Final de temporada frenético no Club Balonmán Ribadosar
Portas abertas entre 19 de maio e 28 de xuño, torneos en Compostela e Negreira 28 e 31 de maio, Final Four alevín 5 (Redondela, 31/05) e proceso asemblear para a renovación da presidencia e xunta directiva do CB Ribadosar (asembleas xerais, ordinaria e extraordinaria, 20/05)
OBXECTIVOS DAS ESCOLAS DE BALONMÁN RIBADOSAR
Fomentar a práctica deportiva en xeral e do balonmán en particular.
Promover a actividade física e deportiva.
Educar e formar crianzas e adolescentes saudábeis e respeitosas coas persoas e o ambiente.
Sensibilizar na importancia do traballo en equipa e do esforzo comunal.
Dinamizar a convivencia nas Terras de Compostela.
Adestramentos semanais.
Promoción do Balonmán nos centros de ensino.
Participación nas equipas do C.B. Ribadosar que compiten nos Campionatos organizados pola Federación Galega de Balonmán.
Participación en torneos organizados ou participados polo Ribadosar, tanto dentro como fóra de Santiago de Compostela.
Saídas para ver encontros de balonmán (Ligas Asobal, 1ª Estatal, ...)
Outras actividades culturais e deportivas vinculadas co balonmán realizadas ao longo do ano.