21 CONGRESO INTERNACIONAL GALICIA/NORTE DE PORTUGAL DE FORMACIÓN PARA O TRABALLO

Contribucións

Os/as participantes no Congreso poderán presentar contribucións relacionadas con teorías, experiencias prácticas ou resultados de investigacións na modalidade PRESENCIAL e/ou A DISTANCIA, en calquera dos ámbitos temáticos do congreso, nunha ou nas tres modalidades seguintes:

1. COMUNICACIÓN PRESENCIAL (VER NORMAS ESPECÍFICAS E PLANTILLA)

2. COMUNICACIÓN A DISTANCIA (VER NORMAS ESPECÍFICAS E PLANTILLA)

3. CARTEL (VER NORMAS ESPECÍFICAS E PLANTILLA)

Poderán presentarse con autoría individual ou grupal (máximo de catro autores/as). Cada autor/a poderá aparecer nun máximo de 3 contribucións (comunicacións/carteis) e obrigatoriamente terá que se matricular no congreso.

Na redacción das propostas seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 6ª ed. Washington: APA, 2011-, que se poden consultar no enlace: http://www.apastyle.org. Unha guía resumida en castelán pódese atopar na seguinte dirección:

https://www.ubu.es/sites/default/files/portal_page/files/guia_estilo_apa.pdf

Prazos

₋ Proposta (resumo 200 palabras máximo): ata o 20 de xuño de 2019 AMPLIADO ATA 14 DE XULLO_ PLANTILLA

₋ Aceptación polo Comité Científico: ata o 20 de xullo de 2019

₋ Texto completo (12 páxinas máximo): ata o 2 de setembro de 2019_PLANTILLA

Os resumos e texto completo enviaranse ao correo: congreso.21ft@usc.es