Xa vos podedes anotar nos Faladoiros de Psicoloxía !!!!
Sada, 5/02/2026
A ANPA do CEIP Mosteirón organiza a participación do colexio no Pasacalles de Entroido de Sada, unha actividade festiva e comunitaria que busca fomentar a convivencia, a participación das familias e o sentimento de pertenza á comunidade educativa.
A temática será “Mosteiron Airlines”, dentro do proxecto do centro Viaxando polo mundo.
Todas as persoas participantes desfilarán andando acompañando unha carroza cun gran avión que está a elaborar a ANPA coa axuda do CEIP e na que cada clase creará un pequeno adorno decorativo relacionado coa temática, asi veranse todos os cursos representados.
Á finalización do desfile, no Pavillón Municipal de Deportes, haberá unha fase de exhibición sobre escenario, onde subiremos todos para amosar os nosos disfraces e asi poder optar o premio.
Poderanse inscribir todas as persoas sexan ou non do CEIP Mosteiron.
📅 Martes 17 de Febreiro do 2026.
📍 Inicio na Casa da Cultura ás 17:30 horas.(https://maps.app.goo.gl/XbzZt3T8ZUKjHfz98)
Percorrido por Avda. da Mariña; Rúa Venezuela; Rúa Bergondo; Rúa Pontedeume; Rúa Oza dos Ríos; Avda. da Coruña; Rúa Cambre; Rúa da Lagoa.
Finalización no Pavillón Municipal de Deportes ás 19:00 aproximadamente
As persoas inscritas poderán escoller entre tres opcións de disfraces:
Azafatos/as de viaxe: pantalón ou saia azul/negra, camisa ou camiseta branca, chaqueta azul/negra, pano/gravata/foulard vermello, calzado cómodo e escuro. Accesorios opcionais: visera, maletíns ou trolley decorativos, gafas de sol, pasaporte ou tarxeta de embarque ficticia.
Persoal de pista: mono ou chaleco reflectante (amarelo, laranxa ou verde neón), pantalón escuro, camiseta básica, botas ou zapatillas negras. Accesorios opcionais: gorra ou casco tipo obra/aeroporto, paletas luminosas.
Pilotos de avión comercial: camisa branca, pantalón azul/negro, chaqueta azul/negra, zapatos oscuros, gorra de piloto, gravata negra. Accesorios opcionais: maletín, auriculares, mapa de voo, bigote falso, gafas tipo aviador, placa falsa “CAPTAIN/FIRST OFFICER”.
O desfile contará con acompañamento musical, camiñaremos ao ritmo da música, saúdo de azafato/a, xesto de despegue coas mans, mostrar os adornos e bater palmas, tocas silbatos ou o que queirades.
Como inscribirse:
Podedes inscribiros a través do seguinte formulario: https://forms.gle/3kvmCrwMqdMs3HpV8
En cada formulario poderán inscribirse ata 2 persoas adultas e 4 nenos/as, sendo as persoas adultas responsables en todo momento da supervisión e seguridade dos menores durante o desfile.
🚨🚨 IMPORTANTE: 🚨🚨
Responsabilidade dos menores: As persoas menores deben ir acompañadas e baixo a responsabilidade dunha persoa adulta durante todo o desfile.
Dereitos de imaxe: A inscrición implica autorización para a captación e uso de imaxes e vídeos do evento sen ánimo comercial.
Premios: Calquera premio que reciba o desfile reverterá integramente na ANPA e no alumnado do CEIP Mosteirón, destinándose a actividades, materiais ou iniciativas escolares.
O Entroido do CEIP Mosteirón é unha celebración inclusiva, creativa e participativa, pensada como un espazo de encontro para compartir ilusión, alegría e espírito de colaboración entre familias, alumnado e centro educativo.
Sada, 22/01/2025
🌱🐦❤️ “Descubrindo o tempo do IMBOLC, tempo da Candeloria”
Dende a ANPA Mosteiron convidámosvos a participar nunha actividade especial para gozar en familia da natureza, da historia e das tradicións:
Coa colaboracion da nosa querida Laura (profesora de Natureza, https://www.instagram.com/removecorpoemente/ ) realizaremos unha andaina ata o mirador de San Mamede, un lugar moi simbólico nestas datas, xa que alí se situaba o antigo Castro de Amandi.
