VISITA DO PINTOR ROQUE FANEGO

Noticia nos xornais

LA VOZ DE GALICIA

WEB DO PINTOR

Roque A. Barreiro Fanego naceu en Viveiro (Lugo).

CURRÍCULUM

Sinte inclinación polo debuxo e a pintura dende neno. Comeza a súa formación artística da man do imaxineiro e decorador compostelán José Otero Gorrita, no seu taller vivariense. Xa na súa madurez, perfecciona a súa técnica coa aprendizaxe que proporciona unha constante adicación práctica e de estudio.

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS

1980. Casino de Viveiro 1987. Centro Comercial "Cuatro Caminos", A Coruña 1988. Sala do Banco de Crédito e Inversións, Lugo 1994. Sala Palacio Municipal María Pita, A Coruña 1995. Sala Privada “Fontenova", Viveiro 1997. Taberna "Nordeste", San Cibrao (Lugo) 1998. Lar Galego de Avilés, Asturias 1998. Día de Galicia en Asturias, Oviedo 1999. Sala de Exposicións: Claustro de S. Francisco, Viveiro 2002. Ateneo Ferrolán, El Ferrol 2002. Casa Galicia, Madrid 2005. "O tempo detido". Claustro do Concello de Ortigueira.

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS

1972. Agrupación Cultural 'Sementeira", Viveiro 1976. II Expo de Pintura e Escultura "Cidade de Mondoñedo" 1976. Sala "Hotel Venecia", Viveiro 1978. Biblioteca Municipal, Viveiro 1979. Casino Cultural Recreativo, As Pontes 1983. V Concurso Expo de Arte "Cidade de Mondoñedo" 1986. Certame Pictórico Libre "Cidade de Viveiro" 1988. Estación Marítima, A Coruña 1995. Homenaxe a Maruja Mallo (Itinerante) 1996. Salón de Vrao, Viveiro 1997. "Aventados", San Cibrao (Lugo) 1997. Salón de Vrao, Viveiro 1998. "Aventados", San Cibrao (Lugo) 1999. "Aventados", San Cibrao (Lugo) 2000. "Aventados", San Cibrao (Lugo) 2003. "Arte axuda a Galicia. Marea Negra". (Itinerante por España) 2003. "Homenaxe ós voluntarios Marea Negra". San Cibrao (Lugo) 2003. Fundación Comarcal da Mariña. Viveiro (Lugo) 2005. C.I.T. San Cibrao (Lugo) 2005. "Aventados", San Cibrao (Lugo).

COLECCIÓNS PÚBLICAS E INSTITUCIÓNS

Concello de A Coruña, Casino de Viveiro, Club Social Banco Pastor, A Coruña, Banco de Crédito e Inversións, Lugo, Concello de Viveiro, Ateneo Ferrolán, Casa Galicia, Madrid.

EL PROGRESO

Unha xornada de traballo moi ben aproveitada por todo o alumnado de Primaria.

Pola biblioteca foron pasando todos os cursos para ver o todo o procedemento para pintar un cadro: elección da paisaxe, primeiros trazos con carboncillo, a cor "de arriba a baixo e de atrás cara adiante", ao finalizar o último turno o cadro estaba rematado.

Aprenderon, disfrutaron e levaron á práctica o aprendido realizando pequenos esbozos.

Nos seguintes vídeos podemos ver unha entrevista que lle fixeron os alumnos de 2º curso: Sara, Hugo e Lucas. E outro vídeo resumen das tres sesións do obradoiro de pintura con Roque Fanego.