JOAQUÍN SOROLLA

Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil traballaron o Impresionismo informándose dos pintores da época e gustoulles moito Joaquín Sorolla, dentro da etapa do posimpresionismo.

A partir dese momento decidiron elaborar un mural co seu aotorretrato, un dos seus cadros máis famosos.

"O autorretrato" foi pintado en 1909, cos atributos do pintor: paleta, pinceis e lenzo.

Comentan os nenos e nenas de 6º Infantil:

O noso cadro pintámolo con témperas de cores e resultou moi difícil facelo, porque a barba, os ollos e os beizos son detalles moi complicados.

O outro cadro que representaron é un dos máis famosos deste autor, chámase: “Paseo a orillas del mar ou Paseo por la playa” e tamén foi pintado en 1909, aparecen representadas a súa muller Clotilde e a súa filla María, paseando pola praia de Valencia á tardiña.

Comentan os nenos e nenas de 6º Infantil:

Nós pintámolo con ceras e cada un tivo una interpretación moi persoal do cadro.

De fondo para as nosas obras pintamos una paleta xigante con témperas.