Neste entorno máxico falaremos da festividade celta do Imbolc e da Candeloria, do momento clave que vive a natureza e do regreso da luz.
Asequible para os mais pequeniños dende 4 EI.
A actividade inclúe:
Andaina en familia.
Obradoiro de sementeiros (para levar á casa).
Historias e un contiño para pechar a xornada
Data: Domingo 8/02/2025
Horario: de 11:00 a 13:00 h (recoméndase chegar sobre 10 minutos antes para poder iniciar a actividade en hora).
Lugar de encontro: https://maps.app.goo.gl/FbBNLtowLyomScmc8
Aldea Campo da Cruz, Carnoedo.
43°22'42.4"N 8°16'09.6"W
Aforo: 45 – máximo 50 persoas
Prezo por familia:
GRATIS: alumnado da actividade extraescolar de NATUREZA
6 €/ familia: socios/as da ANPA Mosteiron
12 €/ familia: non socios/as da ANPA Mosteiron
Orde de admisión (ata completar aforo):
Alumnado da actividade extraescolar de NATUREZA
Socios/as da ANPA Mosteiron.
Non socios/as
Será unha mañá para camiñar, aprender, escoitar historias e conectar coa natureza no momento no que comeza a espertar
PAGAMENTO:
O pagamento da actividade realizarase mediante transferencia bancaria á conta da ANPA Mosteiron unha vez os confirmemos por email a praza no roteiro.
Titular da conta: ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS DE MOSTEIRON
Número de conta (IBAN): ES55 0049 5030 1822 1679 8891
Concepto da transferencia (OBRIGATORIO): Camiñada + [nome da persoa adulta que se inscribe]
Consellos para a andaina:
Para gozar ao máximo da Camiñada a San Mamede, recomendase levar:
Calzado cómodo e pechado, por exemplo deportivas resistentes ou botas.
Roupa adecuada ao tempo, incluíndo chubasqueiro ou paraugas en caso de choiva.
Botella de auga para manterse hidratado durante a actividade.
Mochila pequena con algo de merenda, se se desexa.
IMPORTANTE:
Esta é unha actividade en familia. Todos os nenos e nenas deberán ir acompañados/as en todo momento por unha persoa adulta responsable. Cada pai, nai ou titor/a será responsable dos menores que leve ao seu cargo durante o desenvolvemento da actividade.
Lembrade que estaremos nunha contorna natural e é importante ser responsables, coidar do espazo e da seguridade das persoas pequenas e adultas.
A actividade é ao aire libre e pode haber zonas de terra ou pedra, polo que é importante ir ben preparado/a para camiñar con comodidade e seguridade.
ANOTATE no seguinte link: https://forms.gle/NpTUhiUh8y4tH9ncA
Animádevos a participar!
*En colaboracion co Concello de Sada
Sada, 3/12/2025
Este ano estrearemos o noso Hospital de Libros, un espazo máxico onde podes traer ese libro un pouco “ferido”: con follas soltas, esquiniñas dobradas ou tapas algo cansas.
No hospital podrás curalo con moito mimo e, cando estea “san”, poderás doalo para o mercadillo… ou leválo de novo contigo para casa, totalmente recuperado.
Un xeito precioso de darlle unha segunda vida ás historias.
Os pequenos -e tamén os maiores— poderán deixar fluír a súa creatividade nun espazo preparado con un micro e un atril.
Un recuncho acolledor onde ler contos que estarán alí, poesías ou textos propios, compartindo palabras que abrigan e unen.
Espazos pensados para celebrar o Nadal dende a creatividade, a lectura e a alegría de compartir.
*En colaboracion co Concello de Sada
Sada, 7/10/2025
Este Nadal poñemos en marcha no colexio o Mercadillo Solidario de Nadal Os Mosteiriños, unha actividade solidaria e educativa organizada polo ANPA e o CEIP Mosteirón, onde os nenos e nenas poderán doar, compartir e “mercar” xogos con Mosteiriños, a nosa moeda simbólica.
