Ezequiel Álvarez Castro, Presidente do Club Balonmán Ribadosar desde xuño de 2025.
O CB Ribadosar é o resultado dun esforzo colectivo de persoas interesadas en promocionar o balonmán na infancia e a adolescencia. Así, traballa con nenos e nenas de entre 6 e 18 anos para educar deportistas nos valores que o propio balonmán transmite. Ao mesmo tempo que procuramos desenvolver todo o potencial deportivo dos rapaces e rapazas, tratamos de que adquiran a cultura do esforzo, compromiso, compañeirismo, superación e respeito polas persoas.
O Ribadosar é un espazo seguro para o desenvolvemento dos nenos e nenas, polo que traballamos co convencemento de que un clube de balonmán é necesario en Santiago de Compostela.
O Ribadosar é un espazo dinámico, un proxecto en continua construción, un percurso que recorre as nosas vidas deixando unha serie de experiencias de enriquecemento persoal, non só deportivo. Este será o camiño e a base para construír as equipas da categoría senior.
O Ribadosar é unha comunidade construída por persoas en torno a un deporte e uns deportistas. Agradecemos a vosa participación e invitámosvos a contribuír para ela.
Ezequiel Álvarez Castro.
Presidente
O Club Balonmán Ribadosar naceu no ano 2012 para poder acoller e canalizar o interese polo balonmán dun grupo de nenos de Santiago de Compostela que gostaban deste deporte naquela altura.
A iniciativa partiu de Gregorio Vendrell e do apoio dun conxunto de pais e nais que se organizaron e constituíron o Club Balonmán Ribadosar como unha asociación sen ánimo de lucro. Nese momento inicial, a directiva estaba formada por Gregorio Vendrell (presidente); Aurelio F. Barreiro (secretario); María Rodríguez (tesoureira), José Ricardo Vázquez, Enrique Anchustegui, Celestino Fernández e Jesús Fernández (vogais).
A actividade regular comeza na temporada 2012-2013 con dúas escolas de balonmán, unha no Colexio López Ferreiro e outra no Colexio Quiroga Palacios. Nese ano o Ribadosar puxo em competición unha equipa benxamín, dúas alevíns e unha infantil.
No ano 2014 a presidencia pasou a mans de José Ricardo Vázquez, quen formou unha directiva nova contando con Fernando Suárez Posse (secretario); Lorenzo Redondo Collazo (tesoureiro); Jesús Fernández Sulleiro, Stefano Ninni, Jean Christophe Pierre e Juan Manuel Coira López (vogais). Cando en finais de xuño de 2023 Ricardo Vázquez deixou a presidencia, a directiva estaba composta por Marta Solla Villaverde (secretaria); Santiago Suárez Gómez (tesoureiro); Juan Manuel Coira López, Javier Rodríguez Carballo, Francisco González Yáñez e Francisco Javier González García (vogais).
Na temporada 2022-2023 o Ribadosar competiu con equipas nas categorías benxamín e alevín mixta; Infantil, cadetes e xuvenil masculina. Esas mesmas categorías mantivéronse en competición na temporada 2023-2024, xa cunha directiva conformada por Roberto Samartim (Presidente), Patricia Rodríguez Botana (Vicepresidenta), Marta Solla Villaverde (Secretaria); Santiago Suárez Gómez (Tesoureiro), José Manuel Brea Floriani e Ezequiel Álvarez Castro (na coordenación deportiva) e Maria Balboa Castelo e Félix Díaz López (na área de comunicación). Na temporada 2024-2025 o BM Ribadosar puxo en competición sete equipas: benxamín e alevín mixta; Infantil masculina e feminina; cadetes masculina, xuvenil masculina e senior masculina. Nesta temporada tamén atendeu a sección de balonmán das escolas deportivas municipais de Oroso, a Estrada e Negreira.
En 20 de xuño de 2025 a asemblea do CB Ribadosar escolleu nova equipa directiva, presidida por Ezequiel Álvarez Castro.
Ezequiel Álvarez Castro (León, 1974)
Profesor da Universidade de Santiago de Compostela
presidencia@ribadosar.onmicrosoft.com
Paula Villar Casas (A Coruña, 1975)
Dona de casa
vicepresidencia@ribadosar.onmicrosoft.com
Santiago Suárez Gómez ( Foz, 1973)
Empregado de banca
tesouraria@ribadosar.onmicrosoft.com
Marta Solla Villaverde (Barro, 1975)
Xestora na Universidade de Santiago de Compostela
secretaria@ribadosar.onmicrosoft.com
José Manuel Brea Floriani (Pontevedra, 1975)
Profesor da Universidade de Santiago de Compostela
María Balboa Castelo (Santiago de Compostela, 1980)
Empreendedora do sector turístico
comunicacion@ribadosar.onmicrosoft.com
Hipólito Gómez Couso (Brión, 1977)
Profesor da Universidade de Santiago de Compostela
vogal1@ribadosar.onmicrosoft.com
María Botana Rocamonde (Santiago de Compostela, 1976)
Asesora na Confederación de Empresarios da Coruña
vogal2@ribadosar.onmicrosoft.com
Manuel Xesús Romero Banzas (Santa Comba, 1968)
Técnico Superior de Prevención de Riscos Laborais
vogal3@ribadosar.onmicrosoft.com
Rodrigo Gómez Ruiz (Mieres, Asturies, 1976)
Consultor Estratéxico no Sector Sanitario
Eva Pintor Sánchez (A Coruña, 1981)
Profesora de Secundaria FP de Hostelaría e Turismo
Obdulia García Nimo (Negreira, 1974)
Profesora no IES Manuel García Barros da Estrada