Aberto primeiro prazo de alta nas EXTRAESCOLARES do 15/06/26 ata o 12/07/26
Estas actividades realizaranse no CEIP Mosteirón despois do comedor, o alumnado deberá ser recollido no centro ao rematar as actividades.
A alta realizarase mediante o formulario publicado para tal fin:
Primeiro prazo a partir do 15 Xuño 2026 a 12 Xullo 2026.
Segundo prazo cos ocos valeiros a partires do 1 Setembro 2026.
Algunhas actividades darán comenzo en Setembro e outras en Outubro. (Na información de cada actividade indícase a data de comenzo link).
Durante o mes de Setembro, ofreceremos un servicio especial de LUDOTECA, co obxetivo de axudar as familias na conciliación durante ese mes no que algunas extraescolares ainda non arrancaron.(Consultar a sección LUDOTECA para máis información).
A maioría das actividades teñen un máximo de alumnos, asi os grupos iranse enchendo por riguroso orde de inscrición.
Recordade que se non chegamos os mínimos que nos marca o proveedor da actividade teremos que suprimir a mesma e buscar a mellor opción xunto coas familias para favorecer a conciliación sempre que sexa posible.
Se precisades conciliar e, o ben non hai actividade ou non hai cupo, non dubidedes en contactarnos por email e sempre nos esforzaremos por daros unha solución.
🛑 Finalización das actividades DENTRO do Centro Escolar
As actividades poderán rematar por dous motivos:
Por non acadarse o número mínimo de alumnos requirido po lo proveedor da actividade.
En condicions normais, as actividades rematarán a semana do último día lectivo do curso correspondente en XUÑO 2027.
💰 Pagos e xestión das actividades DENTRO do Centro Escolar
Os pagos das actividades desenvolvidas dentro do Centro Escolar realizarase por adiantado (entre o 1 e o 5 de cada mes), será a propia ANPA ou o provedor do servizo quen faga o cargo na conta facilitada no formulario de alta na ANPA según corresponda.
A xestión das inscricións (altas/baixas), a coordinación cos provedores e a supervisión xeral das actividades levarase a cabo a través do ANPA.
O ANPA será responsable de tramitar as altas e baixas das actividades, así como de facer seguimento dos pagos.
🚨 Importante:
Non se poderá asistir a actividades extraescolares sen ser socio/a do ANPA.
Non se poderá asistir a ningunha actividade extraescolar se non se abonou previamente.
Ter pagos pendentes ou devolver un recibo implica a imposibilidade de inscribirse en novas actividades ata que a situación estea regularizada.
A devolución dun recibo supondrá un custo de 3euros a maiores para solventar os gastos producidos, este cargo sumarase o importe do recibo devolto e cargarase na conta facilitada.
⚠️ Lembramos que a participación nas actividades extraescolares implica o respecto polas normas de convivencia e o comportamento adecuado durante o seu desenvolvemento. No caso de que un/unha alumno/a teña unha conduta inadecuada de maneira reiterada, podería quedar excluído/a da actividade, previo aviso á familia.
❌ Baixas nas actividades DENTRO do Centro Escolar
Non asistir á actividade non implica a baixa automática. Deberá darse de baixa avisando a ANPA.
Para darse de baixa é obrigatorio comunicalo por correo electrónico premendo na seguinte ligazón: BAIXA EXTRAESCOLAR
As baixas deben comunicarse antes do día 20 do mes anterior a causar baixa. Por exemplo, se non se desexa continuar a partir de marzo, a baixa debe solicitarse antes do 20 de febreiro.
🔔 Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo nas actividades DENTRO do Centro Escolar
Dende o ANPA e os provedores das actividades extraescolares, apostamos por unha participación inclusiva e respectuosa coas características de cada neno e nena.
Se estades valorando inscribir á vosa crianza con necesidades especiais nalgunha das actividades, escríbenos. Xuntas (a familia, o proveedor da actividades, a ANPA e o equipo directivo do centro) valoraremos a súa incorporación para garantir o seu benestar e a boa adaptación ao grupo.
💚 O noso obxectivo é crear espazos seguros, accesibles e enriquecedores para todo o alumnado.
🥋 FUN PARK: Unha actividade dinámica e chea de movemento que combina psicomotricidade, taekwondo e parkour para desenvolver habilidades físicas dunha forma divertida e segura.
💪 A través de xogos, circuítos e retos, os nenos e nenas melloran a coordinación, o equilibrio, a axilidade e a confianza en si mesmos/as mentres aprenden valores como o respecto, a superación e o traballo en equipo.
🧘♀️ Saltar, correr, trepar, esquivar e moverse serán parte dunha experiencia activa que favorece o desenvolvemento físico, emocional e social adaptado a cada idade e nivel. Actividade física completa que reforza corpo e mente, adaptada a cada idade e nivel.
🔥 Únete e disfruta dunha actividade saudable, dinámica e chea de enerxía!.
HORARIOS: Venres 15.20 - 16.20h.
