Actualizaranse os horarios para os partidos todos os martes a partires das 18:00 horas no noso blog e nas distintas redes sociais. |
Vídeo de YouTube
Ven animar ao teu Equipo.
O venres día 19 de setembro comeza a actividade de Balonmán no Colexio Quiroga Palacios en horario de 16:00 a 18:00 horas.O Venres día 26 de setembro comeza a actividade de Balonman no Colexio López Ferreiro en horario de 16:30 a 18:00 horas.O mes de setembro vai a ser gratuito para todos aqueles nenos e nenas que queiran vir a probar.Animadevos!!! |
- O sábado pasado xogouse a fase final de alevín e benxamín en Pontedume. O equipo benxamín quedou 4º clasificado da Provincia da Coruña. De tres partidos que xogaron gañaron un, empataron e perderon outro. Moitas grazas as familias polo esforzo que fixeron. Parabens por ese resultado!!!!.
Pincha na foto para ver mais.
- Xornada amigable no Quiroga Palacios dos equipos Benxamín e Alevín o próximo sábado día 7 de xuño. Ver Horarios.
- Fase Final Provincial en Pontedeume sábado 31 de maio. Máis información
- O sábado 24 de maio o equipo de alevín 7 xoga polo terceiro e cuarto posto no pavillón Quiroga Palacios contra o Camariñas. Ver Horarios. Vinde todos animar!!!!!!
- Fin de semana con moito balonmán. O equipo infantil xoga o venres e o domingo no Quiroga Palacios, con esto acaba a competición oficial por esta tempada. Por outra banda están os alevíns (Ribadosar Omega) e os benxamíns que se xogan estar na fase final, pasan os 3 primeiros do noso grupo. Ver Horarios.
- Este sábado 3 e domingo 4 descansan todos os nosos equipos, feliz día da nai!!!.
- O sábado 26 de abril xogan os infantís en Pontedeume e os Alevíns as semifinais do campionato alevín 7 en Carballo. Imos animar!!!! Ver Horarios.
- Sábado 12 de abril partido do equipo cadete no quiroga palacios. Ver Horarios.
- Sábado 5 de abril o equipo benxamín viaxara a Carballo. No pavillón de Roxos imos ter unha maña chea de balonmán, con partidos oficiais e amigables. O domingo 6 o equipo infantil viaxara a Coruña. Ver Horarios.
- Este fin de semana 29 e 30 de marzo descansan todos os nosos equipos. A cargar as pilas.....!!
- Sábado 22 de marzo os equipos benxamín, alevíns e infantil viaxan a Camariñas. Domingo 23 Torneo amigable no Quiroga Palacios coa participación das categorías Benxamín e Infantil . Visítannos os equipos do CEIP San Fernando de Asturias e o BM Artabro, os cadetes este fin de semana non xogan. Ver Horarios.
- Sábado 15 de marzo os alevíns (Balonmán 7) viaxan A Coruña. Domingo 16 xogán no Quiroga os infantís, e os cadetes en Pontedeume. Os benxamíns descansan. Ver Horarios.
- Domingo 9 de marzo viaxan a Viveiro os equipos Cadete e Infantil. Ver Horarios.
- Horarios para o sábado 1 de marzo . Os cadetes e infantís non xogan ata o próximo fin de semana. Ver Horarios.
- Horarios para o sábado 22 e domingo 23 de febreiro. Ver Horarios.
- O próximo día 22 de febreiro dará comezo a Copa Delegación Infantil. Novo calendario
- Horarios para o sábado 15 de febreiro. O equipo benxamín e alevín viaxa a Santa Comba o sábado pola mañá, os cadetes van pola tarde a Pontedeume, xogar o tempo que queda do partido suspendido polos problemas na pista, partindo dun resultado 9 - 10 a favor. Ver Horarios
- Horarios para o sábado 8 de xaneiro . Ver Horarios
- O sábado 1 de febreiro pola mañá, temos unha xornada de partidos nas categorías benxamín e alevín en Carballo. O equipo Ribadosar Omega descansa. Pola tarde os cadetes xogan contra o Carballal, e os infantís o último partido da 1ª fase contra o Narón. Vide animar o voso club. Ver Horarios
- O sábado 25 de xaneiro pola mañá, temos unha xornada de partidos amistosos no colexio Alca en Biduido, nas categorías benxamín e alevín. Os cadetes xogan en Pontedeume pola tarde e os infantís descansan. Ver Horarios
- Xa están publicados os horarios para o fin de Semana. Os benxamins e alevins viaxan a Camariñas, os infantiles A Coruña e os cadetes xogan na casa pola tarde. A disfrutar do balonmán. Ver Horarios
- Horarios fin de Semana. Xogamos, os infantiles o sábado día 11 de xaneiro no Quiroga, e os cadetes o domingo en Redondela. Ver Horarios
- Mañá Mércores día 8 de xaneiro volvemos a normalidade cos adestramentos.