📅 Datas Celebración: Sábado 13 de decembro de 2025, de 11:00 a 14:00 h no CEIP Mosteirón.
🧸 Como funciona:
Cada neno/a que doe un xoguete ou material en bo estado e limpo recibirá un número de Mosteiriños segundo o tipo de doazón.
Pequeños (libros, muñecos pequenos, material escolar) -> 1 Mosteiriño
Medianos (puzzles, muñecos grandes, juegos de mesa) ->2–3 Mosteiriños
Grandes (bicis, construcciones grandes, patinetes)-> 5 Mosteiriños
Con esa moeda poderá “mercar” outros obxectos no Mercadillo Solidario de Nadal a prezos moi asequibles, que se celebrará o sábado 13 de decembro de 2025, de 11:00 a 14:00 h no CEIP Mosteirón.
📅 Datas: todos os Luns de 15:20 a 16:20h ou Venres de 9:15 a 13:00h dende o 10 de novembro ata o 12 de decembro.
🕐 Modalidades de entrega: todo o material terá que ser entregado dentro dunha bolsa co nome e curso do alumn@ e o nome e telefono de contacto do tit@r para poder facer entrega dos Mosteiriños.
Obxectos pequenos (libros, material escolar, xoguetes de tamaño reducido, etc.):
→ Poderán ser entregados polos nenos/as durante a xornada escolar.
→ O equipo organizador revisará o material e entregará máis tarde aos alumnos ou familias os Mosteiriños correspondentes.
Obxectos grandes (xoguetes voluminosos, bicis, construcciones grandes, patinetes, etc.):
→ Poderán ser entregados polos pais/nais ou titores:
- Os Luns de 15:20 a 16:20 h, no punto de recollida habilitado polo colexio dende o 10 de novembro ata o 12 de decembro.
- Ou os Venres de 9:15 a 13:00 h no punto de recollida habilitado polo colexio dende o 10 de novembro ata o 12 de decembro.
→ Neses horarios, alguén da directiva do ANPA estará presente para recibir as doazóns.
⚠️ Importante:
Pedimos que as doazóns sexan de xoguetes e materiais en bo estado e funcionais.
Pensemos que outros nenos e nenas van xogar con eles: se non o queremos para nós, tampouco é axeitado para doar.
A idea é compartir cousas que a nós tamén nos alegraría recibir.
O día do mercadillo haberá tamén un posto para a adquisición de Mosteiriños.
O recadado destinarase como doazón para poder seguir realizando actividades dende o ANPA.
Todo o material que non se compre será doado ao colexio, e aquel que o centro non poida aproveitar entregarase a unha ONG.
Se queres participar como voluntario non o dubides, faremos que todo funcione da mellor maneira posible, mandanos un correo a anpamosteiron.sada@gmail.com.
Adultos e alumnado de 6º EP curso → para montaxe e desmontaxe do mercadillo, os días 12 e 13 de decembro.
Alumnado de 2º EP a 6º EP e Adultos → para colaborar no mercadillo o día 13, de 10:00 a 13:00 h.
→ Se hai moita demanda, poderanse organizar quendas para participar.
✨ Con esta iniciativa queremos fomentar o espírito solidario, o consumo responsable e o valor de compartir.
Agradecemos moito a vosa colaboración para facer deste Mercadillo Solidario de Nadal Os Mosteiriños unha xornada chea de sorrisos .
*En colaboracion co Concello de Sada
Sada, 1/12/2025
O sábado 20 de decembro do 2025, de 17:00 a 20:00 h, o Pavillón Municipal de Sada convertirase nun espazo máxico para celebrar o Nadal en familia!
Este ano a festa está organizada polo ANPA de Sada e os seus Contornos, ANPA de Mosteirón e o Concello de Sada.
Tamén contamos coa colaboración de establecementos de proximidade da nosa vila, que se suman para facer desta xornada unha experiencia inesquecible.
💥 Que poderás atopar?
Hinchables e xogos para todos os nenos e nenas
Actividades e entretemento para toda a familia
Comida e refrescos para recargar enerxía
Moita diversión e risas para pasar unha tarde estupenda
🎁 Entrada gratuíta e, ao final da festa, gran sorteo con regalos!
