MURAL: "A NOITE ESTRELADA"

VÍDEO DA REALIZACIÓN DO MURAL

LIBRIÑO INFORMATIVO SOBRE VINCENT VAN GOGH

Os nenos e nenas da clase de 5º de infantil estamos traballando a obra dun recoñecido pintor do impresionimo, Van Gogh; por iso comezamos a falar na asamblea da súa vida, tamén dos seus cadros máis representativos entre os que se atopa este.

Acordamos entón facer un mural reproducindo esta obra con distintas texturas e materiais, para o que seguimos estes pasos:

- Elaboramos as casas do pobo con cartón e pintámolas con rotuladores de cores frías

- Pegamos papel pinocho de cor negro para representar o ciprés, démoslle unhas pinceladas de amarelo para axustarnos máis ao cadro

- Empregamos tamén as témperas para facer os distintos tipos de trazos que corresponden co fondo da composición

- Pedimos a colaboración dos nosos veciños de corredor, os nenos e nenas da clase de 4º de infantil, para que nos axudaran a cortar diferentes tipos de papeis (celofán, seda, pinocho, metalizado...) en diferentes tons de azul e a pegalos para deseñar o ceo

- Os nenos/as de 4º de infantil tamén pintaron os astros da nosa obra mesturando a témpera no propio papel tratando de imitar o estilo da obra

Non quixemos rematar o noso mural sen enmarcalo dunha forma axeitada, así que pintamos un gran marco de cartón mesturando as cores laranxa e marrón, para unha vez secas engadirlle trazos de ocre.

Engadimos tamén unha reprodución do cadro " Autorretrato" de Van Gogh, feita primero a lapis por Celia (con algo de axuda da profe) e pintada por todos nós. Empregamos, esta vez, a pintura ao óleo como técnica.