UNHA CLASE DE PINTURA MÁXICA

O venres, 24 de marzo tivemos unha clase de pintura moi especial. A mestra de pintura de actividades extraescolares, Oliva, prestouse xenerosamente a explicarnos algunhas cousas sobre as cores, mesturas, debuxar caras... Trouxo unha estupenda axudante, Paula, e entre as dúas encheron a sesión de maxia.

Fixeron maxia coas cores, para descubir as cores secundarias, contáronnos un conto moi fermoso e orixinal, no que poidemos participar coas variñas que nos tiñan preparadas e pintamos un montón, mesturando as cores como nos ensinaron.

Ao final tentamos facerlle unha pequena entrevista para saber máis cousas sobre ela e sobre pintura, claro.

Non nos cansamos de darlles as grazas as dúas polo seu tempo e sobre todo pola ilusión coa que prepararon e desenvolveron esta experiencia. Creo que a máis dun e dunha nos deron todavía máis ganas de seguir investigando e disfrutando coa pintura.