Xa vos podedes anotar nos Faladoiros de Psicoloxía !!!!
Dende o ANPA CEIP Mosteirón, organizamos e xestionamos diversas actividades extraescolares para complementar a formación do alumnado e facilitar a conciliación familiar.
Actividades desenvolvidas DENTRO do Centro Escolar :
ALTAS dende o 1 de Agosto do 2025 ata o 30 de Agosto do 2025 !!!!
A alta realizarase mediante o formulario publicado para tal fin (Incripción actividades dentro do centro) a partir do 1 Agosto 2025 ata o 30 de Agosto do 2025.
Algunhas actividades darán comenzo en Setembro e outras en Outubro. (Na información de cada actividade indícase a data de comenzo).
Durante o mes de Setembro, ofreceremos un servicio especial de LUDOTECA, co obxetivo de axudar as familias na conciliación durante ese mes no que algunas extraescolares ainda non arrancaron.(Consultar a sección LUDOTECA para máis información).
A maioría das actividades teñen un máximo de alumnos, asi os grupos iranse enchendo por riguroso orde de inscrición.
Se quedan ocos valeiros nalguna das actividades, abrirase un prazo extraordinario a partires do 2 de Setembro 2025.
🛑 Finalización das actividades DENTRO do Centro Escolar
As actividades poderán rematar por dous motivos:
Por non acadarse o número mínimo de alumnos requirido po lo proveedor da actividade.
En condicions normais, as actividades rematarán a semana do último día lectivo do curso correspondente.
💰 Pagos e xestión das actividades DENTRO do Centro Escolar
Os pagos das actividades desenvolvidas dentro do Centro Escolar realizarase por adiantado (entre o 1 e o 5 de cada mes), será a propia ANPA ou o provedor do servizo quen faga o cargo na conta facilitada no formulario de alta na ANPA según corresponda.
A xestión das inscricións (altas/baixas), a coordinación cos provedores e a supervisión xeral das actividades levarase a cabo a través do ANPA.
O ANPA será responsable de tramitar as altas e baixas das actividades, así como de facer seguimento dos pagos.
🚨 Importante:
Non se poderá asistir a actividades extraescolares sen ser socio/a do ANPA.
Non se poderá asistir a ningunha actividade extraescolar se non se abonou previamente.
Ter pagos pendentes ou devolver un recibo implica a imposibilidade de inscribirse en novas actividades ata que a situación estea regularizada.
A devolución dun recibo supondrá un custo de 3euros a maiores para solventar os gastos producidos, este cargo sumarase o importe do recibo devolto e cargarase na conta facilitada.
⚠️ Lembramos que a participación nas actividades extraescolares implica o respecto polas normas de convivencia e o comportamento adecuado durante o seu desenvolvemento. No caso de que un/unha alumno/a teña unha conduta inadecuada de maneira reiterada, podería quedar excluído/a da actividade, previo aviso á familia.
❌ Baixas nas actividades DENTRO do Centro Escolar
Non asistir á actividade non implica a baixa automática. Deberá darse de baixa avisando a ANPA.
Para darse de baixa é obrigatorio comunicalo por correo electrónico premendo na seguinte ligazón: BAIXA EXTRAESCOLAR
As baixas deben comunicarse antes do día 20 do mes anterior a causar baixa. Por exemplo, se non se desexa continuar a partir de marzo, a baixa debe solicitarse antes do 20 de febreiro.
🔔 Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo nas actividades DENTRO do Centro Escolar
Dende o ANPA e os provedores das actividades extraescolares, apostamos por unha participación inclusiva e respectuosa coas características de cada neno e nena.
Se estades valorando inscribir á vosa crianza con necesidades especiais nalgunha das actividades, escríbenos. Xuntas (a familia, o proveedor da actividades, a ANPA e o equipo directivo do centro) valoraremos a súa incorporación para garantir o seu benestar e a boa adaptación ao grupo.
💚 O noso obxectivo é crear espazos seguros, accesibles e enriquecedores para todo o alumnado.
Actividades desenvolvidas FORA do Centro Escolar :
A inscrición nas actividades desenvolvidas FORA do Centro Escolar levarase a cabo poñendose en contacto co proveedor da actividades correspondente (podeo consultar na sección Actividades Fora do Centro).
🛑 Finalización das actividades FORA do Centro Escolar
A finalización nas actividades desenvolvidas FORA do Centro Escolar estará marcada po lo proveedor da actividade.
💰 Pagos e xestión das actividades FORA do Centro Escolar
A xestión das inscricións, os pagos, as baixas ou modificacións das actividades desenvolvidas FORA do Centro Escolar levarase a cabo a través do proveedor da actividade (podeo consultar na sección Actividades Fora do Centro).
🚨 Importante das actividades FORA do Centro Escolar
Non se poderá ter beneficios e descontos en actividades fora do centro sen ser socio/a do ANPA.
📬 Para calquera consulta, podedes escribirnos premendo aqui.
¡Grazas por colaborar coa boa organización das actividades e o benestar das nosas fillas e fillos!