Xa vos podedes anotar nos Faladoiros de Psicoloxía !!!!
Sada, 25/08/2025
👕✨ Rebaixas en uniformes do ANPA CEIP Mosteirón
Informámosvos de que imos poñer en marcha unhas rebaixas especiais nos uniformes que nos quedan en stock co obxectivo de dar saída ao material restante.
É unha oportunidade única para facervos coas prendas que faltan a un prezo moi reducido. Non deixedes pasar esta ocasión, xa que a promoción estará dispoñible ata fin de existencias.
📍 Podedes facer a reserva a través da ANPA mandandonos un email.
** Recordamos que para mercar os uniformes e preciso ser socio do ANPA no curso 25/26.
Animádevos, que voan! 🚀
Sada, 29/07/2025
🧺 Información sobre os pedidos de uniformes
Neste momento non están dispoñibles os pedidos de uniformes. Estamos a realizar as xestións necesarias co provedor para poder ofrecer novamente este servizo ás familias, pero aínda non é posible facer novos encargos.
Con todo, dispoñemos dun pequeno stock de uniformes que foi quedando doutros anos. Se estás interesado/a nalgún talle dispoñible, podes poñerte en contacto co ANPA a través deste ligazon na opcion UNIFORMES, indicando o nome do titor/a e a talla desexada.
Grazas pola vosa comprensión!