O IMPRESIONISMO

RECOMPILACIÓN DE INFORMACIÓN EN SYMBALOO

Vídeos, imaxes, definicións, características, pintores...

O impresionismo segue sendo hoxe en día o movemento artístico máis popular do mundo occidental e amplamente usado na actualidade. Supuxo un cambio radical na forma de entender a arte.

Orixinalmente a palabra impresionismo usouse nun sentido peyorativo: facía referencia a unha das primeiras exposicións nas que as obras se consideraron mal acabadas, simples bosquexos.

O movemento foi bautizado como impresionismo baseándose nun cadro de Claude Monet chamado "Impression, soleil levant" (Impresión, sol naciente) pintado en 1872.

Se queremos situalo historicamente, abarcou desde a primeira exposición impresionista (1874) ata a última (1886), pero en realidade remontouse desde o realismo ata o postimpresionismo. Pintar ao aire libre (en plein air) foi unha característica esencial do impresionismo. Os artistas saían dos seus estudos e pintaban no exterior directa e espontaneamente, de forma rápida, tentando capturar os efectos da luz no menor tempo posible. Outro dos factores mais importantes do impresionismo foi un uso diferente na utilización da cor, fronte ás técnicas dos pintores tradicionalistas. Ao non traballar nun estudo, entendíanse mellor os efectos cambiantes da luz e as cores na natureza. Utilizábanse paletas de cores reducidas para axilizar as mesturas e tentar captar con maior rapidez os efectos.

Descubriron que os obxectos son alterados segun a cor da contorna, da predominancia da luz. Utilizáronse cores e mesturas máis claras, luminosas e brillantes, algo que tamén foi propiciado polo desenvolvemento tecnolóxico das novas pinturas durante o século XIX cunha gama máis ampla de pigmentos e preparados ademais en tubos que se transportaban facilmente.