Apoia o Balonmán en Compostela

 

O Club Balonmán Ribadosar é unha asociación deportiva sen ánimo de lucro que basea o seu funcionamento no traballo voluntario das persoas que o integran. Todos os ingresos do clube están destinados a sufragar os gastos proprios da actividade deportiva, fundamentalmente a compra de material, as necesidades da competición (fichas, seguros, arbitraxes, viaxes, ...) e os salarios de adestradores e adestradoras, a quen debemos en boa medida o éxito tanto das escolas de balonmán como das nosas equipas federadas. 


Estas actividades son financiadas fundamentalmente mediante as achegas económicas das famílias das crianzas, dos propios deportistas (no caso de equipas sénior) e coas cotas das persoas asociadas. O orzamento anual necesario é complementado con algunha subvención de entidades públicas (Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e Concello de Santiago de Compostela) e coas achegas xenerosas e desinteresadas de persoas colaboradoras e entidades patrocinadoras. 


Asocíate ao Ribadosar

Queremos incorporar á nosa masa social un mínimo de 40 persoas novas cada ano durante os próximos 3 anos. Para sustentarmos a práctica do balonmán en Santiago de Compostela necesitamos do teu apoio continuado. Por apenas 20€ ao ano podes facelo realidade. Asocíate ao Club Balonmán Ribadosar, preenche o formulario e despois realiza o pagamento mediante un ingreso na conta do clube.

IBAN: ES04 0182 6104 1902 0151 6545

Podes facer o ingreso mediante:

1. Transferencia bancaria (física ou electrónica) desde a túa entidade.

2. Ingreso en efectivo nun caixeiro BBVA.

É moi importante indicares no conceito: Nome , Apelidos e DNI da persoa asociada*

*Datos obrigatorios.

Despois envia o xustificante do ingreso (fotografado ou escaneado) para: tesouraria@ribadosar.onmicrosoft.com

As persoas asociadas ao Ribadosar poderán viaxar aos partidos de maneira gratuita (até completar aforo do autobús) e desfrutan tamén de descontos  exclusivos nas compras realizadas ou nos servizos contratados nas entidades patrocinadoras do noso clube. 

Colabora co Ribadosar

Se gostas do deporte en xeral e do balonmán en particular, se queres facer parte dun proxecto colaborativo que ten como obxectivo consolidar en Compostela unha oferta formativa integral desde os 6 anos até a idade adulta, se sabes que o deporte de equipa contribúe para o ben-estar e a felicidade tanto de quen o practica como de quen o desfruta, se así for, podes apoiar o Ribadosar tamén como colaborador/a, porque a túa colaboración fai toda a diferenza. 


Colabora co Club Balonmán Ribadosar prenchendo este formulario e realizando o teu ingreso na conta do clube (IBAN: ES04 0182 6104 1902 0151 6545). Acreditaremos a túa colaboración através dun autocolante e daremos noticia dela entre a nosa masa social, nas redes sociais do clube (50€) ou faremos unha reportaxe no noso blogue, con redifusión tamén nas redes sociais do Ribadosar (100€). 

Patrocina o Ribadosar

Vincular a imaxe de marca da túa empresa ou o teu negocio ao Ribadosar identifícate publicamente con Santiago de Compostela (somos o único clube de balonmán da capital galega) e cos valores do deporte da base (comunidade, esforzo compartillado, vida saudábel, envolvemento coa formación en igualdade da infancia e a mocidade, ...). 

Comprometémonos a dar visibilidade ao teu nome e imaxe corporativa por varios medios e en diferentes suportes. Patrocina o Club Balonmán Ribadosar, envía unha mensaxe para o enderezo-e ribadosar@gmail.com co nome da tua empresa ou negocio, o correo-e, o nome e o número de teléfono da persoa con que queres que entremos en contacto. Fai parte da nosa comunidade. Constrúe a historia do deporte da comarca de Compostela. 


Comenta connosco outras posibilidades de apoiar o balonmán en Compostela. Deixa o teu número de teléfono no mail ribadosar@gmail.com e entraremos en contacto contigo.