Carta Europea das Linguas Minorizadas
Artigo 7. Obxectivos e principios
e) o desenvolvemento de relacións entre os grupos que empreguen unha lingua rexional ou minoritaria e outros grupos do mesmo Estado que utilicen linguas diferentes;
3. As partes comprométense a fomentar, por medio de medidas apropiadas, a comprensión mutua entre todos os grupos lingüísticos do país, actuando concretamente de maneira que o respecto, a comprensión e a tolerancia cara ás linguas rexionais ou minoritarias figuren entre os obxectivos da educación e da formación impartida no país, e estimulando os medios de comunicación social a perseguir o mesmo obxectivo.
Sería posible fomentar o coñecemento dunha selección de xestos internacionais entre as persoas falantes das línguas minorizadas para facilitar eses contactos, relacións e coñecemento mutuo contemplados na Carta.
Sería unha alternativa eficaz (como demostra a experiencia do Mercado Global) e barata (estamos preparando a moi baixo custo unhas leccións para o coñecemento mutuo entre alumnos falantes de galego e de gaélico, e ainda que esta língua non estea contemplada na Carta, pode servir de exemplo para calquera outra) á implementación de servizos de traducción (persoais ou informáticos) cuxo elevado custo tal vez sexa unha das excusas dos Estados para non levar a cabo os mencionados puntos da Carta.
Artigo 12. Actividades e servizos culturais
a) fomentar a expresión e as iniciativas propias das linguas rexionais ou minoritarias, e a favorecer os diferentes medios de acceso ás obras producidas nesas linguas;
b) favorecer os diferentes medios de acceso noutras linguas ás obras producidas nas linguas rexionais ou minoritarias
3. As partes comprométense, na súa política cultural no estranxeiro, a dar un lugar apropiado ás linguas rexionais ou minoritarias e á cultura que elas expresen.
É posible para calquera língua sen excepción posicionar os seus produtos culturais nun ámbito internacional co acompañamento de xestos internacionais.
Neste caso, a alternativa sería a do subtitulado, que non é tan custoso como a tradución (ainda que si que o é se temos que subtitular en moitas línguas), mais desvía a atención da audiencia da expresión na língua minorizada, mentes que os xestos acompáñana dun xeito moi natural.
A experiencia dos Poemas do Mundo é unha mostra ilustrativa do anterior. Neste caso foi poesía, mais nada impediría contemplar calquera outro tipo de manifestación cultural.