21 CONGRESO INTERNACIONAL GALICIA/NORTE DE PORTUGAL DE FORMACIÓN PARA O TRABALLO

Participación virtual

Na modalidade de Participación Virtual no Congreso todas as comunicacións aceptadas presentaranse, dende a plataforma Moodle do Congreso, en espazos organizados por liñas temáticas.

A presentación das comunicacións baixo esta modalidade consistirá en:

  1. A realización dun vídeo de presentación da comunicación
  2. Dar resposta en Moodle ás preguntas e comentarios que se reciban sobre a comunicación

Requisitos para la realización de los vídeos:

  • O vídeo terá unha duración aproximada de entre 3 e 5 minutos. Non se aceptarán vídeos que non se adecúen a esta duración
  • Deberá ser narrado mediante locución de audio por algún dos autores
  • Poderá integrar diapositivas de apoio ao relato verbal da comunicación
  • O autor/es deberá subilo a un portal streaming (Youtube, Viemo ou Daylimotion) a elección del autor con acceso aberto

Requisitos de entrega del vídeo de presentación:

  • Para efectuar la entrega o autor deberá ter completado a súa inscripción ao Congreso
  • Entre o 1 e o 2 de setembro o autor subirá ao espazo Moodle do Congreso a URL do vídeo aloxado nun portal streaming
  • O acceso a Moodle realizarase mediante usuario e contraseña que se comunicará dende a organización do Congreso unha vez se teña completado a inscrición

Requisitos durante a presentación na plataforma Moodle:

  • Entre o 19 e 21 de setembro o autor ou autores da comunicación deberán dar resposta a todas as preguntas ou comentarios que reciban relacionadas coa súa comunicación / presentación (vídeo).
                  • ENLACE PARA ACCEDER A LA PLATAFORMA MOODLE

Requisitos para os participantes a Distancia que non presentan comunicación

  • A certificación de asistencia ao Congreso require, para todos aqueles participantes realizar un mínimo de 3 intervencións na plataforma Moodle.
  • Considérase unha intervención válida a expresión de reflexións, preguntas e/ou comentarios a unha das comunicacións presentadas a través da plataforma.
  • As intervencións poden realizarse nunha ou varias comunicacións presentadas.