- Horarios fin de Semana. Xogamos o sábado día 21 de decembro, os cadetes no quiroga e os infantiles en Santa Comba. Ver Horarios
- Xa esta publicado o calendario para o sábado 14 e domingo 15 de decembro. Recordade que este sábado tócanos a organización da competición Benxamín e Alevín, veñen equipos de Santa Comba, Carballo e Camariñas, animarvos a vir animar aos mais cativos e pasar todos xuntos unha xornada de minibalonmán. Os cadetes viaxan a Vigo, o domingo xogan os infantís no quiroga contra o Abegondo. Recordade que as 14:00 horas temos o Xantar de Nadal no Mesón Vega II en Roxos.
- O próximo fin de semana non temos competición en ningunha categoría.
Avance do fin de semana 14 e 15 de decembro.
O sábado día 14 de decembro xogan os equipos Benxamín e Aleví n no Quiroga Palacios.
Os Infantiles xogan na casa contra o Abegondo, e os Cadetes xogan contra o B. Lavadores en Vigo.
Os horarios en categoría Cadete e Infantil ainda están por determinar día e hora
Recordade apuntarvos para a comida do día 15, antes do día 9 de decembro.
- Xa estan publicados os horarios da fin de semana. O sábado faremos unha xornada en colaboración co Balonmán Alca Conxo nas súas instalacións das categorias benxamin e alevín. O domingo os infantís viaxarán a pontedeume e os cadetes reciben na casa o Novas. Ver Horarios
- Partidos fin de semana 23 e 24 de de novembro. O sábado día 23, o equipo benxamín desplazase a Santa Comba, o infantil a Narón. O domingo 24, o equipo cadete xoga no Quiroga contra o BM. pontedume. Ver Horarios
- Esta fin de semana (3/11/2013) aplazamos os partidos para outras xornadas, por motivo da ponte. Disfrutade da ponte.
- O sábado 26 de outubro os infantiles reciben pola mañá o B.M. Xallas, pola tarde os cadetes viaxan a Tui. Sorte a todos. Ver horarios.
- Este sábado comenza a liga dos infantiles no Quiroga Palacios, os cadetes tocalles viaxar a Vigo o domingo. Ver Horarios. Convocatoria infantís
- Partido dos nosos cadetes o sábado 5 de outubro no Quiroga Palacios. Ver Horarios
- Este domingo día 29 de setembro dá comezo a competición 2013/2014 para os equipos cadetes. Aos nosos maiores tócalles madrugar para xogar no Rosal fronte o Atl. Novas as 10:15. Ver Horarios
- O día 13 de setembro de 16:00 a 18:00 comeza a actividade de balonmán no Quiroga Palacios para nenas e nenos apartires de 7 anos ata 6º curso de educación primaria. Mais Información Aquí
- O día 4 de setembro de 18:30 a 20:00 comezan os adestramentos das categorias infantil e cadete do Quiroga Palacios.
- Esta pasada fin de semana celebramos o fin de tempada cunha churrascada. O bo tempo acompañounos e disfrutamos do día cunha morea de actividades para os pequenos. Xogamos ao tenis de mesa, ao balomán, ás agachadas, a intentar coller ras, e tamén houbo de quen se bañou. Pasámalo en grande!!!!.
Fotos da churrascada.
- Esta fin de semana días 25 e 26 de maio celébranse en Vigo as finais da Categoría Infantil masculino 2ª división galega. Moita sorte e a dalo todo. Por outra banda, o sábado pola tarde tamén xogan os cadetes no Quiroga o último partido da tempada. Horarios
- Este sábado 18 de maio, o Ribadosar Abrigadoiro xoga o penúltimo partido da temporada en Pontevedra fronte o BM Cisne. Horarios. ¡Cambio de Ultima Hora!