Cada persoa terá dereito a unha rifa, e se traes produtos de hixiene ou alimentos para doar, recibirás rifas adicionais, contribuíndo a unha causa solidaria.
Ven a gozar dunha tarde máxica, chea de risas, xogos e sorpresas, xuntos faremos que o Nadal sexa aínda máis especial! 🎉
*En colaboracion co Concello de Sada
Sada, 18/09/2025
Este ano dende a ANPA colaboraremos coa organización da carreira ENKI, botando unha man ao cole na loxística e recollida dos dorsais.
👉 Achegamos un vídeo explicativo onde podedes ver como facer a inscrición, xa que cada familia interesada deberá realizala directamente.
Unha vez feita a inscrición e o pagamento, é importante que nos enviedes o PDF coas QRs dos dorsais ao mail da ANPA. Con ese documento poderemos recoller os dorsais por vós e entregárllelos aos nenos/as a través das súas mochilas.
Cómo temos que ir disfrazados??
Pois seguiremos a temática do PDI de este ano que e "Mosteiron Travel: Viaxando polo mundo".
Cómo facemos a inscrición??
A continuación, detallamos os pasos do proceso:
https://www.enkiproyecto.com/inscripcion/gl
1º No despregable de equipos, selecciona correctamente "ANPA Ceip MOSTEIRÓN". Esta é a única forma de garantir que quedas inscrito/a no equipo do cole e que participaremos na saída conxunta.
2º Engadir participantes. Aquí podes inscribir a todos os membros da familia que vaian participar. Lembra marcar aos/as peques na opción de menores de 10 anos, para que se aplique a tarifa correspondente.
3º Completar os datos persoais, aceptar as condicións e formalizar o pagamento con tarxeta.
Unha vez rematada a inscrición:
Verás unha pantalla de confirmación.
No teu correo recibirás o xustificante e un PDF cos QRs de todos os dorsais.
Como fago para recoller o dorsal??
Podes recollelo ti seguindo a instrucciòns de recollida facilitadas pola organizacion da ENKI ou,
⚠️ Se queres que recollamos os dorsais por ti e che cheguen a través do teu fillo/a, é IMPRESCINDIBLE que nos envíes ese PDF cos QRs de todas as persoas inscritas o email da ANPA anpamosteiron.sada@gmail.com.
Grazas pola vosa colaboración e ánimo para gozar da carreira ENKI!
*En colaboracion co Concello de Sada
Comunicado ANPA
Sada, 11/08/2025
Queridas familias,
Informámosvos que xa estamos oficialmente constituídos como ANPA e que collemos o relevo para continuar co traballo en beneficio do alumnado.
Debido a este proceso, todas as xestións relacionadas cos cobros das cotas anuais e outros trámites sufriron un atraso.
Lamentamos as molestias que isto puidera causar.
En poucos días procederemos a realizar os cargos correspondentes ás cotas anuais. De todos modos, xa podedes inscribirvos nas actividades extraescolares se así o desexades.
Para calquera dúbida ou consulta, podedes contactar connosco a través do noso correo electrónico.
Moitas grazas pola vosa comprensión e apoio.
📢 Información importante sobre os novos horarios de saída do colexio
Sada, 01/07/2025
Dende o ANPA queremos informarvos de que, tras o comunicado emitido polo centro en ABALAR, adiántanse os horarios de saída dos autobuses escolares.
👉 Sabemos que este cambio pode afectar á conciliación familiar, por iso estamos a traballar para adaptar a oferta de actividades extraescolares e poder facilitar a organización das familias.
🕒 Importante:
Recordade que, como ata agora, todo o alumnado permanecerá custodiado ata as 15:20 h polas monitoras de comedor.
Se al familias necesitan cubrir mas horario para a recollida dos alumnos/as sempre poden inscribirse na ampla oferta que temos de actividades extraescolares, podedes encontrar toda a información de interese aquí.
Dende o ANPA seguiremos colaborando co centro e coas familias para que este cambio teña o menor impacto posible.
Grazas pola vosa comprensión e apoio.
Para calquera consulta non dudes en poñerte en contacto con nos aquí.