DA ILUSIÓN Á REALIDADE

Fecha de publicación: Oct 15, 2012 2:48:56 PM

Con ilusión afrontaba o noso equipo cadete o primeiro partido na casa contra o Acaluba de Lugo.

Comezou o partido con alternancia de boas accións por ambos equipos facendo presaxiar un partido igualado con opcións de victoria por parte do Ribadosar Abrigadoiro, pero os continuos erros na faceta ofensiva tanto en pases coma en lanzamentos foron provocando que os de Acaluba se distanciasen no marcador antes do descanso.

Seguindo coa falta de acerto ofensivo tras a volta dos vestiarios, fixo que os de Lugo ampliasen a súa vantaxe que non foi maior polo sacrificio de todo o noso equipo en defensa e as numerosas intervencións de Andrea na portería.

Destacar o acerto ofensivo nos primeiros minutos, do lateral Lorenzo así como a entrega durante os sesenta minutos de Quique, tanto defensivamente realizando unha defensa avanzada, como na velocidade que imprimía nos contrataques.

Aliñación: Andrea, Roberto, Antón, Xabi, Quique, Iago, Oscar, Lorenzo, Emilio e Danyer.