21 CONGRESO INTERNACIONAL GALICIA/NORTE DE PORTUGAL DE FORMACIÓN PARA O TRABALLO

Sede

CENTRO ABANCA OBRA SOCIAL

Praza de Cervantes, s/n. 15782 Santiago de Compostela (A Coruña)

Telf.: 981 188 108 web: www.abanca.com

Edificio de finais do século XIX ligado á historia financeira de Galicia, foi construído en 1887 e rehabilitado polo arquitecto de Compostela José Luis Pereiro. Trátase dun edificio emblemático con 20 metros de fachada que preside a praza de Cervantes no casco histórico de Santiago, próximo ás prazas da Quintana, Obradoiro e catedral. Foi sede da Banca Hijos de Olimpio Pérez, Banco Gallego e Caixanova. As súas instalacións que «alcanzan os 5.000 metros cadrados, caracterízanse, no seu interior, pola funcionalidade e a presenza de espazos diáfanos, e no seu exterior, pola conservación e o respecto da fachada, coas súas balconadas de ferro, gárgolas de pedra e persianas venecianas, icona da arquitectura civil da época» (El Correo Gallego, 04.02.2010)