- O Ribadosar Abrigadoiro xoga este sábado 11 de maio as 12:00 no pavillón do Quiroga Palacios.
Ribadosar Abrigadoiro - Las Cinco Jotas Lavadores B
Ver Horarios
- O sábado día 27 de abril temos unha maña repleta de balonmán. No Pavillón de Roxos xogan os Cadetes e Infantiles. No pavillón do colexio Alca xogan os dous equipos Alevíns e os benxamíns. Animadevos a vir a ver os vosos equipos, falta pouco para o fin da tempada. Pincha aqui para ver os horarios
- O sábado día 20 de abril os equipos cadete, infantil e o alevín Ribadosar Delta descansan. O alevín Ribadosar Omega e o benxamín xogan en Carballo. O autobús sae do CEIP Quiroga Palacios as 9:15 horas. Os xogadores que vaian pola súa conta, teñen que estar 30 minutos antes da hora do partido. Ver Horarios.
- Xa temos publicados os horarios de este fin de semana. Os benxamíns e alevíns xogan o sábado no Santa Isabel, os cadetes e os infantiles xogan o domingo no Rosal e en Vigo respectivamente. Ver Horarios.
- Este sábado día 9 de marzo o equipo cadete comeza a competición da Copa Federación no Grove, enfróntanse o Rasoeiro. Por outra banda os infantiles disputan o ultimo partido contra o Narón no pavillón de Roxos, os benxamíns e alevíns xogan en Santa Isabel. Como podedes ver temos unha maña de sábado repleta de Balonmán en Santiago. Animadevos a vir a ver os partidos. Sorte a todos os nosos equipos.
Horarios fin de Semana
- Este sábado día 2 de marzo xogará en Santa Isabel o Ribadosar delta contra o Xallas na categoria alevín. O domingo xogará o noso equipo de cadetes en Cangas. Horarios
- Este sábado día 23 de febreiro temos unha mañá de balonmán en Santiago, cos mais pequenos temos partidos no pavillón de Santa Isabel dende as 10:00 ata as 12:30, por outro lado si queremos ver os cadetes e infantiles podémolo facer no pavillón de Pontepedriña. Animarvos a vir a animar os vosos equipos .
Horarios do fin de semana
- LOITO NO BALONMÁN GALEGO POLO PASAMENTO DO XOGADOR DO VIVEIRO ALEJANDRO LÓPEZ
- Xa están publicados os horarios para este fin de semana. Entra na sección Horarios de Partidos.
- O luns día 11 de febreiro non teremos adestramento, seguiremos o mercores día 13 de febreiro. Desexámosvos que pasedes un bo carnaval.
- O próximo sábado día 9 de febreiro descansan todos o nosos equipos salvo os cadetes, que xogan contra o Octavio "B" as 12:00 no pavillón o Frontón.
Saimos do Quiroga as 10:00 da maña.
- Este sábado día 2 de febreiro xogan en Carballo os equipos Benxamín e a Alevín, saieremos as 8:45 dende o Colexio Quiroga Palacios, estaremos de volta sobre as 14:20 horas. Por outro lado os Infantiles e Cadetes xogan o domingo día 3 as 11:00 e as 12:30 respectivamente no pavillón Quiroga Palacios. Horarios
- Programa para o sábado 26 e domingo 27 de xaneiro.
Cambio Pavillón nas categorias benxamín e alevín
O equipo cadete xoga en Vigo, os infantís Pontedeume, e os alevíns e benxamíns no pavillón do Colexio Alca en Ames .
Deixámosvos aquí a repartición horaria.
- O sábado día 19 temos partidos en Santa Isabel das categorías benxamín e alevín, en Roxos xoga o equipo cadete. Mais información.
- Hoxe día 7 de xaneiro as 18:15 comezan os adestramentos dos equipos Infantil e Cadete no Pavillón Quiroga Palacios.
- O sábado día 15 de decembro comezan as competicións das categorías, Benxamín e Alevín, horarios.
- Partido do equipo cadete este sábado día 1 as 17:00 horas no Pavillón Quiroga Palacios.
Ribadosar Abrigadoiro - Balonmán Cangas "B"