VÍDEO PARA VOZ NATURA

Todos os anos para conmemorar as Letras Galegas creamos unha canción en galego na que participa todo o alumnado do colexio. Este ano vai adicada ao Medioambiente con motivo da celebración dos 20 anos de Voz Natura.

A base do mesmo é unha canción que vai contando todo o que se fixo no noso colexio para mellorar o Medio Ambiente e as actividades nas que traballamos para educar ao noso alumnado.

Recompilamos fotos antigas para amosar como era o entorno ao rematar as obras do colexio no ano 1986 e fotos actuais. Tamén hai fotos do alumnado que foi pasando polo colexio e vídeos do alumnado actual: Infantil e Primaria.

  • A letra da canción foi escrita pola mestra Cristina Freán Lamela.

  • A música e a base instrumental creouna o exalumno Pedro Rodríguez Pérez.

  • A coreografía ensaiouna a mestra de Educación física, Eva Martínez.

  • E todo o alumnado aprendeu a canción na aula de Música coa mestra Marta Pérez.

O resultado é o seguinte vídeo: