Fecha de publicación: Nov 13, 2012 10:18:38 AM
Primeiro partido e primeira vitoria do equipo Infantil do Ribadosar por 23 a 12 fronte ao Pontedeume na 2ª Autonómica Galega.
Dende o asubío inicial o equipo local desenvolvíase con máis frescura no campo que os seus rivais. Aínda Que a diferenza no marcador, non era demasiado ampla, a seguridade de Andrea na portaría, unido ás brillantes accións ofensivas tanto de Marcos como de Quique, apoiadas polo pivote Rubén, non deixaban lugar á dúbida sobre quen se levaría a vitoria neste primeiro partido da tempada 2012/13.
Destacar o gran labor de Dani e Iago no centro da defensa, así como a valiosa achega dos debutantes xogadores alevins (Ricardo,Alex, Felipe e Xoaquín) que axudaron a conseguir esta importante vitoria.