21 CONGRESO INTERNACIONAL GALICIA/NORTE DE PORTUGAL DE FORMACIÓN PARA O TRABALLO

Obxectivos

  1. Inducir interrogantes arredor da realidade da empregabilidade das persoas de máis idade nos contextos da formación, da orientación e do emprego, nunha perspectiva de anticipación ao impacto da prolongación da vida activa

2. Identificar novas problemáticas na formación, na orientación e na inserción laboral das persoas de máis idade

3. Analizar as perspectivas e desafíos derivados das necesidades de formación, orientación e emprego das persoas maiores nos tránsitos entre empregos, entre o emprego e o desemprego, entre a formación e o emprego

4. Poñer en valor o potencial da formación profesional ao longo da vida, para lograr unha maior empregabilidade laboral e unha mellor inclusión social das persoas de máis idade

5. Coñecer as boas prácticas desenvolvidas no mantemento e inclusión das persoas maiores no mercado de traballo

6. Debater sobre as posibilidades e oportunidades de innovar na formación e na orientación das persoas adultas maiores para loitar contra as brechas emerxentes das lóxicas formativas e produtivas actuais

7. Anticipar os efectos do edadismo na formación, na orientación e no emprego

8. Poñer de relevo novas brechas emerxentes nas sociedades líquidas arredor do envellecemento produtivo