CAMPUS DE TÉCNICACIÓN DE BALONMÁN JUAN DE DIOS ROMÁN 2016

Fecha de publicación: Apr 21, 2016 10:42:52 AM

Aínda estás a tempo de inscribirte na décima edición do Campus de Tecnificación de Balonmán Juan de Dios Román. A resposta do público está a ser excepcional a esta oferta deportiva para o verán e xa contamos cun importante número de inscritos, pero aínda quedan prazas baleiras. Así que podedes inscribirvos, antes do día 1 de xuño, a través da páxina web do campus (www.campusfgbalonman.com), onde ademais atoparedes toda a información sobre esta actividade que se celebrará entre os días 25 de xuño e 2 de xullo na comarca do Salnés.

A principal novidade deste ano é que o campus ofrece a posibilidade de asistir ao mesmo sen durmir alí, dirixido principalmente aos rapaces e rapazas da zona. Serán sete días de balonmán, diversión, convivencia e moitas experiencias para nenas e nenos nados entre os anos 1998 e 2004. Prazas limitadas!

Díptico

Web do campus e inscripción