Competicion benxamín e alevín
Fecha de publicación: Oct 28, 2013 8:36:47 AM
O día 9 de novembro dará comezo a competición de benxamín e alevín.
Como xa sabedes este ano a Xunta de Galicia non subvenciona o transporte para estas categorías tendo que asumila os pais.
A competición vaise desenvolver ao igual que anos anteriores en modo de concentración os sábados pola mañá coa diferenza de que este ano será cada 15 días (xogariamos un sábado si e outro non)
As posibles sedes para as concentracións poden ser:
Santiago, Teo, Ames, Carballo, Santa Comba e Camariñas.
Cando dicimos posibles sedes é porque a día de hoxe, están aínda sen confirmar.
Calquera aclaración non dubidedes en poñervos en contacto connosco polos medios que xa coñecedes.
Cando teñamos os calendarios definitivos publicamolos na web.