21 DÍAS CO GALEGO

O noso centro participa na actividade LENDO A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Esta actividade está promovida polo IES da Pobra do Caramiñal para honrar a memoria da persoa que apadriñou os 21 días co Galego. E a mellor maneira de homenaxear un escritor é espallando a súa obra e así nace esta actividade.

MÁIS INFORMACIÓN AQUÍ

LIBROS QUE IMOS LER NO COLEXIO

ZERALDA E O DRAGÓN (Infantil)

Un dragón, unha princesa e un bruxo nunha aventura marabillosa Un libro sobre o terrible dragón Smaug, que ten aterrorizada a xente da comarca, pois ataca de cada pouco os seus habitantes e rouba canto haxa de valor. Zeralda, a princesa de Moebia, decide vingarse del. Mentres o monstro dorme, róuballe o tesouro que gardaba na súa cova. Daquela, o dragón, coa axuda do Bruxo Vello, convértese nun mozo garrido, o príncipe Xabrín, e consegue enganar a Zeralda cos seus encantos. Un conto que segue o modelo dos relatos clásicos marabillosos, tanto na temática como na estrutura e nas fórmulas narrativas, e no que destaca o rol protagonista concedido á princesa.

DESDE UNHA ESTRELA DISTANTE (2º curso) Daniela está pasando uns días na casa da súa avoa antes de mudarse coa súa familia a unha nova cidade. Unha tarde sobe ao faiado a explorar e alí leva o susto da súa vida. Ao abrir un baúl, aparécelle un rato decidido a falar con ela e que, en realidade, é un extraterrestre! Poderán chegar a entenderse dous seres tan diferentes?

DESDE UNHA ESTRELA DISTANTE

FANTASMAS NO CORREDOR (5º curso)

A familia de Mariña múdase a unha nova casa. Unha casa moi especial, pois axiña descobre que o corredor está cheo de fantasmas. Polo día non se ven, mais pola noite saen das paredes e andan de troula polo corredor. Só Mariña sabe que existen, pois ninguén máis da familia os ve. E a nena deberá atopar unha proba que permita desvelar a presenza dos fantasmas. Fantasmas no corredor de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Óscar Villán, fala do medo á escuridade, ese temor que todas as persoas experimentamos na infancia. O humor, capaz de disolver calquera medo, é o recurso empregado para narrar esta divertida historia.

FANTASMAS NO CORREDOR