do centro sen ser socio/a do ANPA.
Este curso a modalidade ANPA amplía a súa oferta con grupos distribuídos ao longo de toda a semana, para unha mellor adaptación ás necesidades das familias.
LUGAR: Piscina Municipal de Sada. Ctra. de Samoedo, s/n - 15160 - Sada.
Actividades ofrecidas polo Piscina Municipal Sada.
Queres apuntar ao teu fillo ou filla a natación este curso?
Sendo familia asociada , podes beneficiarte da Modalidade ANPA dos cursos de natación da Piscina Municipal de Sada.
Unha sesión semanal, mais opcions de horarios.
Grupos adaptados por idades e niveis.
Para alumnado de Infantil e Primaria.
Bonificacións para familias asociadas á ANPA.
Quen pode participar?
Alumnado de centros escolares que pertenza a unha ANPA.
É necesario presentar un certificado que acredite a condición de socio/a da ANPA.
Calendario:
Preinscrición
Do 9 ao 16 de setembro de 2026. (directamente na Piscina Municipal Sada).
Listaxes provisionais
Publicación o 18 de setembro de 2026.
Matrícula e pagamento
Do 18 ao 25 de setembro de 2026.(directamente na Piscina Municipal Sada).
Inicio das clases
1 de outubro de 2026.
Organización dos grupos
Os grupos organizaranse segundo o nivel e a autonomía acuática de cada participante (realizada directamente polo servizo da piscina).
1 sesión semanal (de luns a venres).
Poderán coincidir alumnos e alumnas de distintos centros educativos no mesmo grupo.
Documentación necesaria
Ademais da documentación xeral da matrícula, será obrigatorio achegar certificado da ANPA que indique:
Curso escolar, Nome do pai, nai , nome do neno ou nena , no caso de irmáns/ás, poderán figurar no mesmo documento.
IMPORTANTE
As inscricións, os pagamentos e a organización dos grupos realizaránse directamente na piscina e para poder aplicar a bonificación correspondente, unicamente será necesario que a familia solicitante presente un documento da ANPA que acredite a condición de socio/a. Este documento deberá incluír o curso escolar correspondente , o nome do proxenitor ou proxenitora e o nome do neno ou nena que se inscriba, podendo figurar nun único certificado dous ou máis menores no caso de irmáns.
**Podes consultar a bases de participacion dos cursos de natacion aqui
🥋 TAEKWONDO: Unha arte marcial que mellora a coordinación, a disciplina e a autoestima a través do xogo e o movemento.
💪 Trabállanse valores como o respecto, a constancia e o control emocional mentres se fai exercicio de forma divertida.
🧘♀️ Actividade física completa que reforza corpo e mente, adaptada a cada idade e nivel.
🔥 Únete e disfruta dunha actividade saudable, dinámica e chea de enerxía!.
HORARIOS: Martes e/ou Xoves 16.00 - 17.00h.
IDADES: 4°EI-6°EP
PREZO MENSUAL UN DÍA: 18€
PREZO MENSUAL DOUS DÍAS: 23 €
Actividade ofrecida polo Club de Taekwondo Sada. Dará comezo no club en Outubro.
🤸 PARKOUR: Unha actividade dinámica que combina movemento, axilidade e superación de retos físicos de forma segura e divertida.
🏃♀️ Mellora a coordinación, o equilibrio, a forza e a confianza a través de saltos, desprazamentos e xogos en circuítos adaptados.
🔥 Fomenta o esforzo, o control corporal e o respecto polos compañeiros nun ambiente motivador.
💥 Apúntate ao parkour e aprende a moverte como nunca antes!
HORARIOS: Mércores e/ou Venres 16.00 - 17.00h.
IDADES: 6°EI-6°EP
PREZO MENSUAL UN DÍA: 18€
PREZO MENSUAL DOUS DÍAS: 28 €
LUGAR: Avda. Sada y Contornos, Num. 2, 15160 Sada.
Actividades ofrecidas polo Club de Taekwondo Sada. Dará comezo no club en Outubro.
🤸 HÓCKEY PATÍNS/PATINAXE: Unha actividade emocionante que combina patinaxe, habilidade e traballo en equipo nun entorno dinámico e divertido. Facilitan todo o material preciso, patíns, proteccións, sticks... pódese ir un día a probar sen compromiso. Non é preciso saber patinar, aprenderán alí mediante xogos e circuitos.
🛼 Os nenos e nenas melloran a coordinación, o equilibrio e a resistencia mentres aprenden a controlar o xogo sobre rodas.
🤝 Fomenta o compañeirismo, o esforzo e o respecto a través do deporte.
🔥 Únete ao hóckey patíns e vive a velocidade, o xogo e a diversión sobre catro rodas!
HORARIOS: Martes e/ou Xoves 17.00 - 18.30h.
IDADES: 4°EI-6°EP
PREZO MENSUAL UN DÍA: 20€
PREZO MENSUAL DOUS DÍAS: 30 €
LUGAR: Pavillón Arsenio Iglesias. Praza Arsenio Iglesias 6, 15179 Oleiros.
Actividade ofrecida polo Club Hockey Oleiros. Dará comezo en Setembro.
Mais info en https://hockeyoleiros.com/extraescolar-mosteiron/.
🎨 PINTURA: Un espazo onde poden dar renda solta á súa imaxinación a través das cores e as formas.
🖌️ Desenvolven a motricidade fina, a concentración e a expresión emocional mentres se divirten creando.
🌈 Experimentan con diferentes técnicas e materiais, descubrindo o seu propio estilo artístico.
✨ Apúntate e deixa voar a túa creatividade nun ambiente relaxado e inspirador!
HORARIOS:
Mércores de 18:15 - 19:15 h.
IDADES: 5°EI-6°EP
PREZO MENSUAL UN DÍA: 16 €
Actividade ofrecida por La Escuela del Arte (Sada). Para mais informacion non dubides en poñerte enb contacto con eles.