Xornada presentación equipos 2014/2015

Fecha de publicación: Oct 07, 2014 7:57:9 AM

O sábado día 4 de outubro tivemos no pavillón do Colexio Quiroga Palacios a presentación dos equipos para a tempada 2014/2015.

A xornada saíu todo dentro do programado,  a primeira hora estiveron os benxamíns e alevíns facendo un pequeno adestramento, acabando sobre as once da maña con un partido entre eles.

 

As once e cuarto fixemos unha foto de club con case todos os membros, pasando logo a darlles un aperitivo cedida por gadis.

En categoría Infantil fixemos un partido contra o Balonmán Culleredo con equipos mixtos, fixeron os dous equipos un moi bo partido.

Acabamos a xornada cun partido entre o Ribadosar e o Xallas en categoría xuvenil, bo partido en xeral.

Dende o Ribadosar vamos a sacar equipo Benxamin, Alevín, Infantil e Xuvenil. Os xogadores cadetes incorporámolos o equipo xuvenil.

Agradecemento a:

Gadis, Espina y Delfin, Federacion Galega de Balonmán, Balonmán Culleredo, Balonmán Xallas, socios, familias dos xogadores, directivos do club, e en definitiva a todos os que aportaron un graíño de area para que estes proxectos poidan ser posibles.

ArribaRibadosar!!!!!! 

Preme aquí para ver as fotos da xornada