SOBROU O PRIMEIRO TEMPO PARA CONSEGUIR A PRIMEIRA VICTORIA

Fecha de publicación: Oct 23, 2012 1:20:42 PM

Pouco a pouco os nosos cadetes vanse achegando á primeira vitoria nesta categoría.

Comezou o partido de maneira igualada, pero as continuas perdidas de balón en ataque provocadas por lanzamentos errados ou pases mal seleccionados, unido á escasa intensidade defensiva, achanzaron o camiño ós de Carballal para cobrar diferenzas neste primeiro  período, chegando ó descanso con 18-11 no marcador.

O segundo tempo foi outra historia, baseándose nunha defensa moito máis activa e anticipativa e unha maior velocidade nas accións ofensivas, os nosos cadetes foron pouco a pouco remontando un partido que parecía imposible.  Andrea na portería vendía caro o gol, Adrián anticipábase en veloces contraataques, Lorenzo entraba con contundencia e Danyer daba mostras da potencia do seu lanzamento. Desta forma e grazas ó esforzo do resto de compañeiros, o Abrigadoiro Ribadosar  poñíase a tan só dous goles a falta de catro minutos para o final. Un par de inoportunos erros consecutivos en ataque, deron ó traste coas ilusións dos nosos xogadores que apesadumbrados, tivéronse que conformar cunha honrosa derrota en terras viguesas.