Yogote no Deporte
Xestos internacionais nas actividades deportivas:
Propóñense tres niveis de actividade, e para cada unha un determinado repertorio (ampliable) de xestos específicos.
Nivel 1 (básico, de traballo nas aulas): Unha actividade podería ser que os alumnos presentasen un xogo (tradicional, cooperativo, inventado, iso depende) ao resto do mundo usando algúns xestos na explicación. Tal vez un repertorio básico de 30 xestos podería funcionar neste nível.
O resultado podería ser unha web semellante á dos poemas, mais con xogos e deportes.
Nivel 2 (medio, de actividade deportiva): Proposta para o uso de determinados xestos nas actividades deportivas, tanto de nenos como de adultos. Aquí habería que identificar situacións nas que o uso destes xestos fose de utilidade ou polo menos que non fose superfluo. Pensamos que un exemplo pode ser o xesto de "Tempo", que é bastante universal no mundo do deporte e, ainda que non é de Yogote, podería ser incorporado xunto con outros (ben, mal, falta, espera, ti, eu, nós, árbitro, público, gañar, perder, pelota, pau, pasar, etc)
A idea sería que os alumnos fosen usando estes xestos ao facer os xogos e como parte da actividade, e que isto os capacitase para participar nunha competición (ou cooperación, depende) con nenos doutros países (en lugar de "Poemas do Mundo", sería "Xogos do Mundo"). Ao mesmo tempo, poderíase facer unha proposta de incorporar estes xestos nos deportes de adultos nos que hai participantes de moitos países (Fútbol, Olimpiadas) como xeito de facilitar as interaccións,
Nivel 3. Continuando co anterior, e no caso de despertar ese interese nos organizadores deses eventos, poderíase propór a grabación dun video por parte dun futbolista coñecido (ou varios) no cal fixese uns poucos xestos (5 ou 6, tal vez) relacionados con lances do xogo (Gol, Falta, Grazas, Victoria, Equipo, e se cadra algún mais). Ese video podería formar parte das promocións que fagan, e o máximo sería se algunha vez, durante o xogo real, ese xogador ou outros fixesen algún deses xestos e os captase a cámara. O interese xerado derivaríase hacia o video promocional e dalí ás actividades que estamos a facer nas escolas.
A idea de colocar os xestos Yogote no mundo do deporte precisaría facer unha proposta de interese. Para non esquecer que sempre estamos nun entorno educativo, tentaríamos chegar aos cinco ámbitos da Educación Física:
Xogos,
Expresión corporal,
Deporte,
Actividades na Natureza,
Ximnasia e ritmo.
Case todas as actividades escolares encaixarían (mellor ou pior) dentro deses ámbitos.