IDADES: 4°EI-6°EP
PREZO MENSUAL: 18 €
Actividade ofrecida polo Club de Taekwondo Sada. Dará comezo en Setembro e finalizara en Xuño.
🧠 ROBÓTICA: Unha actividade innovadora onde os nenos e nenas deseñan, constrúen e programan robots mentres xogan e aprenden.
🔧 Potencian habilidades en ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas (STEAM) de xeito divertido e práctico.
🎮 Empregan materiais de LEGO, impresión 3D, realidade virtual e programación por bloques, adaptados á súa idade.
🤖 Anímate a participar e descubre o futuro da aprendizaxe tecnolóxica desde xa!
HORARIOS: Luns 15.20 - 16.20h.
IDADES: 4°EI-6°EP
PREZO MENSUAL: 25€
Actividade ofrecida por STEMROBOTS (Oleiros). Dará comezo en Setembro.
🏃 ATLETISMO: Unha actividade completa que mellora a resistencia, a velocidade e a coordinación motriz.
🌟 Fomenta hábitos saudables, o compañeirismo e o esforzo persoal a través de xogos e retos adaptados a cada idade.
🤸♂️ Saltos, carreiras, lanzamentos... cada sesión é unha aventura chea de movemento.
🥇 Anímate a participar e descubre o pracer de superarte correndo, saltando e xogando!
HORARIOS: Luns e Mércores 15.20 - 16.20h
IDADES: 4°EI-6°EP
PREZO MENSUAL: 24€
Actividade ofrecida por Club Atletismo Sada. Dará comezo en Outubro (tedes LUDOTECA o mes de Setembro para cubrir o horario).
🎨 PINTURA: Un espazo onde poden dar renda solta á súa imaxinación a través das cores e as formas.
🖌️ Desenvolven a motricidade fina, a concentración e a expresión emocional mentres se divirten creando.
🌈 Experimentan con diferentes técnicas e materiais, descubrindo o seu propio estilo artístico.
✨ Apúntate e deixa voar a túa creatividade nun ambiente relaxado e inspirador!
HORARIOS: Martes e Xoves 15.20 - 16.20h.
IDADES: 5°EI-6°EP
PREZO MENSUAL DOUS DÍAS: 19 €
Actividade ofrecida por La Escuela del Arte (Sada). Dará comezo en Setembro.
🌲 NATUREZA: Actividade ao aire libre onde os nenos e nenas exploran, xogan e conectan coa natureza dun xeito creativo e respectuoso.
🔨 Xogos libres, artesanía con materiais naturais e destrezas con ferramentas fomentan habilidades manuais, sociais e o coidado do medio.
📚 Cada sesión péchase con contos, lendas e cantigas en grupo, creando “tribo” e conciencia ecolóxica para infantil e primaria.
HORARIOS: Mércores 15.20 - 16.20h.
IDADES: 4°EI-6°EP
PREZO MENSUAL: 25€
Actividade ofrecida por Laura Martínez Rey Dará comezo en Setembro.
🎶 BAILE E PANDEIRETA: Unha actividade divertida para achegar aos nenos e nenas á música e ao folclore galego dun xeito participativo.
🥁 Melloran a coordinación, o ritmo, a expresión corporal e a memoria mentres aprenden bailes e tocan instrumentos tradicionais.
🎶 A través do xogo e a música, desenvolven o sentido artístico, o respecto pola cultura e o traballo en grupo.
HORARIOS: Venres 15:20 – 17:00 h
IDADES: 4º EI–6º EP
PREZO MENSUAL: 15 €
Actividade ofrecida por Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa. Dará comezo en Setembro.
🇬🇧 ENGLISH KIDS: Unha actividade dinámica e divertida para que os máis pequenos se familiaricen co inglés desde idades temperás a través do xogo, as cancións, os contos e as actividades participativas.
🗣️ Melloran a comprensión e a expresión oral en inglés dun xeito natural e adaptado á súa idade.
🎨 A través de dinámicas lúdicas e creativas, desenvolven a confianza para comunicarse, a curiosidade por outras culturas e as habilidades sociais.
HORARIOS: Martes e Xoves 15.20 - 16.20h
IDADES: 4º EI–1º EP
PREZO MENSUAL: 30€
Actividade ofrecida por Little NY Language Center. Dará comezo en setembro.
🇬🇧 ENGLISH JUNIOR: Unha actividade pensada para consolidar e ampliar os coñecementos de inglés dos nenos e nenas mediante actividades prácticas, xogos, conversacións e recursos adaptados ao seu nivel.
📚 Reforzan o vocabulario, a comprensión oral e escrita, e a capacidade de comunicación en inglés nun ambiente motivador.
🌍 A través de retos, proxectos e actividades colaborativas, fomentan a autonomía, a creatividade e a confianza no uso da lingua.
HORARIOS: Martes e Xoves 15.20 - 16.20h
IDADES: 2º EP – 5º EP
PREZO MENSUAL: 30€
Actividade ofrecida por Little NY Language Center. Dará comezo en setembro.