Traballando a Monet na aula de inglés

Libro informativo con forma de conto. Unha nena relata unha viaxe a Paris, as súas rúas, museos e xardíns, coa presenza de Monet, pintor impresionista. A atenta mirada da nena e os comentarios do señor Bloom achegan a obra de Claude Monet ao lector.As abundantes ilustracións combinan os cadros de Monet con escenas recreadas en París. Ofrécese información sobre museos e monumentos desta cidade e datos históricos que se corresponden coa vida do pintor.