21 CONGRESO INTERNACIONAL GALICIA/NORTE DE PORTUGAL DE FORMACIÓN PARA O TRABALLO

Recoñecementos

ACTIVIDADE DE FORMACIÓN DO PROFESORADO DE GALICIA acollida ao artigo 33 da Orde do 14 de maio de 2013 pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, certificación e rexistro das actividades de formación permanente do profesorado en Galicia (DOG de 22 de maio de 2013), que di textualmente:

Artigo 33. Actividades de formación organizadas por universidades

1. Poderán recoñecerse os certificados e diplomas expedidos polas universidades. Debe figurar neles a sinatura do seu reitor ou do seu vicerreitor competente, como garantía da súa aprobación en Xunta de Goberno.

Documentación necesaria: fotocopia compulsada do certificado expedido pola universidade e programa da actividade.

O certificado emitido polo Congreso e asinado polo Vicerreitor de Estudantes e Internacionalización da Universidade de Santiago de Compostela, só será proporcionado ás persoas asistentes que —reunindo os requisitos— o soliciten previamente na ficha de inscrición, e xustifiquen a asistencia a todas as actividades lectivas do congreso ante a Secretaria do mesmo por medio de sinatura.